xoves, 29 de marzo de 2012

Ideal de idea

Se non seguimos coa folga salvaxe máis aló, nun mesiños seremos este traballador ideal... e ollo ao que non pense o mesmo... calidiñx terá que andar...polo de xa, mañá... nada!
sen nós non se move o mundo.
que ganen os seus cartiños eles mesmos. 
que se deixen de administrar os nosos corpos  (de producción)
puag!

luns, 26 de marzo de 2012

sábado, 24 de marzo de 2012

Odiar, Loitar, Cambiar

"Si de todas formas vamos a morir, yo prefiero morir luchando, ven a mi Gmork, yo soy Atreyu"

Michael ENDE, La Historia Interminable


domingo, 18 de marzo de 2012

N.N. ou o paxaro de sushi...

Ahhhhhhhhhh, Natasha Nanou volve aparecer. Hai persoas ás que non coñecemos de nada pero polas que sentimos unha atracción irremediábel... (véxase o soño que tiven eu hoxe, pero ista é outra historia). Quero saber o que fai, o que fala (con boa razón, debe falar 4 ou 5 idiomas xa antes do xaponés) e sobre todo cómo evoluciona como artista!
Aquí volve reaparecer nas fotos e para morriñentas coma min sempre nos quedará frosk.org, mentres a manteña na rede...

Ahhhh!!!, Natasha Nanou reaparece. Hay personas a las que no conocemos pero sentimos por ellas una irremediable atracción... Quiero saber lo que hace, lo que habla (ya unos 5 idiomas?), pero sobre todo quiero ver cómo evoluciona como artista.
Aquí vuelve a mí en las fotos, ha dejado casi de hacerse autorretratos, después de la crisis del color o de la crítica anorexia... siempre nos quedará su época exhuberante en frosk.org, ais...! 




 [fotos dela, moito máis aquí]

xoves, 15 de marzo de 2012

U t o p í a V i s í b e l

Facer feliz a quen me fai feliz e ir facendo con calma pero sen pausa o lento traballo pacífico do progreso do pensamento. Para que a utopía teña o seu lugar neste mundo, hai que seguir soñando e proclamar o soño: ese é o deber dun poeta. 


Olga Novo

Literatura libre


Armando Requeixo: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
Olga Novo: Valoración supón clasificación. Clasificación supón xerarquía. Xerarquía supón orde. E orde supón poder. Que o futuro fale de nós se debe falar, eu prefiro vivir o presente con amor, ler con xenerosa pluralidade e crear con liberdade.

Máis, aquí

luns, 12 de marzo de 2012

luns, 5 de marzo de 2012

Esa obsesión, Capitán...

O outro día no Nasti levamos unha boa sorpresa, entre outras marabillas (Villaroel , Arponera...) apareceu o Capitán. Coa súa voz sonora, profunda, a súa cara de neno obsesionado, a súa escuridade palpexante (latexante de pálpebras), falando dunha fronteira que nos gusta. Namorei ao instante.
Non atopo algo bonito para colgalo así que teredes que subirvos á nube e viaxar nela como se dunha enorme e asasina balea branca se tratara. 


Canción do 78 tan actual que da medo!

ha ha ha ha!

dj spirit! e adicatoria extra!

jajaja

P de...

sábado, 3 de marzo de 2012

Sen ti / Sin ti



Mañá ás cegas. Ollos tapados, pelo negro.
Espéranos unha bolsiña con nomes elexidos ao chou ou por deus.
As posturas daránsenos mellor se xa nos chiscamos o ollo algunha ves antes.
Non te namores, besbeséllame ela, lennos os beizos ás agachadas.
Nada diso, eu xa non miro de esguello,
o sol de fronte, nin importa a cegueira,
a suor é a nosa estrada:
luvas-máscara-cordas,
carozo afumado con cinta,
onde vai iso que dis da primeira vez!


Mañana revueltas a ciegas. Ojos tapados, pelo negro.
Nos espera una bolsita con nombres elegidos al azar o por dios.
¿ Se nos darán mejor las posturas si nos hemos guiñado el ojo alguna vez?
No te enamores, me dice ella mientras nos leen los labios de puntillas.
No te preocupes, yo ya no vivo de perfil,
el sol de frente y no importa la ceguera,
el sudor es la carretera:
guantes - máscaras - cuerdas
manzana corrida.
Lejos, la primera vez.








Unique

einzigartig.


Je suis.  
Dixo, chamoume ela.