xoves, 20 de agosto de 2009
Un frasco de veleno
Mi cuerpo ha adelgazado
Desde el otoño
A causa de la langosta marina
Que aúlla bajo mi lecho
Al despuntar cada día
Mi ojo está cerrado
Desde el otoño
A causa de mi seno de madera de rosa
Que se endurece
Mi lecho es una cruz
Desde el otoño
A causa de tu cuerpo
Que ordena
Y se ríe
Mientras duermo
Ojalá lleguen las primeras lluvias
De Desgarraduras
Copio o poemiña do blog El batiscafo rojo
MANSOUR, Joyce, Gritos, Desgarraduras y Rapaces, Igitur, Barcelona, 2009
mércores, 19 de agosto de 2009
O tema é a sociedade
"Se me preguntas cómo vexo
direi roxo"
Foto: Natacha Merrit
Colaboración para o fanzine "La fanzine" (2009).
Texturas do fogar
Recoméndovos pasar pola paxiniña da miña amiga Ana Gil; o seu traballo é interesantísimo! é unha sorte tela entre os nomes da arte galega.
martes, 18 de agosto de 2009
luns, 3 de agosto de 2009
(Subscribo)
Convídovos a pescudar na carta da TVG e da radio galega os programas culturais "miraxes" e "libro aberto"; podedes atopar interesantes entrevistas á xente da nosa cultura...; e tamén alfaias feitas reseñiñas gráficas -ou non-, reportaxes ou entrevista a moitos creadores!
É unha sorte poder ver os programas completos por internet (e tamén escoitar o diario cultural da radio galega) para os que vivimos fóra da terra.
E de paso, direivos tamén que a Asociación de escritores en lingua galega (AELG) ten recursos ben interesantes: dende textos, criticas e fotos, ata videos das/os escritoras/es asociadas/os! A desfrutar!
E a escritora deste mes de agosto é a sobresaínte Emma Couceiro!
A ACTRIZ
( I )
" Son
crepúsculo e barro.
Crea quen esquece o parto, asinte a pel e tensa o corpo
sen fillo. Podería crevar para crear morte
pero sei condensar na voz o declive,
lanzar esta moeda gravada e levantar frío. Podería sufrir e sufro
na tensión que me obriga a interpretar o mundo nun xesto arriscado
tan suave
que enveleno eterna.
A arte é unha cacería na garganta,
unha batida nas miñas veas.
Pero esta moeda cae e quedo dobrada no escenario,
queda este corpo.
Quén necesita o divismo que arrastro se só conmove ou fascina
se eu son
crepúculo e barro"
( II )
" Clave e illada nese tacto. Cada presa ou drama,
cada acto de vida.
Sen nacemento ou morte esta obra definitiva de espanto
que esixe máis.
E pensar nos movimentos lixeiros e rápidos dun diálogo case divino,
a deidade que perde o alento para sentir o corpo dócil
e indivisible.
Anacrónica e sempre
son
crepúsculo e drama.
Nen coñezo o tacto de todas esas teas,
transfiguro e finxo vestir ilimitada,
porque a orixe
é o meu pulso acelerado
a inscripción desta moeda
o selo que deforma as marcas dixitais que nen conservo.
Teño que padecer como se padece o grito até que é arte
até que exclúe
e crea "
Emma Couceiro
Como avelaíñas bailar
ESTA COLABORACIÓN A TRES BANDAS QUE ACABO DE REMATAR FAIME CANTAR ISTO:
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas. Airas Nunes
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.
Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d' estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d'estas avelanas
verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.
Airas Nunez (compuxo as súas cantigas na corte de Sancho IV, no período que decorre entre 1284 e 1289)
Brea, Mercedes (dir.) (1996): Lírica Profana Galego-Portuguesa. (Santiago: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia).
Máis nesta "Antoloxía de poesía galega musicada"! a bailar!
[O cadro é de Alcira Vázquez, a miña mamá!]
domingo, 2 de agosto de 2009
A forma da miña man (alborada)
Colaborar creativamente con alguén dá unha satisfacción extrema; enraizámonos, as acostumadas a crer que todo ten a forma da nosa palma, nas guedellas d@ amante
e comezamos a camiñar polo seu corpo corpo co índice e o corazón por perniñas, percorrendo paseniño os seus poros, cráteres nesa ingrávida terra luar na que acabamos de amencer... Hoxe é un dos días máis felices da miña traxectoria artística!*
[-muaaa, nena culpable!
Foto: Marilyn Minter, unha maga!]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)