Nas miñas maus un disco de colegas punkeirísimos que intercambian instrumentos e funcións para dar renda solta á súa creatividade e converterse nunha mesma tarde-nunha mesma grabación en 6 grupos diferentes, o resultado do experimento: ACEITUNES FOR FUCKER (VOLUME 1). Noraboa! a edición con postercito con letras, guachafitesca explicación ficticia de cada grupo-proxecto e ata un poema de rabiosa ironía hardcoreta.
ESCORIANMAHU Ediciones
CDR (100 copias) - 2euros c/u
Pedidos a: APDO. 2576 - 28080 MADRID
caos_final@yahoo.es
A QUE OKUPA PREOKÚPASE
As
reactivas rapazas da C.S. Atreu e da
Casa das Atochas invíatenme a pasarme pola casa da Queerunha para coñecernos: están poñendo en marcha unha radio
livre e teñen abertos numerosos proxectos. Así que anoto na miña axenda contactar con elas cando estea pola terra, pero animo a todas as que vivan en Galicia a que participen nun proxecto que polo que vexo vía lista de correo está activísimo, nun espazo (as Atochas) increiblemente
acondicionado polo miúdo.
E por Madrid...
achégome á asamblea da PSO Malaya para ver que se coce alí e se podo facer radio: un proxecto soñado ó que poder dar forma en colectividade. Corren rumores de que para facer algo neste espacio hai que autoinculparse, e varios colectivos expoñen a dúbida. Ó final da reunión non nos queda claro se este é un requisito indispensable para acceder ó espazo e desenrolar proxectos sociais, pero si saimos dalí algo desencantadas, pensando que sería un sacrificio dabondo comprometido para que todo o mundo poda e queira realizalo. Están ben as premisas propias dun colectivo que asume o risco da okupación - non son quen de xulgalas- pero non todo o mundo pode entrar por esa porta e este sistema de selección si que me fai pensar.
Calquera cousiña a:
nana_coromoto@hotmail.com
Invítovos a unirvos á lista de correo
LAZOS PANTERA