martes, 10 de novembro de 2009
Eu ou nós?
A semana que vén reuniránse @s nov@s escritores/as galeg@s para falares da autorreferencialidade, de se se pode falar de xeración na poesía galega actual ou na narrativa, sobre as canles de publicación, os novos soportes e a autoedición... un luxo de encontro ó que non poderei asistir, pero dende aquí andarei á busca e captura da grabación do evento...
Pero a aelg -organizadora - xa se puxo mans á obra e nese intenso e interesante traballo de difusión que fai, pon ás novas tecnoloxías ó seu servizo para abrirnos o apetito... así, xa podemos ver na páxina do evento unha pequena exposición de cada participante sobre cal será a súa postura nestas cuestións.
Como non podía colgar todos os videos que hai, tiven que elexir... e o premio leváronno a escacharrante María Lado -por iso mesmo, xa veredes!- e Alberto Lema, pola súa lúcida visión sobre cómo o concepto de nazón está só aparentemente agochado nas nosas letras...
O resto de propostas podedes velas na paxiniña creada para o acontecemento!
IV Encontro de Nov@s Escritor@s
20 - 21 de novembro de 2009.
Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario