sábado, 20 de marzo de 2010
Manchas, manchas...
Novo blog do artista HAZ, agora xa non hai que surfear entre as edicións e as reseñiñas ilustradas do blog do seu selo AFEITE AL PERRO para desfrutar da súa arte salvaxe estoupatestas!
venres, 19 de marzo de 2010
Pola kultura que me pre-okupa
[Contexto: el país chama a SUDOR]
-"sentímolo, non damos entrevistas a medios do réxime"
-"de que réxime falas? sodes fascistas?"
-"do réxime democrático! nooon, somos anarquistas!!!
Héctor de SUDOR.
O comezo do ano botóuseme enriba, pero nun boísimo sentido: viaxes a Barcelona e Gernika, a tocar e recitar, cambio de zulo, traduccións, buscas, caídas, colaboracións collageras e literarias, noites urbanas, lazos interprovinciais&inter-nacionais e amor, moito amor.
Amor por xente que quere, que cree que a cultura non é (só) a que se vende, non é só a de quen coñecemos a quen a asina, é a que non subestima a quen a recibe e sobre todo é a que creamos nós (sexamos quen sexamos) a que tecemos, a que non depende -nin de cartos, nin de discursos que limpen a nosa voz: ás veces bonita e ás veces incómoda, ás veces amorosa e ás veces de odio!-.
[este latexo está adicado a Pablo tempusfugit Leire e a Ibon semanadelapoesiaGernika e kafeaetagalletak, a Pablo, a Regly e a Kike e Fidel fuckthe bastards e rebeldessinsombra e tratamientodeshock, a Vicente (Muñoz Álvarez) e a David (González), a Emma (Pedreira), a Teresa (Seara), a Dores (Tembrás), a Xavier (Frías), a Jose afeitealperro e a Lola(Fernández de Sevilla)& b. m.a.l.a.s... e tamén a tod@s os que van con pés de chumbo connosco por ser explícitas nisto, nós querémosvos igual!!!
[hai moitas máis, pero estas son as que okuparon os meus días estes últimos 3 meses...]
Un bico para todas!!!
Que viva a kultura!
Aquí vos deixo un hinmo punk dos citados sudor: "qué más te da" (si no sabes tocar)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)