luns, 24 de marzo de 2008

A orixe da simetría


No avión, zumbidos ácidos pero controlados polo seu peso e dimensión. Coa cobertura propia dunha manta véxome envolta no motor xigantesco. E no medio de tanta vitriedade diseccionada polo meu oído aparecen estes poemas.

Aí atopei a simetría dos cadros cain-abelianos de Jose do vrau que nos coñecimos e tódalas pedras e tódalas intencións do asasino.

María Salvador botou un fiíño a voar dende a súa fiestra á miña ó ler o libro colectivo Transgeneración 1.0. invitándome a Oniria. Eu que só vivía nas páxinas da capa do rei dos soños, non vin opción máis axeitada na chegada do inverno.

Qué pasada estas,estes poetas tan noviñ@s coa decisión afiada e a voz intacta.

Outros recitados por ela mesma en:
Ciclo Radiografía e no seu myspace.
Letriñas e moito dela:
no seu blog e web.
Reseñada por Elena Medel en Poesía digital

martes, 18 de marzo de 2008

x



Sei que as miñas frases son primarias, escribo con demasiado amor por elas e ese amor compensa as faltas, pero demasiado amor perxudica o traballo. Isto non é un libro porque non se escribe así. ¿O que escribo é un único clímax? Os meus días son un único clímax; vivo á marxe.
Clarice Lispector

xoves, 7 de febreiro de 2008

[Zoom]



A revista Oniria invítame a participar nas súas páxinas. Dixital serei.
Ben! Que bonita foto e poema da colaboración de Yolanda no número 5.
A súa profundidade de campo gústame así esgazada.
Algúns cristaliños rotos son perfectos. Fan que te vexas Alicia, que te volvas tola por atravesarte. Outros ráianche os ollos, coma maquillaxe que mancha.
Un dos libros que máis me gusta do ano pasado é Tara, sen dúbida. Falando de rotos.]
Sempre penso en falar aquí dos libros que leo e decido non facelo.
Como se fora condicionar ó cosmos.
Como se fora un imán con importancia.
Unha boca necesaria.
E non.
Si para min. (Ninguén máis a miña lingua).]

Hoxe atópome con este libro de Estíbaliz: Zoommm. É difícil atopala nas librarías, ó menos cando eu o tentei, e agora por fin, como a ela lle gusta, está no meu sistema (informático).

Atopo a Antía cociñando galletas. Ben!
E regálanme un disco redondo: maxia, ilusión, beleza cruel e crúa.Núcleo.



imaxes: colaxiños propios
A regueifa, bo prantexamento editorial. O bocado biónico: riquísimo!
Gracias María (Salvador)!