sábado, 24 de abril de 2010

Onte celebrei o día do libro asistindo á presentación de La manera de recogerse el pelo e a verdade é que foi unha gozada, todo ben suave...os editores (de contidos David González , o responsable de Bartleby Pepo Paz e o prologuista José Angel Barrueco) estiveron apaixoados e divertidos... tamén puidemos degustar o recital dalgunha das poetas antologadas, asistir á presentación do traballo audiovisual que completa a antoloxía (si! Vén cun dvd cheo de poesía materializada en imaxes!) dirixido por Patty de Frutos e celebrar o contemporaneidade dunha escrita “blogger” influída pola inmediatez da publicación e a desaparizón do filtro editorquemedigaqueestábenoqueescrebo... gocei moitísimo, botádelle unha ollada que é ben interesante a antoloxía, ó igual que a súa irmaciña de fai uns anos 23 pandoras! Eu xa o puxen na lista de regalos a unha boa amiga que teme á poesía, sei que esta antoloxía lle chegará directa ó corazón e que dinamitará o pétreo prexuízo convertido en escudo polos intocables clásicos no instituto!

Grazas David por un traballo independente e intenso, cálido e de calidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario