venres, 9 de setembro de 2011

Trash, trash...




Hoxe perseguiremos no backstage a algunha grrrl politizada, a ladyfester bandmate dos meus soños e máis eu! uaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Seica por London, o esprito das Slits está máis viviño ca nunca, ollade! aló imos, gurls!

HALO HALO - MANANANGGAL from Jack Barraclough on Vimeo.


joe, ademáis a  R. de Ray Rumours e das Pulpas está nas súas filas!!!



[grazas, m. ;D!!!]

nenas brancas

son inmune ao silencio
xa pasei a enfermidade.

Zapatiño de cristal vs. Pés de chumbo

Cada vez acredito menos na maxia. Cada vez rebúscoa máis e creo menos nela. No estanco merca polos. No clube desfallece e logo di no hospital que faleceu. He fallecido, afirma afrancesada, contra a mirada alucinada da medico de guardia -nun hospital madrileño sería a ollada dunha R2 sen supervisión algunha-, e na zumería pide un batido de algodón. Eu cada vez penso menos na maxia, será ista merda de medrar, será a realidade das 40.000 horas de curro semanais, ou será a escrita que me devolve aos fíos que o atan todo pero tamén plasman unha arte que sen ordeala sería distorsión, psicoloxía barata, pésima poesía en renovación? Selos. Desfaiecer. Pexego, que foi melocotón.
Dixéchesme desequilibradas ou cal foi a verba que usaches para referirte a elas? estaban a Fleury, a Maillard, a Lispector, a Bachman a Woolf e por suposto a Duras. Estaba Nothomb abrindo as túas cartas e o marabilloso libro -xuras- O amor a Magdalena. Onde ela diría Karenina e Cumios Borrascosos, ti dixeches Stendahl: negro e vermello. Por suposto, as cores da nada e o todo. 
Pensei en María, pensei nese entusiasmo que tanto ten que ver cos fíos invisíbeis da vida, tan brillantes e prateados pra vosoutras, pensei na de tecidos marabillosos que constrúe Emma con todo iso relacionado coas conexións e o medo que a ata a un pasado remoto. E quéroa, respétoa, acéptoa para vós. Pero eu, eu xa non acredito na maxia, só para facer performance, para documentar algún estraño esconxuro ao Mendieta, para poder mover eses verbas esfiañadas cara a beira e deixar pasar a Realidade dentro, como a corrente contida por unha presa e se abre, e inunda de súpeto. Déixademe ver como se autoxestionan xs obreirxs nunha fábrica durante 2 anos!, deixádeme lendo, vendo caer as letras no meu pozo! Poros. Cal formigas que tanto fascinan ao islandés de intercambio, negras e vermellas como este rastro corrido de tódalas que non creron antes na maxia, e aprenderon Revolución.



 [absolutamente alucinante foto de Laura Muñoz Estellés]