Amosando publicacións coa etiqueta Washington Cucurto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Washington Cucurto. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xullo de 2015

Unha reseñiña de María do Cebreiro sobre "Papilas analógicas..." (2014)


Versos meus neste libro. Foto de teclista



María do Cebreiro sobre Papilas analógicas. Paisaxe sur text, Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014.

O outro día coñecín en persoa a Ana Cibeira, responsable durante anos da sección de poesía da librería La Central de Callao, e á que lle debemos que nos últimos anos a poesía galega parecese en Madrid o que realmente é: unha das ponlas máis vizosas da poesía contemporánea. Grazas a ela tiven noticia do libro _papilas analógicas. paisaxe sur text_ (Alsari, 2014), no que escribe canda Elia Maqueda e Davidia Martín Saornil, e que sen dúbida encaixa na infalible categoría dos libros raros e curiosos. Editado na colección diminutos salvamentos (onde saíron do prelo títulos tan importantes como _cativa en su lughar / casa pechada_ de Luz Pichel), o volume é un libro que non é un libro. Todo o que alí acontece está apegado aos rastros dunha oralidade voraz, até o punto de que resulta difícil prever quen fala primeiro e quen despois. Estas páxinas foron escritas por tres magníficas que militan nos acentos locais e que non queren encaixar en gramática ningunha, que se recoñecen (coma todas) nalgúns espellos máxicos, de Luísa Castro a Washington Cucurto. Un libro feito con alegría e desesperación, moi semellante ás tres vidas abertas que por el corren, sen cálculo nin escuadra.

María do Cebreiro Rábade Villar




venres, 1 de agosto de 2014

Órganos internos. Unha pequena tormenta anónima o del estraño suceso de una mandarina bomba I

[fotiño miña]


Se debe escribir en una lengua que no sea materna
Los cuatro puntos cardinales son tres: el sur y el norte.
Un poema es una cosa que será. 
Vicente Huidobro

No sé ni lo que quiero y mi corazón es un desastre.
No soy argentino, ni artista, ni trabajador, ni chanta. 
Washington Cucurto

(...) Entrégame con una
flecha en el tendón/ una pequeña tormenta
Laura Jaramillo

(...) 
grita como Johnny.
Y yo sigo tumbado en el escenario,
tu cuerpo tiene trazas de rayos,
y vivimos
vivimos y
vivimos
demasiado deprisa.
David Haller

Frecuencia de frencuentar frecuentativamente tu cabeza. De leer bocabajo, de ensiñarche o vocabulario básico en cancións.
Dime lo que te ha pasado, Saor, cuéntamelo todo desde los quince. Intenta dicirmo na miña lingua (aviso que a bomba de mandarina vai estoupar)
-Qué complicado es así, sin hablar
-¿Qué es hablar?
-Pues no sé. Falar é de tener unha ventana escrita en braille e é ir traduciendo. Where do you hide your diary? Se puede conectar al ordenador pero con cablecito ¿qué cablecito? Esto es de aquí, esos son de allí. Y nosotrxs estamos salvadxs en un oasis. E cando cruzas na línea do entendemento bomba, no no, ((((((((((((((((( TERREMOTO !!!!!!!!! . E non falas. Sigue tú.
-Oasis de illa, con cocos con leitiño de coco dentro que semella auga pero é leite? Qué era illa estes días, o que che dicía, que non lembro?
-¿Qué es illa?
-Isla
-E lembro?
-Recordo de recordar
- ___
-Nada, non lembras? Entón o que che parece difícil é traducir? O que che falta é o cableciño que vai ao ordenador?
-Non, non sego. Lo difícil es falar porque o cableciño conectose mal e píllelo la corriente como el pehcao subiendo el río. Árdose la piel entonces y non sé cómo traducir todo. Por eso terremoto por el hotel que no era casa y los deditos que no estaban notando las teclas en braile mientras las pisaban, vamos, que al final sólo escriben pero leer, pufff, dificilísimo. ¿Me escribes tú cómo seguía la historia de la mandarina? Nos la llevamos a la isla y no hay que hacer malabares* para abrir una mandarina. Con los dediños.
-Non, non hai que facer malabares para abrir una mandarina, para facela estoupar. Un coco si. Aceite de coco, leitiño de coco, todo ha de ser boísimo para a pel... *Pero para abrir un coco, para abrir un coco hai que ter un obxecto punzante (picador de xeo, o máis desexable) e un martelo. Ou un sacacorchos -non importa que ao final non abríramos botella algunha neste hotel -repite algunha, xa che sae UNHA UN-HA?- e un pano para que non esbare o coco.
(Eu nacín arrodeada de palmeiras cheas de coco, non sei se é por iso que na miña casa se lle dí facerse coquitos cando algo preocupa).
Para abrir una mandarina hai que sacarlle o plastiquiño, primeiro o laciño, despois tirar do celofán. Parecerá una cupcake chea de pós de escarcha, purpurina por riba da bañeira chea d'augua temprada quedará. Tirarémola e fará acrobacias, reviravoltas ao ar nos agasallará. Ordenadas explosións dos seus órganos internos, esta pequena explosión anónima reverberará. 
De súpeto soa una caixiña de música, diminuta e lenta.
Axiña os aceites cobrirán a pel gomosa dos nosos peciños de punta entrando na bañeira chea de pétalos de rosa. Se non nos fixéramos tantos coquitos esta noite, ao mellor teríamos experimentado o que se sinte ao ser envolto por unha aromática bomba de xabrón 
-E terremoto dos bos, non como os da TV con nomes raros, este terremoto chámase coma ti.
-G U A U.  I s o   i s o   i s o   i s o  i s o, coma nós.
 
 
(Escrito a catro mans con H.)