Páxinas
▼
luns, 20 de abril de 2009
Ingredentes para a revolución
Esta fin de semana foi especial, HUMOR VÍTREO saímos de Madrid por primeira vez para tocar en Avilés, na presentación do marabilloso fanzine TEMPUS FUGIT feito con esforzo, paixón e bo gusto.
Os contidos que van da música ó cine e á arte, reflexan transversalmente un profundo amor ós fanzines, á autoedición, e ás opinións libres de calquera interese en cada páxina.
Foi un soño ser chamadas, escoitadas, acollidas e valoradas. A Pablo e a Paula en especial e a tod@s os que apoiaron o proxecto debémoslle os litros de gasolina que durante meses de aquí en adiante usarán os nosos motorciños creadores, porque o día a día de tod@s éche no caso dos fanziner@s-organizadoras/es de espasmos culturais- creadores ruidosos (nun sentido amplo!) case case o mesmo: traballo e moitas ganas para sacar tempiño para seguir formándonos e tentando crear beleza, cuestionar ós discursos acomodados do cotiá.
Neste caso as expectativas de ver ónde se forxa este fermoso zine foron cubertas de cheo. Aí está a casiña de P&P, a banda sonora e o entusiasmo de Pablo, as ganas de Chechu, as ideas para novos proxectos de Paula, todo burbulleando nun mesmo punto xeográfico que deron por congregar nun pequeno Avilés a máis de 50 persoas sen parentesco algún con el@s para estar aí, interesarse, apoiar e quentar a estes días violentos e secos do presente.
Bicazos dende aquí, rapaces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario