Páxinas

mércores, 4 de marzo de 2009

Autoflaxelación

AO FALARMOS da alfabetización en Galicia
nós tamén estabamos dalgún xeito mortos.
Non mo dixo ninguén
pero sentía o abraio interposto entre a conversa e mais eu
víame aboiando na distancia precisa
que me obrigaba a afirmar que ninguén alí
podería rozar xamais coa xema dos dedos
a dozura da alfabetización.

Lonxe e desdebuxados
coa realidade noutra esfera
falabamos do que non era noso.
Alguén debería explicar
a quen lle pertence a alfabetización
a autodeterminación
a flaxelación.
Onde están, se conversamos con elas, ou como xiraría
o mundo se ningún esquimó
cometese a extravagancia
de falar.

ORIANA MÉNDEZ, Derradeiras conversas co capitán Kraft, Galaxia, Vigo, 2007.

Aínda con el no padal... mastigando as conversas, entendendo quén é este Kraft, pero non podo non convidarvos a semellante manxar... non sempre é doce a exquisitez; mestura sabores, salgado e un chisco ácedo... amargo e frutal...


Traducción ó castelán dalgúns dos poemas deste libro, aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario