luns, 24 de agosto de 2015

Anel de pedida



Algún día se irán a pique juntos
y juntos descansarán sus cuerpos para siempre.
Habrá unos pocos aflijidos,
para la ley será un alivio,
pero para Bonnie & Clyde será la muerte.

Bonnie Parker 



Fala Humbert Humbert:

Roubarcho todo,
o que levas por dentro e o que levas por fóra.
Vestirme de ti, que non sabes quen es
azul ou rosa.

Roubarche as posibilidades para darche seguridade
pedíndote,
permiso que te cega máis do que estás.

Choverá arroz,
si, despois.

Serei a que resiste
dentro da nube de diamante
non terás que decantarte. 

Choverá arroz,
si, despois.
*
Sairá o arco
da vella, si,
iso é o que son.


luns, 10 de agosto de 2015

Liana Sophia Ever. Inspiración collage (de moda)




Liana Sophia Ever

Como a modo unha mazá no escuro



Sempre que non teño nada pendente soño que como unha mazá. Case nunca me acordo dos soños. Salvo entre Burocracias pendentes Cambio de casa Cambio de traballo Saúde tremendo Corazón en desorde... nas que si soño con todas elas revoltas. Salvo nestas ocasións simplemente soño que como unha mazá a modo. O resto dos meus soños prácidos desaparecen sen deixar rastro como se mesmo non existisen máis que dous estadios dentro de min: o de arder e o de miralo todo a través do escuro da noite.



martes, 4 de agosto de 2015

A poesía do ser


No olvidéis que yo no puedo verme, que mi papel se limita a ser el que mira el espejo.

Jacques Rigaut
 

Escribo en secreto sobre a adolescencia, pero só amoso públicamente a poesía do ser, o que escribo non sobre ela, senón desde ela. O que imaxino mentres sinto cómo o branco e o vermello o devoran todo.

luns, 3 de agosto de 2015

To read


To read a novel is a complex and difficult art.
 
 Maryanne Wolf