[da Ópera dos tres reais -verso-. Foto:FYF]
sábado, 30 de xullo de 2011
Desobediente
Esquecín aquilo de portarse ben
A miña escena favorita, da Ópera dos tres reás que interpreta estes días o Centro Dramático Galego en Madrid, coas bolboretas, coa textura das plumas, revoándoa a ela (cal ás de cupido ceibes) mentres dí de moi distintos xeitos sempre o mesmo: non, non, non.
xoves, 28 de xullo de 2011
mércores, 27 de xullo de 2011
Azul para o Ken
El otro día tomamos la Gran Vía y hoy ya es nuestra
dun Twitter, hell yeah!
Por que adoran á pasma? non o entendo!
Por que queren convertila? salvala? uhhhhh!
por que imos ó congreso cando ós que interpelamos non están?
como moscas á luz imos ir visitar outra vez a esas columnas odiosas -de cheas de odio- azuis?
hell no! que nos persigan eles!
Por que adoran á pasma? non o entendo!
Por que queren convertila? salvala? uhhhhh!
por que imos ó congreso cando ós que interpelamos non están?
como moscas á luz imos ir visitar outra vez a esas columnas odiosas -de cheas de odio- azuis?
hell no! que nos persigan eles!
de varias conversas hoxe
Non sei como a xente pode falar, interpelar, querer algo ou simplemente nomear a esa Violencia representada en persoas ¿?. Non era que non nos representan? pois tampouco os representan a eles. Son unha barreira, unha fronteira, un escudo, un casco, un muro duro contra o que queren que nos deamos. Que mandan a alguén calar a nosa boca (infiltrados, para a casa!)? que veñan eles! Que mandan a estes para que nos fagamos dano dándonos contra unha parede, lisa, negra -azulmarino que para o caso ben sendo o mesmo, hum...ou non o será? case todos nós imos de negro... hum!- con pinchos, con desprezo! Que veñan eles.
Que baixen dos carísimos coches, seica esta xente á que lle pagamos un soldazo e os un e mil coches que teñen, non saben andar a pé? non, non saben. Que se poñan tirantes, porque seica esta xente que se refuxia dun aire acondicionado noutro, non sinte a calor? non, non a sinte. Que suen. Que ulan a rúa, o sudor e o asfalto, que manchen o cuciño sentando no chan -ás veces hai herbiña e pode ser unha experiencia levar para a casa unha mancha no pantalón que ó mellor ten forma de nube, raios! é que esta xente non soña? non, non soña. Os soños deben estar nos libros infantís dos seus pequenos -eses riquísimos nenos que tamén teñen que ser protexidos da vida e da xente, é que esta xente fixo algo mal para ter que vivir en guetos e ter que escondernse de nós? si, si fixeron!
Que baixen dos carísimos coches, seica esta xente á que lle pagamos un soldazo e os un e mil coches que teñen, non saben andar a pé? non, non saben. Que se poñan tirantes, porque seica esta xente que se refuxia dun aire acondicionado noutro, non sinte a calor? non, non a sinte. Que suen. Que ulan a rúa, o sudor e o asfalto, que manchen o cuciño sentando no chan -ás veces hai herbiña e pode ser unha experiencia levar para a casa unha mancha no pantalón que ó mellor ten forma de nube, raios! é que esta xente non soña? non, non soña. Os soños deben estar nos libros infantís dos seus pequenos -eses riquísimos nenos que tamén teñen que ser protexidos da vida e da xente, é que esta xente fixo algo mal para ter que vivir en guetos e ter que escondernse de nós? si, si fixeron!
Non quero nin oir falar desas columnas -volvendo ó azul- que así como respirar reparten labazadas como función laboral. puag! Non había un xoguetiño canda nenas que cando se lle daba aos botóns a cada lado dunha base saía disparado un paiaso que se abaneaba adiante e atrás? Pois así vexo eu a estes Kenes (si, de Barbie e Ken) do terror, a este exército do medo, só que no lugar de xogar a voar, reparten LECHES a quen se poña diante, puig, puig, puig, adiante e atrás. Con máis ganas, canta máis rasta apareza, nada, pura deformación profesional! gajes del oficio! puag! E xa está. Non penso volver falar disto... que iso é o que queren: atrapar a atención sobre o non-traballo / non-rendemento dos políticos, para que quedemos falando da forma, con carraxe ou medo. Que comecemos a sentir os un, dous, tres, centos, milleiros, millóns de golpes que imos recibir...puag!, díxeno xa?
[Foto: A Gran vía fai un par de horas, manifestación espontánea, dende a concentración no Prado contra o "desaloxo" violento das marchas acampadas no Prado desta mañá, marchamos pola rúa - cortándoa- ata sol! Agora de volta para o congreso... ISTO NON SE PARA!!! Algúns xa seguiron a marcha rumbo a Bruselas!!! // A segunda foto é brutalísima, unha verdade como unha casa!]
WE FIGHT BACK!
I'm in training! Watch Out!
A miña acción favorita de tódolos tempos, despois das de Mendieta, que foron as primeiras, as que me empurraron pola porta da arte, é In mourning and in Rage de Suzanne Lacy. Vin o video que expuxo o CGAC canda a expo de arte feminista no 2008 (creo que foi) e algo fixo click dentro de min. Sexa polo que sexa, tódolos meus clicks vitáis veñen da arte. O da lingua(XXe), o da profesión, os ideolóxicos viñeron pola arte, a acción tamén veu pola arte. Agora que xa se está a falar en grupo, nun grupo no que non me sinto -demasiada Dirección
Los Angeles waited in suspense as each new victim of the Hillside Strangler was broadcast on the evenings news. Ten womens lives were sensationalized in a media frenzy, contributing to a climate of fear. In Mourning and In Rage was a performance to offer a feminist analysis of violence in the media itself. Participants from the Womans Building, the Rape Hotline Alliance, and City Council joined with the feminist community and family of the victims in creating a public ritual that was covered by all local news stations and is considered a model for media intervention through public art. A performance by Suzanne Lacy and Leslie Labowitz, Los Angeles, 1977
[foto roubada a da fogueira e a do bico, a terceira é da performance In mourning and in Rage]
***
Sobre Suzanne Lacy e o contexto no que se formou e seguiu traballando:
esta foto é de Three weeks in May
martes, 26 de xullo de 2011
Remotas
[Ás veces síntome pequeniña, pequena. Hoxe síntome grande!]
"Puidera cecais terte abraiado con extraños contos inverosímiles"
unha cita de Viaxes por varias nacións remotas do mundo. En catro partes.Por Lemuel Gulliver, primeiro ciruxano e logo capitán de varios navíos.
máis coñecido como As viaxes de Gulliver
PLP é amor!
Que diferenza ter dous días de descanso a ter un, e ter tres a ter dous. Esta fin de puidemos ver unha peli (un docu trans do máis interesante, do que xa vos falarei), manifestarnos (cuspir e celebrar), conspirar, querernos e reivindicar as rúas e as súas accións de noite, como nosas!
Máis punki orgullosa, e tan namorada coma esta primavera (menuda asamblea a de hoxe!) a fin de semana foi inolvidábel!
[unha amiga minha disfrazada de punk canda nena!]
luns, 25 de xullo de 2011
A mellor pregunta
Roubada a nn no seu sushibird, que tía! cando semella desintegrarse coa paisaxe do seu amado Xapón e nos estampados imposíbels dos riquísimos sushies, aparece cunha destas... por iso nunca deixo de seguila. Sego ademáis no seu espírito de fai algo belo cada día, de sempre! Iuuuuuujjjjjjjjjuuuuuuuuuuu!
Secret Sex ou XX Files
Seica moita xente ten unha axenda escondida, unha axenda de por vida cun tácito acordo de vidas separadas e encontros pouco comprometidos, moi compremetedores. Os do uniforme azul, como non, tamén. IIIIjjjjjjjjjjjjjaaaaaaaaaaaaa!
a axenda das GTO's era do máis animada! D-I-V-E-R-S-I-F-I-C-A-C-I-Ó-N, tomamos nota!
non imos dicir que a revolución non engordou os nosos contactos!
unha birra antes de que chegue el[a]
pulsando as teclas axeitadas, marcando o seu número...
troupe axendada!
[fotos: rederoubos agás a da teclista q é de antíaotero e a da bebedora q é dunha artista americana]
Uniforme azul
Nada das colexialas aplicadas que poboaron a miña infancia, como me poñen estes uniformes! iiija
Só tes que achegarte ó congreso, haxa dentro actividade política ou non, sexa de día ou de noite, e aló atopas ó obxecto de desexo, a moreas... mmmm... http://twitpic.com/5vbbfy
Só tes que achegarte ó congreso, haxa dentro actividade política ou non, sexa de día ou de noite, e aló atopas ó obxecto de desexo, a moreas... mmmm... http://twitpic.com/5vbbfy
domingo, 24 de xullo de 2011
Que noite, que fin de, que verán, que vida!
Eu tampouco quero ser unha cabeza!
jeje. di Eduardo Galeano que o entusiasmo é unha vitamina E. Eu estou recheíña desa vitamina, sempre o estiven, e a praza da miña cidade tamén. Gur nite, belxs! Jo! que noite!
jeje. di Eduardo Galeano que o entusiasmo é unha vitamina E. Eu estou recheíña desa vitamina, sempre o estiven, e a praza da miña cidade tamén. Gur nite, belxs! Jo! que noite!
Fascinada me ten a xente que vén camiñando que para en cada pobo, que pregunta que busca as necesidades, os problemas e as propostas de cada pobo, e en cada pobo atopa case o mesmo, xente resignada, algunha indigada a que o goberno municipal de turno non lles axude ao cultivo, ou á auga potable, ou á venda do producto da súa colleita e nembargantes o traia de fóra... así estamos. Pero mañá todo iso será posto en común e trazaranse estratexias para seguir traballando. Como di o fermoso cartaz que botaron sobre a enorme publicidade de sol no edificio fronte a torre do reloxio: outro mundo é posíbel! iso nós requetesabémolo, só temos que ver cómo lles sacamos o poder de facer o que queiran connosco e co noso!
aquí seguimos, hoxe festa de benvida, mañá a traballar!
foto: el país
10h I Asamblea Inter-regional de Comisiones y Grupos de Trabajo de Salud/Sanidad, en el callejón de las cadenas (c/ Alcalá semiesquina con Sol). 11-14.30 Asamblea de Estrategias, para debatir maneras de conseguir que se realicen las propuestas generadas en las acampadas y proponer cómo realizar un calendario de actuaciones a corto plazo, ver propuesta de Acampada Granada. En el Palacio de Cristal (Retiro).
12h Reunión de la comisión de Propuestas de Sol con todas las comisiones o grupos que estén recogiendo propuestas en acampadas o marchas, en el punto de Info de la Puerta del Sol.
18.30 Manifestación desde Atocha hasta la Puerta del Sol. El lema de la cabecera está siendo consensuado entre las personas que vienen caminado (la fecha y hora también ha sido consensuada por ellas). [La Asamblea Popular de Madrid ha sido aplazada hasta el domingo 31, más info aquí] 21.30-23h Asamblea Inter-regional de Dinamización (Paseo del Prado)
A chegada dxs extremeñxs!
Fotograma da noite, doutra noite
sábado, 23 de xullo de 2011
"El capitalismo se derrumba porque se ha terminado"
Vai rematar, vai remataaaaarrrrrrrrrrrr... (xa rematou, xa rematou...)
Así estaba Sol onte á noite. Moita xente traballaba montando as estructuras para recibir ás marchas, emoción! Aquí unhas fotiños por fóra da estructura do punto de información!
Información para hoxe aquí! citas ineludíbels, a asamblea de relatos das marchas de hoxe ás 21 e a nova macro mani de mañá ás 18.30! difundide!
...as marchas están chegando, hurra!
algun(ha)s indígnanse fronte á Moncloa, iupi!!!
"Debe un nariz estrañar a sequidade?"
Fai un ano o mes de Maio tamén foi unha mudanza. Belo, inprescindíbel, difícil.
¿Pódese fumar a negación coa boca seca?
¿Debe un nariz extrañar a secura?
¿Morre o teu desexo cando xoga?
Versos rabiscados en servilletas no Cabaret Voltaire e recollidos no Manifiesto Dadá de Tristan Tzara editado por ANAGAL no 2007; fotos: minhas.
venres, 22 de xullo de 2011
Só de chanzos está feito o camiño. M-talá. a resposta a tantas cousas
cando me dispoño a escrever isto abro o correo. Atopo a unha morea de azafatas vermellas. Digo unha morea sen saber se na miña lingua significa o que quero. Sen saber se morea podo usalo para humanas, quero dicir e sei que todxs xs galegxs me entenden e cecais os de outras latitudes, pero os de aqui preto len isto como len pensan na poesía. Coa mesma distancia, co mesmo prexuizo desprestixiado na invisibilidade que nos leva a afirmar que non somos racistas, por exemplo. Si, non viñemos a cabalo dun unicornio como a nena de provincias que desaparece do panorama poético nacional (espanhol) igual que vén fulminante e ensoñadamente. Non viñemos pra quedar nunca e niso radica a nosa valentía: non valemos nada, os nomes e apelidos non nos casan porque non van acompañados dunha chequeira -única gloria do noso tempo- nin dunhas relacións máis duradeiras nin dunha clase de recoñecemento - de volta como estamos dos acontecementos-. Si, eu que cría que había algo belo, algo intenso en mudarse de cidade por un poema, por unha pel. Eu que cría na linguaxe que relaciona a puta poesía coa puta intensidade da deconstruída linguaxe informática -mínima expresión do acontecer das nosas veas- eu que cría en que tódalas estrelas da noite, desta noite poderían brillar a un tempo, agora vexo que non, que non, que é o que ti digas - incrédula- que é o que ti consomas - nena brancuxenta- que é o que ti desvías - parva, odiosa intensa-. Puag, durmo revolta por me roubar o soño, por igoalar esta palavra que adormece á que nos leva intensamente, son(h)o, e ódiote, ódiote de veras, mentres adormezo entre versos que me separan do equilibrio do teu cerebro -que fuxe das miñas tatuaxes- do eléctrico, do que para a mercar tabaco nalgures e cando lle din que non sinte ganas de pegarche nos pés traslúcidos, e ódiote, ódiote cando te miro completamente abraiada, mentres metes a chave correndo, soñando liscando para que eu nin berre, non diga, nin desexe.
foto: un poema non como outro calquera. Sexamos brancas, mintámoslle ó certo...
ou mellor pensado, segue a ser branca ti, eu serei in.tensa...
xoves, 21 de xullo de 2011
Pregunta
My understanding of queer is a term that desires that you don’t have to present an identity card before entering a meeting. Heterosexuals can join the queer movement. Bisexuals can join the queer movement. Queer is not being lesbian. Queer is not being gay. It is an argument against lesbian specificity: that if I am a lesbian I have to desire in a certain way. Or if I am a gay I have to desire in a certain way. Queer is an argument against certain normativity, what a proper lesbian or gay identity is.
— Judith Butler, The Desire for Philosophy: An Interview with Judith Butler
Iso é, nin norma nin dunha beira nin doutra, e máis ben bailes entre as dúas, destruíndo as fronteiras ás veces debuxadas, ás veces construídas con cemento e pedra!
mércores, 20 de xullo de 2011
Todos deberíades caer, como o sistema cae
oito da manhá. deshaucio en Pueblo Nuevo. barrio tomado pola policía, dinme por teléfono. o sistema cae. o banco pide reforzo apoio policial téñeno todo. unha señora e o seu fillo - e filla, á rúa. Consello dos servicios sociais: marche a un albergue. A policía baixa dos furgós con cascos. Eu ao traballo. O sistema que cae está no barrio onde está el. Que bonito este sistema. O que se cae. O que queren soster con todo o medo do mundo. O que queren soster co terror. Coa imaxe dos candidatos facendo o que sexa cada día nos diarios. Para que a súa imaxe se nos meta na mente. Nada de Marguerite Duras. Nada do yonki de Burroghs. Nada de Maria Tatar dándonos esperanza ás desesperanzadas polos contos de fadas. Nada de Alison Benchdel. Nada da Lispector filosofando sobre o outro estado mental no que vivirRESISTIR. Nada de poesía. Ningún aloumiño. Isto, caros, está a pasar sen o voso permiso. Que o sistema se cae. Que somos todas listas, feministas. Que cada vez estamos máis preto os uns das outras. Que contra o amor non podedes. Isto, cascos, está a pasar sen o voso innecesario permiso. E deshauciar desahuciaredes, pero xa nos ocupamos nós de non mercar máis casas. De non pagar a máis bancos. De non engraxar máis a engranaxe. Abortar é unha obriga. Unha necesidade fonda. Un desafío.* Tédes os días contados.
Así volo digo, soaviño como esta fermosísima canción...
Ah, e unha despedida como ao final dos deshaucios: SÍ SE PUEDE...
despois do deshaucio, un pouquiño de empoderamento... non foi posible que quedaran na casa que estaba paga (deshaucio por servires de aval a outra persoa... e débeda de 200 mil...), pero aí seguimos, algo cambia´ra, iso seguro...
*YC dixo, e qué ben dixo...
martes, 19 de xullo de 2011
SG
para L., ela sabe por qué
[roubo a rookiestyle! Na primeira hai fotogramas das Virxes suicidas, na segunda fiestra están a pj favorita de mociña, as violent femmes, o primeiro grupo queseRIOT q escoitei, as HOLE e that dog que non coñezo, pero cuxa capa ilustra o perdidas que estabamos]
...a noite que fomos modernas, a noite que fomos máis que amigas, a noite que lembramos que nós tamén fomos suicideGrrrls. Si, que tamén loitamos por non destruirnos, e que aínda que nos disfrazamos de nenasmodernasdevinteanosquemedranpúblicamentesendoescritoraspopulareseexhibicionistasdemáis para lembrármonos lembrando como eramos a esa dura idade, seguimos sendo nós, hoxe aquí, baixo a luz rosa do noso bar favorito, onde nos coñecemos, onde nos desexamos o mellor, aquí, esta noite, disfrazadas, pero máis nós mesmas ca nunca, á fin salvadas, á fin lonxe de ese desacougo postadolescente-ese nomearse dende fóra-; baixo esta luz rosa somos xa só suicidas amando na literatura ás grandes. Pero na vida, na vida, somos fortes, somos listas somos todas... jeje máisqueamigas!
[fotos: xogando a unha segunda adolescencia desnortada!]
domingo, 17 de xullo de 2011
Róubame o reflexo!
Que bonita a idea de vernos dende outros ollos e gustarnos e querernos. Que bonito que me vexan como unha espía con cámara que ás veces está onde suceden fermosísimas imaxes, onde acontece a Vida Violenta. A salvaxe, a de queima os cartos e baila, a de a nosa Venganza é ser felices. Iso é: V de Vendetta.
Dime que esas fotos marabillosas que vou deixando neste papel dixital, son faragullas miñas e non podo máis que sorrir por dentro: a letra pequena ás veces non queremos vela. Onde eu digo fotoroubo ela le asina: a que escreve. Que triste ás veces ter que vernos dende os cristais colorados da outra para querernos intensamente. Nomearnos dende a que nos respeta (¿?) para coidarnos máis -desfrutándoo- unha fin de semana -por exemplo- na que xs amigxs están fóra da cidade, unha delas por aquí anda pero como se non estivera... Que ben, que belo recuperar os lentes favoritos canda nena, en forma de corazón e volver ser eu primeiro dende os iris dela... en realidade dende este meu único iris, salvaxe, no mesmo centro da pantalliña que a fronte, e a noite -esta bocado de noite que paso con ela-, enmarca e pecha.
[fotoroubos a fuckyeahfemmes, agás leela que a atopei na maraña da rede]
Unha cita do 2010. o noso propóstito é ser felices
...el conquistado quiere estar encima del caballo. (...) están mudos y muertos. Nosotras queremos estar vivas y ser felices en la lucha. MARÍA GALINDO.
[roubo a fuckyeahfemmes!]
venres, 15 de xullo de 2011
Drag King caseiro!
[Fotos: autorretratos travestidos; video: no cuarto a carón de onde está a ensaiar atomizador (fermosísima versión de On Some Far Away Beach de Brian Eno, non si? incrible que sexa ensaio, parece grabación agora que vexo o video!) remato a miña sesión drag kingiana...]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)