mércores, 16 de marzo de 2011

O goce di-verso




Moitas son as formas de celebrar o día da poesía, seguramente a mellor, amando os poemas no cotiá, devorándoos, todo o ano.
Pero na Coruña por exemplo, a (nosa) talentosa (e precoz) Emma Couceiro e o interesante Luis Muñoz estarán aló para celebralo ó grande, micrófono mediante!

Mentres, restemos días de poesía ás nosas vidas con este poema S/M que di tantas verdades, seica non desexastes nunca non ter enfermado de arte? ser libres deste pracenteiro xugo?



DEJAR LA POESÍA

Por restar mientras que tú sumas.

Por llenarte de pájaros la mesa.

Por llevarte adonde no sabes salir.

Por castigarte sin hablar.

Por decirte: estás solo.

Porque le rindes cuentas.

Por preferir que cargues

con su dolor de siglos

cuando te sientes nuevo.

Por su imán descabellado.

Por la sed que produce

cuando finge ser agua.

Por su vida paralela.

Por hablarte

cuando quieres dormir.

Por su orgullo de bestia descarriada.

Porque mira a la muerte

con el rabo del ojo

cuando canta oh belleza.

Por no dar explicaciones.

Por suficiente.

Por insuficiente.

Por beberse la sombra de mañana.


LUIS MUÑOZ



 

[Dende aquí quero dar as grazas tamén a Yolanda Castaño (como se nota que coordina unha persoa que sabe e quere! así debería ser sempre tamén no público e grande, digo -humildemente- eu!), porque as súas parellas poéticas axudan moitísimo á lectura, a achar referencias, a xuntar libriños e degustalos paralelamente... todas as presentacións de cada poeta, os textiños dos folletos/cartaces dan no cravo, son xeniais para ubicarse... así que eu, que non podo ir a ningún recital, degusto estas pílulas na xusta medida e desmedida que podo, aproveitade galegxs!!!]

 
[Fotos roubadas a Sofía Coppola e a Luna Miguel]


Ningún comentario:

Publicar un comentario