domingo, 29 de novembro de 2009

Último resorte!



Namorada!

Diana Prince ou Wonder Woman

 

Nome e apelidos. Iso é o que hai que ter. A diario móvome con xente que se abraia de que as miñas compañeir@s literari@s teñan nome e apelidos, e elas/es, @s da arte da rúa, @s do punk non os teñen... as súas pollas están mortas, afeitan ós cadelos, aman o ozono, non deixarán que salves este mundo e tampouco respectan o "c" pequerrechiño que vive nunha burbulla, refuxio do binomio da identidade oficial. Eu vivo na Illa Paraíso, sen mollar os peciños, arroupada por unha capa de terra quecida ó sol. Pero hoxe chegou ás miñas mans un incrible fanzine que edita o Arnau en Barcelona e decateime de que o meu temor a que os meus poderes non o sexan fóra do paraíso segue aquí: a pesares de atender ó estado da marea, de visualizarme atravesando o azul, continúo sen obedecer o bombeo do meu salvaxe corazón; Felices xuntas, Feliz e sangrando. Diario dunha burguesiña algo masoca, Máis turbación, Travesti, Noites estrañas ou o pisiño de solteira, Maldita sex@, Persuasión femia, e A morta seguen sendo só requeridas para algunhas lecturas familiares, aínda que algunha pasa un chisco de moda e outras ségoas a sentir imprescindibles ningunha viaxa fóra desta illa sen rexistrar no mapa; ás ducias de collages pásalles o mesmo, e realmente quixeran coller ar pola fiestra cal toallas ó vento, emprendendo o voo comigo, como se me fosen un ramo de coridas capas da muller marabilla!

mércores, 25 de novembro de 2009

Con luz propia


Hoxe, 25 de Novembro, día da violencia contra as mulleres contribúo a poñerlle nome a todo ista enfermidade do noso sistema, que nos afecta tanto a nosoutras como a eles no ULTRAMARINOS. Nunhas xornadas de poesía, música e audiovisual que con este motivo celebran en Compostela.
Non sería posíbel que eu estivera alí feita imaxes se non fose polo intrépido e xeneroso ALBERTE MOMÁN. Unha estrela no firmamento da cultura galega... non lle perdades a pista.