venres, 26 de decembro de 2008

Tarde de nenos


Non sei se alguén máis estará dacordo, pero eu vexo nas esculturas de Shary Boyle certas semellanzas cos meus collages... jejeje...
Bico pola incrible tarde sobredimensionada co novo Kramers Ergot 7, todo un regreso á tenra infancia...


Tntarei poñer outra foto onde se vexan as dimensións reais do libro; a ollo: 60x40 cms...// a Shary descubrina aquí...

xoves, 25 de decembro de 2008

xoves, 18 de decembro de 2008

¡Ruido incendiario!



Os meus amigos de Atomizador e Abominable futuro embárcanse nunha minixira este fin de semana coa que percorreran o norte... e entre as citas hai dúas galegas, unha en Vigo e outra na Coruña... estades todos avisados, por se queredes un pouco de ruido experimental e abrasador de conciencias...

Copio o textiño de afeite al perro e engado os carteis do evento vigués e xixonés...

Minigira de Atomizador junto a sus buenos amigos Abominable Futuro.
Estreno en directo de Atomizador tras sacar unos 50 cassettes por minuto el último año.
¡A partir del viernes!


-19 de diciembre - Atomizador + Abominable Futuro (pub Aurki, Abenduak 19 Ostirala, Bilbo, 20:00, 4 euros).
-20 de diciembre - Atomizador + Abominable Futuro + Penca Catalogue (Bola 8, 6 euros, 20:00, Xixón).
-21 de diciembre - Atomizador + Abominable Futuro (Casa das Atochas, 3 euros, A Coruña, 20:30).
-22 de diciembre - Atomizador + Abominable Futuro (Vigo, calle del Viso 67, cerca de Travesía de Vigo, gratis/apoyo).


www.aambulanciaa.blogspot.com
www.afeitealperro.blogspot.com
www.nodejarequesalvesestemundo.blogspot.com

luns, 15 de decembro de 2008

Vítreas asasinas

As de corazón salvaxe acabamos de sacar a nova cinta de Humor vítreo, o grupo de collage improvisado que teño con Jose... ¡a felicidade! este sábado estivemos en vallekas gozando mentres nevaba... copio aquí o textiño no que explico o nacemento da vitriedade!!!

HUMOR VÍTREO formouse cando Jose e máis eu comezamos a falar dos collages que faciamos de pequenos con cancións favoritas. Chamounos a atención que ós dous se nos dera polo mesmo e quixemos xogar de grandes unha tarde de domingo... amantes do ruido (noise) decidimos usar discos como recursos de onde extraer os sons, pero tiñamos claro que desta volta non queríamos cachiños reconocibles, puros, senón que ós dous nos apeteceu mesturar apenas sons -e probar a distorsionalos, alongalos, enmudecelos, samplealos ... con delay... - para conseguir algo ruidoso, mixto, alborotado: un collage no que non se recoñecesen os materiais de orixe...
Para ver qué demo estabamos facendo grabámonos e así comezou unha longa serie de domingos experimentadores e entusiastas que deron lugar a HUMOR VÍTREO... No camiño fomos escoitando toda a plunderfonía que hai regada polo mundo, como chamou John Oswald a este facer collage ou montaxe musical a partir de discos ou grabacións xa existentes, ¡¡¡e nós quixemos bautizarnos como punkderfónicos!!!

Máis en corazón salvaxe...

Foto desbocada: Melanie Pullen

martes, 9 de decembro de 2008

"Ahora me da más pena que haya muerto..."


http://nuestrashijasderegresoacasa.blogspot.com/

Non sei como comezou a cousa, pero de súpeto M estaba falándome de 2066 de Roberto Bolaño. Eu estoitaba á lectora entusiasmada e arrepiada a partes iguais e entón na miña cabeza uniuse unha historia anterior que me contara minutos antes (saindo coñeceu a unha muller que falaba sen parar de Ciudad Juárez) e dixen en alto CiudadJuárez. M. saltou da silla e pediume que por favor lle explicara que estaba a pasar aí porque dende que estaba metida na novela non paraba de oir ese nome e que todo “era” 2066. Humildemente conteille o pouquiño que eu sei (gracias á experiencia de montar un Benefit xunto con Belinda, María e Leslie e a impagable colaboración de Elena e dos grupos e persoas que se implicaron, xa que as dúas últimas, valentes voluntarias no 2006 en NHRC, quixeron levarlle a Marisela uns cartiños para a asociación). Pero M quedou de pedra, dicíndome que como na literatura e sobre a obra dun autor glorificado como Bolaño non se fala diso e todo se resume a poñer ó lado de Santa Teresa - a cidade do libro- “(trasunto de Ciudad Juárez)”... porque non hai crítica -que nós atopáramos- que fale do que supón que o autor se metera nesta bomba de reloxería ¡REAL!, punta do iceberg do noso odioso sistema, e todo o que conleva facer público un tema ignorado con ganas, silenciado dentro e fóra de México, normalizado… que falen da novela como se fose unha novela negra "deste novo Cortázar"...
Habería que repasar a crítica especializada, as reseñas das revistas, pero quén falará de feminicidio cando hai que dicir crime.

Pero por sorte onte coñecín a unha mexicana incrible, filósofa, inqueda e reactiva que está traballar para darlle Nome ó que alí pasa : “para cambiar algo primero hay que nombrarlo”, dime.
Voume á cama esperanzada, cun sorriso brillante. ¡Gracias, S.!

F E M I N I C I D I O

INFORMACIÓN DIRECTA, AXUDA E SINATURAS / FIRMAS: www.mujeresdejuárez.org

luns, 8 de decembro de 2008

Elexir o nome propio: Sayak


Un textiño da miña feliz lectura neste día libre...

Nací un jueves. Nazco todos los días.

Ya he aprendido a guardar secretos.
No diré que me tiño el pelo con sangre.
No diré que la recolecto de las heridas, de las
comisuras de los labios reventados, del flujo menstrual.
La recolecto y me pinto el pelo, desde hace mucho
tiempo.

Tú lo sabes, una medusa necesita alimentar a sus serpientes.



Valencia Triana, Margarita-Sayak, Jueves Fausto, La Línea.Ediciones de la Esquina, Tijuana, 2004


esta foto é un fotograma dunha peliculiña de Pipilotti Rist

mércores, 3 de decembro de 2008

Pílulas de verbas para o esquezo

De que falamos cando falamos de Plath, realmente Elena Medel na súa reseña á edición completa da súa poesía en "Poesía digital" (boletín que recomendo rotundamente) dá no cravo fiando a súa crítica co tema pendente de enxugar á morta, porque ¿como lela sen partir do reflexo desfigurado, o rumor, as versións? Hai que tentalo, claro que si, aló imos...

martes, 2 de decembro de 2008

Xogando coa enfermidade



Quería colaborar a todo meter co colectivo RENDERÉN pero estiven ata o último día matinando qué me suxería a min "a falacia da sustentabilidade"; laiaba polo anterior tema -segundo eu- "a civilización enferma" porque de seguido me viña á cabeza un collage ben figurativo, cheo de caras con fouciños de animais, ou con estraños rasgos rasgados dos que só quedaba unha pel dada a volta e embaixo aparecían manchas doorosas, purgantes, supuradoras... orgánicas ou derramadas escenas habituais na nosa sociedade mais enfermizas...imaxinaba eu detalle a detalle tales enxendros e pensaba nalgo ben limpo para a sustentabilidade naufragada... E cal foi a miña sorpresa cando enviei o domingo este colaxe que vos mostro e me dixeron que ¡¡¡o tema era o outro, o que eu morría por materializar nunha imaxe, a civilización enferma!!!

Dende aquí quero loar a apertura de miras, a visión, o cariño e a profesionalidade dende o que traballa Renderén, pois como publicación anarquista non se queda nunha interpretación gastada, anacrónica e gris- por moito que a publicación non sexa en cor é pura liberdade o que se respira nas súas páxinas- , senón que dende a arte quere que repensemos os conceptos do duro xogo entre o poder e a sociedade. Así, ó contrario que moitos colectivos anarquistas - pronto concretarei!- acepta estéticas non recoñecidas pola tradición da arte politizada, que non política, nin se asusta de certas apostas alonxadas estéticamente do branco e negro suxo e con letras de CRASS-por sorte!-* habituais.

G R A C I A S, Renderén meus!!!

[Recomendacións para desprexuizarse: GEE VAUCHER (e aquí e e aquí), UNIÓN LIBRE e OLGA NOVO]

*¡o grupo anarcopunk máis incrible do mundo!

luns, 1 de decembro de 2008

Maxia negra

[Ana Mendieta]
Angélica Liddell escribe a diario aquí: www.miputaperrera.blogspot.com
Entusiasmada estou.¡Que sorte temos: unha parte máis da súa obra revulsiva agora en forma de diario inmediato!
Escollo isto que ilustra perfectamente o meu durísimo día de hoxe:  "Los intereses sustituyen al amor, a la inteligencia y a la bondad". Merda, merda, merda por todas partes, ruindade, absurdeces, nada. E ante iso, a beleza e sobre todo a paixón pola vida. Si. Mañá será un día fermosísimo.