domingo, 7 de xaneiro de 2007

Feliz 2007 e Reseña de "O Libro da egoísta" de Yolanda Castaño


¡FELIZ 2007!

Este ano ten unha pintaza incrible. Yolanda Castaño presenta o seu Libro de la egoísta en Madrid, en edición bilingüe... e latexan tamén fresquiños os novos libros de Alejandra Vanessa e Elena Medel. Falando delas, La bella varsovia segue máis reactiva ca nunca e este ano sorprenderanos con bonitos e necesarios proxectos... o fempunk #5 zine xa está en marcha e o noso zapatiños motor a piques de deixa-lo forno... 


*


CASTAÑO, YOLANDA, O libro da Egoísta, Colección Dombate, Ed. Galaxia, Vigo, 2003
Para os dandis como para as mulleres,parecer é ser.
BARBEY D’AUREVILLY


ESPELLISMO DE TINTA


Cántos autores deberían ter realizado este exercicio de aprender a mirar cara a vaidade escritora. Despois da fulminante carreira ó éxito literario de Yolanda Castaño – dentro do que isto pode significar na cultura do noso país – gracias ós poemarios: Elevar as pálpebras (1995), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (1998) – tamén traducido ó español– e á antoloxía cantada Edénica (2000), chega O libro da egoísta, unha obra que renova a colección Dombate, da Editorial Galaxia, unha aposta pola poesía, tan necesaria despois da desaparición da colección Ablativo Absoluto de Xerais, e da apurada situación da imprescindible Editora Espiral Maior.


O libro da Egoísta, proxecto xestado mentres se sucedían os catro anteriores, é unha pausa na persoal poética da autora (vitalista e erótica -provocativamente afectada-), unha reflexión persoal sobre o desdobramento que require a creación, un xeito de preguntarse polos desexos modais e lingüísticos do xogar a reconstruírse a través da poesía. O texto presenta a vivencia do percorrido literario da autora, aberto como un pactado compromiso consigo mesma, adoecendo (Amarme con cinco caras que terei que sustentar repartindo doses minúsculas das miñas costelas ós cinco peteiros abertos como fauces) e establecendo un diálogo estético entre sofisticados versos (E así lanzada contra a tarde de dedos implacables que non perdoará arrincarme os lazos) e o discurso propio dunha nena nada tráxica, cercano á vida material ( Xuño podía ser un mes bonito), á poesía oral (Qué horror. Non podo deixar de morder a boca por dentro, até facer sangue), e á literatura dos diarios todos (hoxe fun á saída do instituto ver saír adolescentes).
Esta mestura de intencións, verbalizadas a través de fórmulas tan diversas, lévame a considerar dúas partes nas que se podería dividir o libro. A primeira - ata a páxina 37 –, formada por poemas breves, escritos de xeito prosaico, é unha poesía de personaxes, máis abstracta e tallante, de polifonía sincera entre a sacerdotisa, a analfabeta e a propia voz poética (homónimo trasluz da autora), debatendo os seus desexos. Así, a relixiosa, cativa da fraude literaria e devota da doutrina poética, reclama o coñecemento; a analfabeta prega para non se vender, manterse pura na ignorancia que preserva o sentido, o tacto, o privilexio, as ganas de tirarse; e a terceira presencia, a Yolanda que interpreta as loitas, é a que sabe – seguramente física e intelectualmente - e coñece o final. Así, neste percorrido autocrítico co propio ser (verbo), apaixonadamente “Yolanda” dará de comer o corazón ás bestas, contemplarase belísima, nomearase orfa e estéril (Abortar é unha obriga) sen deixar de mentir – ventrílocua – para aprender a inenarrable alegría de ter casa, isto é, de ser eu.

A segunda parte – dende a páxina 41 ata o final– constitúena varios documentos íntimos (diarios, cartas, anotacións sobre o cotiá, escritos sobre unha lectura favorita...) que intentan transmitir esa inquietude de ser outras.
O anhelo de ser futura, de chegar limpa á historia real, cotiá - renunciando ó tráxico amor á dor -, pero non por iso menos subxectiva e fantasiosa, é a ponte, formulada con estes dous versos,

que nos levará á segunda parte, traspasando a liña dos aforas e os adentros, é dicir, o espello, co asombro puro dunha Alicia ferida nas catro ficcións ou libros anteriores da autora, agora esnaquizados cristaliños reflexos.
Os textos que forman esta sección, son unha forma de comunicarse, ben coa mesma voz da que xorden, coma se doutro personaxe se tratase, como sucede na extensa misiva á Yolanda que acolle (farame un fogar paupérrimo entre os seus brazos de mundo); no relato ó amado, como chamada/recordo resignada/o; no falso diálogo coa autora (- Agarda. Isto é un labirinto de espellos e á orixinal xa non a recoñezo); ou nos berros escritos no reflexo roto e composto (SON A EGOÍSTA PORQUE ESTÁ SOA).
Ou ben, establecendo esa comunicación co exterior, como se lee na lista de preguntas existenciais (por exemplo: ¿De que ventrílocuo somos?); ou na escena teatral, reescritura da historia de O Amante de Marguerite Duras, en clave persoal (Eu contareiche dela, da miña relación con aquela rapaza (...) Porque en nada me recoñezo); no diario que permite anotarse poeticamente (Na parada do autobús coincidín cun rapaz fermosísimo. “Quero respirar na mentira que crea teu corpo...”); e na carta á amiga escritora, plagada de presencias de poetas vivas, outras que ben poderían ser ela, ou permitirlle a Yolanda Castaño, identificarse. Pero non lle é posible á muller que escribe sentirse parte, nin desta xeración literaria, nin doutra brigada feminista (eu xa non son daquelas que tiveron que traballar para “nosoutras” ). Nembargantes, o libro, ademais de erixirse como unha vinganza ó mundo da literatura acrítica cos presupostos artísticos, coas convencións creativas - reivindicando o posmoderno dereito a non ser orixinal - contribúe ó recoñecemento das egoístas, que poderiamos ser todas.

Este traballo exhaustivo, deixa á autora nun lugar interesante na poesía galega contemporánea. Entreliñas podemos descubrir que de ningunha maneira a escritora se permitirá percorrer camiños alleos, perseguir ás tentacións do éxito. Comprométese neste texto a ofrecernos de aquí en adiante, lágrimas de diamante, non solo gotas salgadas. Debemos celebralo.
Reseña escrita no 2003 cando saiu o libro.  
Publicada en Andar21 e Hiperferia#7 no 2004 e en  Andaina nº 36
e logo publicada pola autora na súa web: www.yolandacastano.com

martes, 21 de marzo de 2006

Novas


*

MARZO- ABRIL 2006
***-Publico "Deborah" e "Hilo rojo" no fanzine FEMPUNK nº 4
*1,50 E. En Madrid en Bang, La idea, Librería Filmoteca Española , Escridiscos. + info. *Bilbao: Charada, Discos Bolan, Power Records.
- Publico "Pecadiñorixinal" en Andaina, Revista de pensamento feminista nº43.

- Organizo con outras voluntarias o Benefit Juárez en Madrid.*Taller de escritura creativa impartido por Elena Medel o 1 de Abril en Los placeres de lola.
*Proxección de Señorita extraviada o 2 de Abril en Ladinamo.
- Recito en COSMOPOÉTICA. Córdoba. 21 Abril. Xunto con: Lucía Aldao, Mercedes Cebrián, Rafael José *Díaz, Fruela Fernández, María Eloy García, Ana Gorría, Ángels Gregori, María Lado, Natalia Manzano, *Andrés Navarro, Mariano Peyrou, Sofía Rhei, Francisco Sevilla y Jahel Virallonga.
*
-Poño imaxes ás palabras de Elena Medel en 2006 POETASPOR KM2 . Organiza *Arrebato. *Madrid. 22 *Abril. Sala Taboo.
*
MAIO
-Concerto para o BENEFIT CIUDAD JUÁREZ. Las Amas, Solex, Los punsetes, Campamento Ñec Ñec. *Nasti Club. 6 de Maio. 6 euros. Madrid.
-Publico "De raíz" en PDA (Perfil del aire), nº3, Córdoba. Toda unha honra.
-Huella indeleble invita ós meus textos á súa pantalliña.
-Resposto á petición do meu admirado Alberte Momán dunha autopoética...
*
SETEMBRO

-Convocatoria FANZINE ZAPATIÑOS MOTOR
TEMA: RESISTENCIA & PRACER
FORMATO: FOTOCOPIAS, B/N+ROXO
EXTENSIÓN: UNHA OU VARIAS PÁXINAS...
DATA DE ENTREGA: ó longo de Outubro
CREACIÓN
collage
debuxos
manifestos
textos (poemas, contos...)

RESEÑAS
libros, revistas, zines, películas, discos, grupos, sites, referentes,guerrillas...
+ artigos
+ entrevistas
+ anuncios D.I.Y.
¡COLABORA!: zapatinhosmotor@yahoo.es *
*
- María actualiza o blog "lindo y querido", onde conta as experiencias dela e de Leslie no Campamento cos nenos de Ciudad Juárez este vrau. Ir a México, traballar cos fillos das mulleres asasinadas, botarlle unha mau a Marisela de Nuestras Hijas de Regreso a Casa (podedes apoiar asinando a petición NI UNA MÁS na mesma páxina) foi unha iniciativa totalmente persoal. Ademais elas son dúas das organizadoras do Ladyfest España, outro proxecto absolutamente altruísta e necesario...todo por facer e por fin vou atopando xente coa que contar, que contaxia, á que respetar... chapó!
*
OUTUBRO
- Interesantísimo o proxecto da AXENCIA DE PRECARIEDADE "Todasazien Asisto á reunión do punto de información do proxecto. Despois dun ano de traballo inauguran sesións nas que un/ha se pode informar de cómo facerlle frente á precariedade laboral poñendo enriba da mesa a situación persoal... un xeito de compartir experiencias, atopar puntos débiles comúns e de aproveitar recursos e estratexias. Todo na !!!
".Eskalera Karakola

*
-Podedes seguir enviando colaboracións ó fanzine Zapatiños motor durante todo Outubro!!!
*
-A experiencia de María no Campamento para o que fixemos o Benefit Juárez: para lela e votala aquí e aquí .

**


Ana
FOTO: interior do disco dos incribles CAMPAMENTO ! ÑEC ÑEC
*
*