luns, 23 de agosto de 2010

Imaxes do recital en Couceiro "Camiño de Oz"

Nova Galicia-hoxe do Recital en Couceiro (Agosto 2010)


VOCES DE AFINIDADE
 20.08.2010 Cinco poetas galegos vinculados dalgún xeito ao Grupo Bilbao únense na Librería Couceiro de Compostela para facer mañá un recital titulado "Os Camiños de Oz.


O recital titúlase Camiño de Oz pero non ten nada que ver co Camiño de Santiago, aínda que se celebre en Compostela: mañá ás sete e media da tarde na Librería Couceiro, en pleno corazón da cidade e do tránsito de peregrinos. Tamén ía ser un recital de presentación en Galicia do grupo Bilbao, que reú- ne unha serie de poetas galegos asentados en Madrid, pero a imposibilidade de conciliar horarios -e vacacións- converteuno nun "acto de afinidades poéticas" entre tres membros do grupo -Ana Cibeira, Begoña Regueiro e Xurxo Fernández Martíns- e algúns dos seus poetas paralelos: Emma Pedreira e Dores Tembrás.
Todos eles serán presentados por unha das críticas literarias máis recoñecidas do país: Teresa Seara.
O grupo, apunta por teléfono Ana Cibeira,organizadora do acto, reúnese unha vez cada mes no Café Bilbao, de aí a súa denominación. Nel conflúen poetas sen obra individual publicada e outros de traxectoria longa, como Vicente Araguas Fermín Bouza Álvarez ou Manuel Pereira Valcárcel. Nesas reunións, engade Cibeira, "falamos das nosas cousas e de poesía"
Unha das súas últimas actividades pública foi o 17 de maio na Uned de Madrid. Alí presentaron unha antoloxía do grupo, realizada por Xabier Frías e titulada Abranguendo marés nos pousos do café. Foi "un encontro decisivo porque o grupo se reforzou e eu calculo que no outono nos presentaremos en Galicia".
Con Emma Pedreira -unha das poetas que nos últimos anos se enfrontou á renovación da lírica feminina en Galicia-, Cibeira mantén unha estreita amizada e unha colaboración regular. Ademais de poeta, fai colaxes e ilustroulle Xoguetes póstumos, un libro que a Pedreira lle valeu o Premio de Literatura erótica Illas Sisargas 2009. Ese traballo, o primeiro que realizou como ilustradora, serviulle de acicate e desde entón, publicou colaxes en distintas revistas.
Ademais das antoloxías do grupo Bilbao, tamén pode rastrexarse a obra de Cibeira en volumes colectivos, como o volume Letras Novas da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ou Poesía alén, do colectivo A porta verde do sétimo andar.

Publicado en Galicia-Hoxe o 20 Agosto 2010.

venres, 13 de agosto de 2010

Atomizador clásico

video
Aquí vos deixo un video de ATOMIZADOR este verán en Barcelona, adiantando o que será o seu novo disco compartido con Esperit!

xoves, 12 de agosto de 2010

Letras galegas fóra e dentro

Os da UNED xa subiron á rede un vidieciño sobre algo do que pasou o día das letras na UNED!!!
Tres de nós (Xurxo Fernñandez Martíns, Begoña Regueiro e máis eu) imos recitar este Agosto en Compostela (coa belísima compaña de Emma Pedreira e Dores Tembrás e Teresa Seara nas palabras limiares), así que colgo isto para abrir boca...



Botaremos moitísimo en falta a outrxs convidadxs ós que non lles é posíbel vir, pero hai promesa de máis festa no outono! mil bicos dende aquí!!!

Sétimo andar, poesía alén

Recén saido do prelo o libriño colectivo SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN vai danzar polo mundo en breve...
AVISAREMOS de presentacións e lugares de difusión... mil grazas rapaces! que ilusión estar aquí!!!


Alberte Momán di: Con portada de Roberto Alonso e participación de Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Mariola Soutelo, Manolo Pipas, Ramiro Vidal e eu mesmo, chega á imprenta a segunda entrega da modesta aportación do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar á literatura galega. Un novo libro colectivo de poemas, baixo o título de Sétimo Andar, Poesía Alén.

xoves, 5 de agosto de 2010

Devorada pola fantasía


O meu oficio é escribir historias, cousas inventadas ou cousas que lembro da miña vida, pero, de calquera maneira, historias, cousas nas que non ten nada que ver a cultura, senón só a memoria e a fantasía.
.
Natalia GINZBURG, Las pequeñas virtudes, El Acantilado, Barcelona, 2002
[Adaptación ó galego por min, da traducción ó castelán de Celia Filipetto]

mércores, 4 de agosto de 2010

Camiño de Oz

"NON QUERO QUE A XENTE VEXA QUE SON HUMANA NO ESCENARIO."
Lady Gaga

aínda que o meu debut literario tivo lugar no ano 2000 e dende o principio gravitei uns presupostos éticos e estéticos máis ligados á filosofía e á ciencia que aos imperantes naquela altura. Con todo, algo me unía a aquelas voces dos 90: conformabamos un grupo de amizade no que o feminino visibilizábase con insistencia. Nos últimos anos profundei aínda máis no metadiscursivo e cibernético, co carimbo de experimental que iso fornece, e seica podo situarme máis preto de voces máis novas ca min e están a utilizar, reflexionar e centrifugar recursos similares [Ana Cibeira, Dores Tembrás, Antía Otero]. Por iso é polo que moitas das miñas teimas literarias teñen que ver coa ciencia, lindando coa ciencia ficción, a curiosidade, ese curioso pracer co que aceptamos a tiranía audiovisual (...)

[de ...mmm... , Estíbaliz Espinosa, o seu relatorio para IV Encontro de Novas-os Escritoras-es (2009)...]


Eu tamén me sinto moi preto de ti, Puntos Suspensivos, tamén penso que somos catalizadores da electricidade que está no ar -a que fai que voen casas enriba das meigas-, tamén me sinto monstra, como ti ciborg; seica os diálogos do cinema son a miña voz, Agardadora; e sinto as Dores das comisuras doutra autómata, pel tirante coma un papel de parede amarelo rabuñado por unllas de folla de lata tratando de acadar o burato que o meu humano corazón deixou aquí profundo.

domingo, 1 de agosto de 2010

Unha festa en grupo



es la desesperadamente insípida doctrina de que el amor es la única cosa en el mundo, tal como se les enseña a martillazos a las mujeres, lo que nos traba tan cruelmente. K.M.











Hoxe no grupo de lectura comentamos tres contos de KATHERINE MANSFIELD: "Na baía", "A festa no xardín" e "A señorita Brill". Foi unha gozada de sesión na que ademais coñecemos a unha directora de cine ben interesante, Carmen Rico. Esta mañá de domingo estival foi un auténtico luxo cargada de café e palabras arredor dunha narradora de principios de século absolutamente contemporánea...
Déxovos un mini documental en inglés no que se inclúe unha posta en escena do conto "Ms. Brill" *(recomendo ler primeiro o conto...)*

Por outro lado, recomendo as traduccións ó galego de María Ana Valladares Fernández que podedes descargar da importante e necesaria plataforma BIVIR (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego).

Autoplacer

Fai pouco Elena creou esta peza que califica de "educativa" para acompañar ós rapaces da fermosa distri JERSEYS PARA LOS MONOS ao festival Autoplacer celebrado en Madrid no CAM2!
Desfrutádea!

Cómo hacer un fanzine from Elena Duque on Vimeo.

Tamén aproveito para recomendarvos o seu blogue centrado en cine e recordos, galletas e debuxos, sempre nun estilo vintage d.i.y que fará as delicias de moit@s!!!

Eu tamén navegar... de volta!

Xa estou de volta, aínda que as vacas foron mínimas e voltarei ó descanso en Agosto!
Deixeivos esa fotiño da mudanza da pel para poder cambiar un pouquiño isto e que as etiquetas -por exemplo- puideran recoller toda a creación que quero recomendar, así non me volvo tan tola con que os amigos, as admiradas, as contemporáneas e os clásicos estean todos por aquí, dando voltas nos enlaces ó resto da blogosfera e rede...
A ver qué vos parece o novo mar no que me movo...
fáiseme raro elexir esta cor, afeita como estou ó verde, ó vermello e a outros tremores de ceo e terra...
Así que este ano estrelado seguro que terá moito de especial...
Como vedes, aínda funciono por cursos... parece que estou preparando a volta ó cole!!!


[Fotos: ata me deu tempo de ir á praia! e a miña terra a vista de paxaro de aceiro polo meu amigo amado"]