Hoxe sae en Galicia-hoxe unha entrevista que me fixo Lupe Gómez vía epistolar esta semana.
Engado aquí o textiño que por motivos de espazo non sae sobre o porque ós zines, por que a autoedición que me parece importantísimo para entender o noso xeito de "editar" e de vivir... (ah, e o de "escritoras desaparecidas en combate" vai cun jijiji, senón parece que teño a man na cartuchera... )
[[[Eu sempre sentín que non só importaba o que unha dixera senón onde. Despois descubrín que isto era que nada é inocente, que todo é político... por iso sempre me interesaron moito as pulicacións que unha fai na casa, que non pasan filtros... non che é casualidade que a maioría deles sexan políticamente explícitos... pero bueno non me vou enredar; o caso é que se xunta isto con que os diarios, a literatura subterránea por persoal ou minusvalorada (queimada ou non por nós mesmas ou por outros) é –e nin sequera por un motivo ideolóxico como outras literaturas contra o poder, pois por desgraza non falo da literatura feminista - a literatura das mulleres. Así que para min, que non podo non partir dos handicaps que históricamente temos para estar aquí, que non podo non partir da verdade... é o territorio que sinto meu... Por isto os zines.]]]
[[[humor vítreo é un xogo e tamén unha mensaxe anticopyright (non se pode cercar a creación ata os límites absurdos ós que estamos chegando...), ademáis ninguén millor que as/os creadoras/es saben que todo vén doutro lado, que xa nada é orixinal... como ben che dixo naquela conversa a ti Estíbaliz (E), “a cultura é un plaxio”... e así debe ser, ¿qué somos uns sen os outros?
Non queremos meternos en en líos como valente e admirablemente se meteron outr@s plunderfónic@s, pero esa mensaxe hai que seguir dándoa!!!]]]
imaxe: o belísimo collage político de Martha Rosler... ogallá e sexa así como me ve Lupe...
sábado, 28 de febreiro de 2009
Lunáticas
"ó peixe debil a corrente levarao a un lugar seguro
o peixe forte estará so nun esforzo que se multiplica"
YC
Como dixo Elena: Ana fai doblete.
Si!
Onte con La bella varsovia, lendo textos dun Pintalabios aínda inédito e gozando co resto da festa polaca, cal peixe na auga deixándome levar ... e esta noite chegando tarde á presentación de Luna, pero ollándolle o naris de puntillas, pechando os oídos para non oir palabras soltas, versos desmembrados , shhhhs aburridos ou en forma de sorrisos diabólicos que cecais proveñan do seu amante...
si, deixeime levar cal peixe...
fotiños:Luna
mércores, 25 de febreiro de 2009
"A chegada á escrita"*
No me he movido.
- ¡Te he dicho que la cojas!- los labios apretados no se movían, pero yo la entendía.
- ¿Qué debo hacer? - le he preguntado, entre temerosa y curiosa.
- Ya sabes lo que debes hacer. No seas imbécil y coge ese coño de pluma, de prisa.
Melissa P., El aroma de tu aliento, Poliedro, Barcelona, 2005.
Periel Aschenbrand nun descasiño...
Rebeca Horn en plena performance escritora...
*Heléne Cixous
- ¡Te he dicho que la cojas!- los labios apretados no se movían, pero yo la entendía.
- ¿Qué debo hacer? - le he preguntado, entre temerosa y curiosa.
- Ya sabes lo que debes hacer. No seas imbécil y coge ese coño de pluma, de prisa.
Melissa P., El aroma de tu aliento, Poliedro, Barcelona, 2005.
Periel Aschenbrand nun descasiño...
Rebeca Horn en plena performance escritora...
*Heléne Cixous
domingo, 15 de febreiro de 2009
As raíces
A interesante Roxanne M. Carter fai esta homenaxe na súa páxina!!! qué gozada, estes días direi quen é quen!!!
Un bico empoderado para todas/os!!!
xoves, 12 de febreiro de 2009
लाजोस पंटर
Algunhas tivemos a grandísima sorte de asistir a un dos obradoiros de autodefensa feminista que dá Maitena por toda a Península e tamén por Latinoamérica e Europa. 18 afortunadas fomos empoderadas ata a saciedade tentando desentrañar o marco estructural da violencia sexista: dende microviolencias cotiás ata agresións físicas... decatámonos algunhas por primeira vez e outras a un nivel máis fondo, da enorme e enraizada dimensión desta violencia na nosa sociedade.
Se a cousa quedara aí viríamos destruidas para a casa, pero todo este sacar teas dos ollos veu acompañado de un empoderamento extraordinario (si quero e podo defenderme de agresións verbais; de tratos diferenciados; de violencias de todo tipo que non esperan a miña resposta...), de grande esperanza nas redes entre nosoutras e de ganas de acender luces nas cabezas dos amigos amados...
Maitena pertence á asamblea feminista de Bizcaia dende os 13 anos e agora mesmo nun dos moitos proxectos nos que está metida é en formar profesoras de autodefensa en El Salvador... ela é o vivo exemplo de que unha pode convertirse na que quere, superar o que sexa, vivir intensamente, domar a voz propia... e ser todo o pública e libre que se merece!!!
Dende aquí só quero agradecer a Marisa Mediavilla, extraordinaria onde as haxa, que nos fixera de ponte para estar no que xa é un local histórico, a Asamblea Feminista de Madrid na rúa Barquillo...; ó Patio Maravillas por apoiarnos dende o principio - e sobre todo a María -; ás voceiras do programa "Nosotras en el mundo" de RADIO VALLEKAS por chamarnos para entrevistarnos; e a tod@s @s que se amosaron máis abert@s ou menos a un proxecto autónomo, autoxestionado e sen nome propio cando chamamos á súa porta.
Un bico a cada unha das rapazas participantes, uns soles ben brillantes;
e todo o noso amor para Maitena Monroy: única e irrepetible!
fotiños: póster empoderado das feministas chicanas & amorcito setentero contra a desesperanza da que falaba Laura!!!
martes, 3 de febreiro de 2009
Furia e óxido!
Esta fin de semana vén completiña, corazón salvaxe estaremos aprendendo e coordinando (n)o Obradoiro de autodefensa que levamos organizando este novo ano con Mai Monroy na sede da Asamblea Feminista (Barquillo, 44, Madrid). E pola noite, o sábado, no Siroco afeite al perro prepara tres fermosos concertos: ruido, furia e óxido a mancheas con ETEN, AKAUZAZTE e ATOMIZADOR.
¡Toda a información tédela no blog do fermoso selo madrileño!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)