luns, 16 de xaneiro de 2012

As luces da noite

Ter medo ao moderno, por qué? Como se unha parte de nós estivera fóra. Un cacho, un bisec do lomo. E fose comestíbel, por calqueira que con fame se achegase. Por iso buscar nos clásicos, nos clásicos raros e descoñecéndoos aínda? Seica é porque se se tragan, despois qué, despois qué, despois o moderno?
Por que ir pasiño a pasiño cal morrocoi? Por que loarse disto? por que facer o cangrexo día si e día tamén na literatura? E xogar tirar pedras contra o meu teito, polo poético da vinganza? O "V" contra quen e por qué? Por qué xogar á contra cando me seducen tanto as luces da cidade?


Ningún comentario:

Publicar un comentario