mércores, 19 de marzo de 2014

O 21 de Marzo son Alda Merini


A primavera vén con forza. Se a semana pasada estiven na Casa de Galicia en Madrid, lendo poemas propios e terribélmente ben acompañada por Yolanda López e Luz Pichel, esta semana, o venres 21 de marzo, estarei apoiando a celebración do día da poesía, nun recital organizado por Vaso roto na Central de Callao (Madrid). Unha orixinal homenaxe á poesía italiana, de longa raigame, na que Juan Carlos RECHE, Jordi DOCE e máis eu recitaremos á incrible Alda Merini, ó interesantísimo Andrea Zanzotto, a Luigi Ballerini e Giovanni Raboni.


Máis información aquí.