venres, 26 de novembro de 2010

Saboroso abril

Traballando nun textiño sobre as xornadas Translittera que vai 5 anos que pasaron, pero seguen vivas e resplandecentes na miña memoria (grazas, Rafa X.!) púxenme a revisitar a pantalla galega e atopei entre outras moitas sorpresas estas dúas entrevistas ben substanciosas...
as que lles fan a  Inma López Silva e a Miguel Anxo Fernán-Vello no programa Vía Láctea! aquí volas deixo!

(Atención a partir do minuto 5 a de López Silva onde conta a fermosa historia de onde xurdiu a súa novela NEVE EN ABRIL, emocionante!!!)

FDAF! Gora 25N!

"Celebremos o que combatimos"





[dunha carta que me chegou o 25N!
a imaxe, d.p.; embaixo un poema meu sobre o tema! ]


*

MAPA DA CIDADE PROHIBIDA



Cada vez que penetramos nun punto negro do mapa

-aspas de sangue agoirando loitos-

imaxino un Los Ángeles sucio

un pobo profundo

un monte cheo de flores bonitas por todas partes

unha ruela allea.



Pero é á miña vida onde pode chegar a realidade

substituír ó medo

-este peso impreciso sen libro de instruccións-,

na capital Carapuchiña verterá a súa orquídea profana

ungüento orgánico extremadamente repulsivo

estendéndoo pola cara ata que o agresor fuxa

                                                                         de noxo

é neste bosque de cemento onde saca a pistola luar das bragas

vestindo despois un fermoso abrigo de pel de lobo

como soña Roald Dahl e sabe a historiA que tamén sucede

malia un tácito silencio de morte.



*




MAPA DE LA CIUDAD PROHIBIDA








Cada vez que penetramos un punto negro del mapa


-aspas de sangre prediciendo lutos-


imagino un Los Ángeles sucio


un pueblo profundo


un monte lleno de flores bonitas por todas partes


un callejón ajeno.






Pero es a mi vida adonde puede llegar la realidad


sustituir al miedo


-este peso impreciso sin libro de instrucciones-,


en la capital Caperucita derramará su orquídea profana


ungüento orgánico extremadamente repulsivo


extendiéndolo por la cara hasta que el agresor huya


                                                                                de asco


es en este bosque de cemento donde saca la pistola lunar de las bragas


vistiendo después un hermoso abrigo de piel de lobo


como sueña Roald Dahl y sabe la historiA que también sucede


pese a un tácito silencio de muerte.


 

ANA CIBEIRA     [Gracias Maitena!]

mércores, 24 de novembro de 2010

Chea de luz!

Todo un descubrimento, unha pedra preciosa a poesía de Luz Pichel, á que temos a sorte de ter aquí na cidade Mordor, Madrí.

a desfrutala!