domingo, 22 de febreiro de 2015

Amizade


In my country, friendship is everything
De Half Moon Street / Calle de la Media Luna
(Bob Swan, 1986)

xoves, 5 de febreiro de 2015

Un fío conductor para un día longo, duro e nevado

Ista (escoitar aquí) é a fermosa canción que atravesou o meu día hoxe. 
É de David Haller, do último disco que sacou fai unhas semanas co músico asturiano Kyuzu (Ambidiestra Records).
Se vos gusta, podedes ver a David en Madrid este domingo 8 de Febreiro no Café Molar a media mañá, un plan lindo de día de rastro. Seica tocará temas do seu proxecto David Haller e tamén doutro que ten entre mans: Cinsa marabillosa (Si, o b de marabillosa é porque o nome é en galego ;)
Tamén tocarán os divertidos Gudar e Ran Ran Ran. E Lento, un proxecto ó que todavía non teño escoitado.