xoves, 3 de xaneiro de 2013

(Fake) Geek Grrl

Para qué serve a tecnoloxía?
Aproveitando que me mudaba de casa, de que aló non había rede tentei vivir estes últimos meses, a metade do 2012 sen conexión. A experiencia ten cousas moi boas: o tempo se alonga, os discos e os libros veñen a ti, a tarde é silenciosa e volves mirar de fronte o sol. Pero tamén te desconectas de todo. A linguaxe xa non é a mesma, é moi difícil enteirarte de cenas e festas a tempo, de ledicias e recordos feitos foto, ninguén se lembra de enviarcho ao email agora que o email xa está no móvil e o app é o que o recebe e automáticamente o descarga ao teu disco duro, a ese cerebro novo que xa fai tempo que substituiu á memoria e os seus álbumes de fotos. 
As relacións coas persoas cambian, ti esfórzaste moito cos amigos e eles enléanse a través da rede; eles cabréanse porque ti non estás-non contestas e ti non entendes que vaian á casa correndo: poñer unha peli, ler o email, ligar chateando...
E logo están os proxectos artísticos, as colaboracións e ata publicacións, que desaparecen por completo. Fai un par de anos as redes sociais non libres, aínda eran mal vistas nos movementos sociais, agora é case un pecado non twittear os golpes da pasma, as manifestacións ilegais... 
E con respecto ao diario propio, ao blog, no que unha escreve, nin che conto... antes todo o pensaba para aquí, o vivido era axiña unha entradiña, tiña a foto, e por moita dor que pasase, estaba ben despois ver o resultado feito letra e carne de píxel, a pantalla enfriaba o meu lume sempre algo esaxerado, secaba as miñas bágoas demasiado fáciles... agora... agora non... sen pantalliña tamén tiven que aprender a non chorar. 

E as persoas que coñeces, as persoas que che gustan son outras, non son esas que están aí no seu facebook, no seu twitter, no seu cargo colective. Non son as do youtube e as fotos da festa da pasada noite. As persoas que te rodean son moito máis reservadas na vida, máis lentas -como antes- pero podes estar a un click de saber moito máis delas. De saber da súa linguaxe e do seu sexismo, de saber o xeito de relacionarse e se iso só o fai contigo... Supoño que rematou o tempo en que a sintaxe e o vocabulario que cada un/ha usa, significa algo: de ónde vén e por qué paga, cómo latexa de rápido ou se a súa paixón quedou na casa. Porque agora -aínda que sexas doutra xeración e saibas, e te fixes no xeito de falar das persoas, por moito que te achegues ao seu mundo (propio?)- a representación da realidade está detrás do telón, na imaxe líquida, o círculo baleiro... porque xa se constrúe a identidade antes de saber dela, e xa se teñen fórmulas para sermos lingüísticamente o que os demáis aí detrás, á volta, queremos que pensen que somos. Ou ista é só a miña percepción dende fóra? Ou seica non é o mesmo o disfraz, cando unha elixe ter varias personalidades na vida real? sdkaSJDKLAsjdaKSDJalskdjASDKasñl...
UFFFFFFFFFFFFFF, nin idea. 
Máis a única pregunta que quería facerme era... adaptareime eu xa, de novo, á conexión 24 horas?


[Fotos 1:...xogando; 2:  L. a deshora, como eu agora...]

mércores, 2 de xaneiro de 2013

Primavera-verán 2012


















"Nunca pensé que te odiaría tanto" ou Naufraxios elexidos



En la plaza de Israel

Ojalá nunca hubieras venido
así la noche tampoco habría pasado nunca.

Y ojalá no te hubieras quedado
así la mañana tampoco habría llegado nunca.

Ojalá no se hiciese nunca verano
así el verano estaría siempre acercándose.




Henrik Nordbrandt