martes, 20 de maio de 2008

"A vida violenta" fanzine





Nace o fanzine "A vida violenta" para autoeditarme.
Contos, poemas e colaxes para proxectarme ó mundo.
Cada número unha creación que revoloteaba no caixón ou que foi creada específicamente para ver a luz de súpeto. Proxecto que renova formato en cada número, aberto a ser compartido con outras/os.
O primeiro número o meu "Pecadiñorixinal" en forma de mazaíña.

1ª edición de 20 copias.
Cartulina verde mazá recortada e texto impreso.
Fotiño de Betty Page que inspirou o conto.
Seliño de corazón salvaxe debuxado a man.
-0.30 euros en man ou tendas.
-0.30 + gastos de envío, por correo.

Escribídeme a corazonsalvaxe@yahoo.es
Pinchade aquí pra ler a traducción ó castelán do conto.

sábado, 17 de maio de 2008

Falabamos o outro día de o feito de que houbera varias esferas no mundo da arte, en realidade partíamos da música: unha, a recoñecida; outra a independente e outra, a subterránea. Esta última é incluída na indi ou simplemente ignorada, se é que para algún medio chega a existir. A maior parte de persoas que traballan para medios independentes non buscan nin rebuscan, parecen facer o seu traballo (que a maioría de veces escolleron por pracer, case todos son xente que non vive diso e que se pode escribir neses medios é porque é --- de --- de---- ) e por nada máis. incluída na

venres, 16 de maio de 2008

Radiando...


Mañá vou a un taller de radio, e buscando información sobre o que fan en Radio Vallekas as miñas profes de mañá atopei Radio Tierra de Chile, e nela unha extensa e interesantísima entrevista a Gioconda Belli.
Recoméndovos tamén o precioso programa de "Pasión por el ruido" se vos interesa o punk, e "Sopa de poetes" dende Cataluña se vos move a poesía.
¡Que ganas de aprender!