
Atopar este libro é como abrir un tesouro. Abrir o cofre é achegarse a unha escrita de diario, isto é aberta, directa, dende a polpa. Axuda moitísimo a edición en roxo negro e branco e a fotiño sincera dela. Dez días nun manicomio convértese nunha testemuña directa froito desta aventura de xornalismo encuberto. Déixovos aquí un enlace a unha reseña a fondo: fiíño do que tirar por esta pioneira que co seu libro que axudou a cambiar a realidade dos psiquiátricos de Nova York.
