luns, 4 de abril de 2016



En cada unha das súas salas hai unha grande TV.
Todo o que a min me gusta está fóra da casa.
...Patinar en vez de escreber.



domingo, 3 de abril de 2016





Ela di, non é unha cuestión do instante é unha cuestión de actitude, cando lle falo do primeiro plano do tempo, na angustia. É o instante o que afoga? Responde




Ela: a vida resúltame insoportábel, a miña vida,
pero chega a gustarme, sopórtoa por contraste.

Eu: Por contraste, por demostración ou comparción, queres dicir?

Ela: por contraste, por constraste.

El: quere dicir por comparación.

Eu: no meu caso é por demostración.