*
MÁIS TOLA QUE UNHAS MARACAS
MÁIS TOLA QUE UNHAS MARACAS
En Chile maracas tamén son putas
Algunha vez vin bailar aos africanos na tele con caveiras enriba de paus. Axitábanas e elas tiñan a música, parecía que gardaban algo dentro: grans de café, segredos, coches chocones para a feira das pulgas escapadas do circo... imaxineime achegándome a el e dicíndolle:
-bótote de menos.
Pero o único que puiden ver despois foi ese bar fantástico no que estabamos, que tiña unha marabillosa máquina de pinball con motivos de feira moi ben dibuxados: majorets, a montaña rusa, o cu dunha estupenda muller e tamén unha vista da feira enteira feita con luces alaranxadas, iluminando ese trozo de bar ás escuras, que chegaba, parpadeaba unhas cantas veces e despois deixaba paso á palabra P r e s e n t s que aparecía lentamente, letra a letra, moi barroca; había ademais moito ruido, antes e despois de Parálisis Permanente, costras, cerveza e viño e whisky e vodka, apetecíame un bloody mary pero pasei porque un leva a outro e outro e outro e as resacas son tremendas; estaba tamén o olor dos colgantes que fixo Pepe coas súas propias mans e levou vender alí anque seica llos aceptaron a regañadentes: tarxetas postais dun millón de punkis co pelo amarillo e rosa, cores de chupachús para os mozos-perruca, enviando greetings from london...; chapas e insignias do mercedes de papá e tamén de calquera BMW; botas que subían soas pola parede; unha caca que non era de vaca no teito, “ai, coidado que cai”, díxenlle a Vane a primeira vez que a levei alí e inmediatamente botou a man ó pelo incluso antes de mirar cara arriba e ver que o que podía caer era caca, unha plasta, que estába ben suxeita, por sorte. Podemos ser heroes por un día...pero o peor é que para estas cancións, as preferidas dos camareiros poñen unha luz azul de discoteca que se prende e se apaga e deslumbra pero todo é tan rápido que nin sequera te ves a ti mesma :agora tes unha cervexa na man e agora desapareciches ti, a man e a cervexa... unha luz que me lembra ó final de Buscando ó Sr. Goodbar, unha película na que Diane Keaton é unha chica dunha familia tradicional que pretende liberarse pero se topa no camiño coa Richard Gere, un amante-psicópata que é como a pantasma das advertencias de seus pais e de toda a sociedade e vaise encargar de darlle o seu merecido. Para que aprendan as moi zorras. Corrían os anos setenta.

El aparece e desaparece azul.
-E ti, ¿botáchesme de menos?, ¿bótasme de menos?
E a pantasma resposta:
-pois a verdade é que non. Lembreime de ti, claro pero...
A partir de aquí deixo de escoitar e derrúmbome como unha tonta neste bar de tódalas noites, pero gracias a deus estou na miña cama pataleando máis borracha que calquera outro día con moito máis e cunha sensación de fin do mundo que me agarra os pulmóns cun so puño e me levanta do chan estirando a outra man cara atrás preparando un puñetazo que me fai sangrar por onde máis doi, polo nariz.

El díxome un día:
-non me gusta que me toquen as narices literalmente. Poden darme onde sexa, incluso palmadiñas na cabeza, que fode moito, pero no nariz non o soporto. Porque ves, téñoa torta, antes a tiña bonita e recta pero agora non.
E tamén:
-estás máis tola que unhas maracas.
E iso gustoume moito moito porque eu nacín en Venezuela e lin nalgún sitio que unha maraca era un instrumento musical feito cunha cabeza seca con pedriñas no seu interior. Pois iso, o mesmo que as caveiras con grans de café, segredos ou coches de choque para a feira das pulgas que se escaparon do circo. Ademáis África e América do sur seguen encaixando perfectamente no mapa.
Menos mal que cando esperto xa é de día e teño unha cita anque sexa nun sitio rosa e podo sentirme mal por moitas outras cousas antes que volver pensar nestas tonterías.

MÍNIMO COMO MARILYN
“Collige virgo rosas”
Estaba no seu primeiro ano de universidade e lle mandaran conseguir como fora un esqueleto, e ela ía conseguir a toda costa un esqueleto. Enteiriño e en bo estado. Estaba máis ilusionada que o último día de octavo, a primeira vez que oficialmente ía ir á discoteca. Lembro que se montara unha de agárrate. Mamá estaba tan furiosa que o discutira con S. na Coruña, porque xusto un par de días antes da sonada festa fomos alá creo que de compras, e ela llo contara a S. porque cría que, sendo 10 anos mais xove que mamá pero tendo o peso de ser xa nai de familia, a axudaría a convencela. Pero mira por onde S. tiña unha opinión moito máis esaxerada das discotecas que mamá. Eu o entendín moi ben a pesar de ser aínda algo pequena, as tías que van ás discos ( porque iso sí, sempre meteu algunha palabra moderna no seu vocabulario para dar o pego, e xa vemos que o daba) veñen a ser unhas putas. Non dixo a palabra pero deuno a entender. E engadiu toda orgullosa: “para ser desas, ser de categoría. Mínimo como Marilyn.” Supoño que só se refería ás que ós trece van as discotecas, porque creo que tamén se esforzou en explicar que ós dezaoito xa se podía ir, de cando en vez. Tamén dixo que no caso dun rapaz era distinto.
“Boa armamos”, díxenlle cos ollos, e ela so me insinuou un sí, maís encollida que unha rosa posta a secar boca abaixo no trasteiro. Ó final foi, claro, iso si, tivo que chorar, papá enfadouse moito máis ca mamá e lembro que pasamos unha parte da noite na rúa, preto da casa sentadas na beirarúa, falando, e chorando de vez en cando, e tamén moito rato caladas. Ah pero o o millor de todo é que daquela xa levaba un ano enteiro pasando as tardes dos venres en Apolo. A mesma discoteca onde se ían despedir do colexio. O que non entendo entón era por que choraba, só tiña que facer un pouco o conto. Por iso a nós o que dixera S. parecéramos unha animalada e ó mesmo tempo unha chorrada, tiñamos coñecemento de causa.
O único cemiterio onde podería haber algo de todo era no de Vigo así que alá se foron ela e unha amiga con mamá. Chamaron ao primo Carlos, qe vive en Vigo e as acompañou ata alí. Só cunhas luvas de ciruxano e o pelo recollido, baixaron co encargado ó osario escuro e putrefacrto. Sairon cheas de lama, contando todo o que tocaran e ulindo a morto e a bichos. Case vomitan todos os que as esperaban. Todos menos elas que cando aínda estaban abaixo berraban entusiasmadas: UN PERONÉ, QUÉ TAL ESTÁ ESA TIBIA DE AÍ, M., MIRA, ¡CALCETÍNS CON ÓSOS DO PÉ ENTEIRIÑOS... ,TI CÁNTOS QUERES?, E HAI CAVEIRAS CON PELO..., ESTA TIÑA O PELO LONGO! Cando chegaron a casa e mo contaron eu non mo crin todo, pero o do pelo que seica segue medrando pareceume incrible. E díxome tamén que había unha loira cun peinado coma o de Marilyn. Así acaban as zorras. Tan novas. Era 1962 e tiña 36 anos.

TEREMOS QUE NOS ARMAR CABALEIRAS ANDANTES
*
Un coche berroume unha advertencia naquela noite de moito fume na miña cabeza: que te violamos. Comecei a poñerme nerviosa, sentía como que a pel se me transformaba en escamas, logo veume Susa á memoria contándome “e entón ofrecéronse: ¿queres que te violemos?”. Pregúntome como se lle pode dicir iso a alguén e ó mesmo tempo ourízanseme tódolos pelos dos brazos e das pernas e volvo ao tema das pistolas. Antes cando chegaban estas ideas viña tamén Myri e me poñía mala cara, entón eu volvíame boa e facía que esquecía o tema, pero dende que sei que dende pequena esconde unha navalla para darlles na perna e sair correndo xa estou tranquila e síntome forte coma un camión, coma un deles, un mozo duro, un imbécil.
A aquelas horas xa non había moito que facer así que marchei para a casa. El xa non me necesitaba e ademáis estaba comezando a esquecer a súa cara. Tiña que aproveitar. De verdade creo coma o Cabaleiro da Triste Figura que non hai memoria coa que o tempo non remate, nin dor que a morte non consuma. Si me desexaba, pero como a calquera outra. Eu tampouco precisaba chorar, non vos vaiades crer...nin rir, e menos suicidarme. Cecais un vestido novo e unhas fermosas esposas prateadas para darlle lume á miña imaxinación desgastada. Quero ser unha pistoleira e non lle envexo nada a ninguén.
Camiñaba cara o pisiño de solteira, moi preto xa da miña rúa chamáronme guapa. Eran varias voces de home, de risas, de estupidez. Como insistían volteei a cara sen deixar de andar, para poñer cada vez máis distancia entre eu e o mundo macho, cheo de coches e luces roxas coma burdeles esta noite. Iso foi todo o que vin ó mirar, ó prestarlles atención ou amosar valor, ó atreverme a desafialos, buscando igualdade de condicións: enfrontarnos corpo a corpo, ó pedirlles que non se esconderan nun cacharro, cun simple xesto de cabeza que fixen, trocaron os piropos por insultos. Os bicos ao ar por golpes tamén en van. Iso e propoñerme acabar comigo foi todo unha mesma cousa, agora eu era creída , cabrona, “que te violamos”... Dichosa edad y siglos dichosos aquellos a quien los antiguos pusieron nombre de dorados (...) las doncellas y la honestidad andaban, como tengo dicho, por dondequiera, sola y señora, sin temor que la ajena desenvoltura y lascivo intento le menoscabasen, y su perdición nacía de su gusto y propia voluntad. Y agora, en estos nuestros detestables siglos, no está segura ninguna, aunque la oculte y cierre otro nuevo laberinto, como el de Creta,; porque allí, por los resquicios o por el aire, con el celo de la maldita solicitud se les entra la amorosa pestilencia y les hace dar con todo su recogimiento al traste. Para cuya seguridad, andando más los tiempos y creciendo más la malicia, se instituyó la orden de los caballeros andantes, para defender las doncellas, amparar las viudas y socorrer a los huérfanos y a los menesterosos*.

Deiteime tomando unha grave determinación: convertirme en xusticiera, un honesto anxo da vinganza .
*MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA, El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, I, Cap. 11. (1605)
*
*
[De Noites estrañas ou O pisiño de solteira, 2000, Inédito]
Ningún comentario:
Publicar un comentario