sábado, 12 de novembro de 2011

Maxias de Novembro: O sombreiro de Merlín

Mañá ás 12.00 do mediodía no programa "O sombreiro de Merlín" de Radio Obradoiro estaremos falando de Brais de Guillerme Coen e do meu Pintalabios. Despois poderémolo ouvir dende fóra a través de internet.
 Graciñas a M., Alicia, Roberto, Javier, Guillerme e David!



[ Graciñas a todxs os que viñestes quecer Couceiro nese día chuvioso de poesía e beleza! ]

venres, 11 de novembro de 2011

6-10-11-12-17





O mellor mes do ano chega con múltiples sorpresas! iuuuuuuuuuuupiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

luns, 7 de novembro de 2011

V de Vicio, Novembro ataca gris lúa




 Ningún vicio es más difícil de erradicar que el que se considera popularmente una virtud. Entre estos vicios destaca el vicio de la lectura. Se admite de modo general que leer basura es un vicio; pero la lectura per se -el hábito de leer-, nuevo como es, ya está a la altura de virtudes tan acreditadas como el ahorro, la sobriedad, el levantarse temprano y el ejercicio regular. Hay, en verdad, algo peculiarmente agresivo en la actitud virtuosa del lector que lee por el sentido del deber. *


Escribir é coller os fíos que imos vendo ao longo dos días. Fíos vermellos -para min- que se coan na cotidianidade ou cecais debería dicir na rotina. Verbas que cecais deberían ser de neón, conceitos e xestos que de súpeto ulen a sangue. E cando o mes chega ao seu fin, os nós acendidos teñen todos o mesmo tecido. Neste caso a guía de Novembro parece ser vicio. Dende un xesto obsceno, ordinario e absolutamente maleducado, que merece ser contado por separado e cando saiba máis a identidade do seu protagonista, até a reflexión sobre a lectura da Wharton, que a roupiña deste curso sexa gris non parece mermar a calidade atrevida do que move o meu mundo este inverno. Vicio, con V. Sen ser buscado, aparece. Vicio fronte a virtude, sen ser ulido, arrecende -aínda que a Edith o use para falar do que non lle gusta: dos viciosos lectores mecánicos. Vicio ou Lust que sempre está presente nas nosas festas. Incendios cal vinganzas poéticas que nos salvan e posicionan mentres seguimos adiante en bicicleta ou dilixencia.


El deseo de estar al corriente es al parecer el incentivo más para este tipo de lectores, que precen ver la literatura como un funicular en el que sólo puden embarcarse corriendo, mientras que se pueden encontrar muchos lectores natos paseándose indolentemente y sin vergüenza en diligencias y sillas de posta, sin siquiera tener conciencia de los nuevos medios de locomoción.*

Amén.



*WHARTON, Edith, El vicio de la lectura, José J. de Olañeta, Mallorca, 2011.


[Fotos miñas: celebración de 2 anos de Grupo de lectura, e preciosa pintada dos Bike Punks capturada en Antón Martín co móbil... parece feita con tinta chinesa, pero era enorme nunha parede na rúa (Torrecilla del Leal) que sube á Santa Isabel da Filmoteca]

sábado, 5 de novembro de 2011

Poemiña de Pintalabios, vémonos o mércores en Compostela!



MESTIZA
*
Agora que tita durme
a x millas da túa casa
¿peco de encaixe ou de drama?
*
Sobre min a tormenta de ser dúas:
¿galega ou latina?
¿da cámara ou da pluma?
*
Burbulliñas de rimel
co que afirmo a vida mestiza,
¿pecando de rouge ou de suicida?



Reseña de Vicente Araguas na Nordesía (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html

Reseña de Héitor Mera no Faro de Vigo (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/05/pintalabios-no-faro-da-cultura.html

Hotel Madrid, noite


















Ata hoxe non atopara esta marabillosa galería da okupación do Hotel Madrid, unha pasada...   [Diagonal]

venres, 4 de novembro de 2011

De volta ao Sol en Novembro


mañá a encher Sol a partir das sete como esta foto amosa que fixemos do 17 de maio até...
Axiña colgarei ligazóns da convocatoria, pero ide poñendo na axenda que aló nos vemos... causas non sobran, a primeira a inventada prohibición a manifestarse e congregarse dende xa até as (que se) eleccións! si, oh, como segamos por este camiño, as prohibicións, leis e ordes van depender ben do que ceen estes feísimos presidentes! como o Nemo cos seus pesadelos ás costas, pero ambientados non precisamente no mundo dos soños...



mércores, 2 de novembro de 2011

A vida en Niflheim (Lola Robles en Comunes)

Aquí vai o programa Comunes no que Lola Robles estivo convidada! eu tiven a sorte de vivila en directo! a desfrutala! Graaaazas Lady Quercus, belísima!!! E polos agasallos fanzineros e literarios tamén!!!

As Fortes



Non vos parece guachi? se souberades a obsesión que esta pequena ten con este teatro madmeniano e o difícil que foi ver á Betty de negro, estaríades comigo, jajajaja! 
[As que os sabedes, pois xa a cachón riredes, ;D]

Traballar por conta allea

- ¡Eh... mira quién ha vuelto... hermanita,  pero mirala... qué calentita estás...!
(mirándolle o traxe)

- ¡qué elegante!... ¿a quién te has tirado a Dolce y Gabbana?

- Le dejé hacérmelo a los dos... Ojalá L. escuchara esto...

-¿Quién es L.?

- Es mi teniente, me odia...
(...)
- Fiuuu, nunca enfades a tu chulo!

- L. no es mi chulo...


-¿Te dice lo que tienes que hacer?
 ¿Y tú eres la que te arriesgas?
 ¿Te roba todo lo que ganas?
 ¡Pues es tu chulo, querida. Acabará contigo si le dejas!

- Ya os he dicho que no soy una maldita puta.

- Eh...¿Qué hay de malo en ser una puta?



[texto from Dexter... Preparando a Mani do 6!!! Collage roubo a odioelverano ou algo así... non lembro!]

Polpa-bytes


Grazas dende a polpa por rechear a enquisa do cabeceiro do blogue... nestes días voltará ao seu collage orixinal... muá


[foto miña]