Amosando publicacións coa etiqueta Werner Herzog. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Werner Herzog. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de decembro de 2012

Salvavidas para non afundir

Herzog fala de consolo. De que cando vai a pique, na súa vida, os libros son o faro e o salvavidas (en venezolano dise así, en castelán flotador, en auténtico galego, quen o sabe...).
Jordina di que o mal do protagonista de Shame é inconsolable, como inconsolable é o desexo. Iso é. Así o chamou tamén a Marguerite Duras, no seu El hombre en el pasillo e na outra noveliña teatral que editou a Sonrisa Vertical no seu día e que tanto lin e relín... Tamén ela se refería na súa "inconsolabilidade" a ese mal de morte que é a homosexualidade... (Ah... así se chamaba o outro texto: El mal de la muerte...)
Eu dalquela, léndoa a ela escribín Nin loiro nin melancólico, princesa inconsolable, un dos moitos textos que teño pola casa e sobre toda na memoria (da pel?) 
Agora Nacho (No hay sitio malo para leer si el libro te ha atrapado), coincide con Herzog e todo ao meu redor se convirte nunha dicotomía, nun partido de baloncesto no que se enfrontan dous equipos: consolo e (desconsolo?) inconsolables feitos de hoxe e de sempre... ;)(... Ais. 




[Foto: MLS (2004)]