venres, 8 de outubro de 2010

A flor máis bela

A conto de traballar no meu libriño...
 engado á entrada do outro día este fermoso poema da interesante FLORBELA ESPANCA. Toda unha descuberta deste último ano...
...a verdade é que atopala foi como atopar a MARÍA MARIÑO,  e fai anísimos a ROSALÍA DE CASTRO, unha revelación... onde estabas? pensamos mentres esvara a translúcida auga entre os nosos dedos converténdose nuna flor de lus ó caer... ai! Deixei o libriño no traballo, pero andarei arredor dela estes días para que a coñezades ou a degustedes de novo!

"Prometo e predigo a caída do corazón negro..."




A miña amiga Lola dí que "A campá de cristal" é como "O vixía no centeo", que a sombra da loucura poboa todo o libro nun caso explícitamente e no outro ás agachadas. Que a voz adolescente vai polo mesmo carreiro e algunha cousiña máis que eu que aínda o estou comezando non podo repetir con propiedade... "a diferenza é que O vixía... o lee todo o mundo e A campá... é verdadeiramente de culto", jeje, isto non importa tanto... pero fíxome pensar. Eu lin as batallas do Caufield no instituto e me flipou, claro que hai unha liña que sempre me separaba del... pero agora tremo lendo a "Victoria Lucas" (qué forte que ti decidas publicar un libro con seudónimo e 50 anos despois da túa morte nos petos dos abrigoslectores reloce un Sylvia Plath prateado enriba do título da (túa) historia, non si?) e penso se non sería mala idea comezalo en outono...
...Pero non hai xeito de librarse dela, cada Novembro non sei como, sen que me poda decatar nin preveer, sen chegar a decidir non abrir unha páxina para non atoparme con tanto sangue conxelado, Plath remata entre as miñas mans manchando a xeito de macabra homenaxe.



[Portadas: de "The Bell Jar" * título: un versiño meu!]

xoves, 7 de outubro de 2010