domingo, 31 de xaneiro de 2016
Pureza : Plaxio
Etiquetas:
Amor,
Cine,
Punk Secreto,
Quentin Tarantino
venres, 29 de xaneiro de 2016
: HUEVO
Levo moito tempo escribindo unha longa carta de amor non correspondida. Non correspondida a miña ansia por levar a cabo esta xesta. Levo moito tempo soñando con escribir esa carta. Pero só teño unha caixiña mental de non-escritura, con todas esas verbas gravadas nunha tira de borrador de máquina de escribir pensamento. Logo topei o Zoo e quedei en branco. Logo pasaron dous anos e rematei uns días metida na que fora a miña casa - que deixei- na que estivera contigo, pasou isto: agora é un hotel e fun e metinme nela, para escribirche esa carta que nunca te chegará, rematala, facer, poder verte na distancia, e comprenderte, meu Capitán.
Contrariamente ao que debería ter acontecido como reposta, a orde no papel trouxo o caos á vida -de sempre- e puiden comprenderte, pero o traballo quedou sen facer. Por fin entendin quen eras: esguizando no amor atopeite persona fóra de min, da historia, do tempo, do océano, da nosa narrativa fou de punk extremo.
Topeite aí fóra na estructura na que as cousas funcionan sabendo quen eras máis novo ca min, descubrindo cómo finalmente non querías xogar ao camiño non-recto. Devir, devir, é a miña estación, o que non sabía é que a túa non era. Así que comprendín a túa decisión e comprendín o teu chauvinismo chileno, e comprendín o teu traballo na Moneda, e comprendín que quixeras raíz, e que quixeras pisar piso, e que quixeras idioma(prosodia non Conquistadora) e até comprendín que quixeras amala a ela: pequenaEstrañaeslavachilena. Pero sobre todo comprendín que necesitabas algo quentiño polas noites, sen mamá sempre se precisa algo quentiño que ten que ver coa música e o negro e o sexo e aquí volve ela -raíña da desinhibición-, comprendín que sobre todas as cousas tiña que ser algo coñecido, non por coñecer. Ningún golpe. Nin fóra de xogo. Algo non atopado de súpeto: non eu.
Entendín por qué te fuches, finalmente.
Por aquí, por estas terras, direiche que lles pasou a case todos os que me arrodeaban e se separaran das súas parellas daquela. Todos voltaron ao acubillo do que queimaba. Grazas a elas e a eles comprendín por fin o que che puido pasar a ti, e puiden separarme desta historia ao fin. A ver se agora podo escribir -e para qué, pero que o para non importa!- podo escribir unha carta de amor por tanto tempo autocensurada que xa si, se perda no océano, pechada nunha botella á deriva da miña vida sempre cara adiante, Capitán Sangre, eu sempre cara adiante, sen programa- xa sabes- navego/ surfeo/floto sen chegar nunca a terra firme, sen peros.
Cecais agora, así, crendo na viaxe sen final do noso encontro, e crendo no camiño en si, poida eu ser quen de tintar esta carta -para qué-, que ti xa sabes que comeza e remata cunha mesma verba:
a i n d a q u e
x a n o n d i g n i f i q u e n a d a
p o d e m o s d i c i r h u e v o
p e r o x a n o n s i g n i f i c a t e q u i e r o
Cecais agora, así, crendo na viaxe sen final do noso encontro, e crendo no camiño en si, poida eu ser quen de tintar esta carta -para qué-, que ti xa sabes que comeza e remata cunha mesma verba:
a i n d a q u e
x a n o n d i g n i f i q u e n a d a
p o d e m o s d i c i r h u e v o
p e r o x a n o n s i g n i f i c a t e q u i e r o
O meu proxecto érao porque tiña que ver co baixón físico e a absoluta certeza de ter gañado e telo perdido todo nun palpabrexo foi o océano cegando ao sol, agora arrástrome pola lama e nese intre son feliz
Me había levantado temprano y vi los obreros que llegaban a la obra con un sol magnífico. Te habría gustado ver el aspecto particular de ese río de personajes negros, grandes y pequeños, primero en la calle estrecha, donde había un poco de sol, y luego en la obra. Después desayuné un trozo de pan seco y un vaso de cerveza; es lo que Dickens recomienda a los que están a punto de suicidarse, como particularmente indicado para alejarlos de su proyecto todavía un tiempo. Y aunque no se esté del todo en la disposición de espíritu, es bueno hacerlo de tiempo en tiempo, pensando en el cuadro de Rembrandt Los peregrinos de Emaús
Van Gogh, o 18 de Agosto de 1877
Cómo fará Cristo para revelarse
seguro que el coñece os segredos de Atacama:
cómo viaxar na luz
do máis profundo do deserto ao negro do universo;
non quero salgar nada máis con isto que digo
onte enfiei con Jul. agullas coas que non sei coser
si, a min tamén me gustaría falar sen persoas, I.:
ser non unha primeira, tampouco ser a última
mírote por iso que ti fas tan ben escribir sen falar...
e dito isto voilà! como di Joyce: pase o que pase o mellor é largarse
adiós! adiós! bye bye, au revoir!
[Cita: 2013- Texto:2016]
Etiquetas:
Capitán sangre,
Chile,
Deserto,
Deus,
Grábame un sueño,
Poema,
Punk Secreto,
Soños,
Soños de fresa,
Virus
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Compréndoo todo
pero non me adapto
respeto sen rechistar
nunca obedezo
pero non me adapto
respeto sen rechistar
nunca obedezo
Etiquetas:
Desobediencia,
Notas a pé de máquina,
Poema,
Virus
mércores, 27 de xaneiro de 2016
M dr d _______________------__ ai!/aí
Etiquetas:
Autorretrato,
Cidade,
Diario,
Madrid,
Poema
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)