Amosando publicacións coa etiqueta Venezuela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Venezuela. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2015

Porque si se consegue xabrón




Cansada. Enferma. Voy a cumplir 25 años y creo que soy hipocondríaca. En realidad, creo que tengo miedo de morir. Y ya. Miedo de morir y que se mueran los otros. ¿Hay algún nombre para eso? Veo esto. Ella sí está enferma, de verdad, y está sonriendo a pesar de todo. A mí me duele la panza y estoy triste, retorciéndome en la cama, pensando en todas las enfermedades posibles que se tienen en la tripa. Veo una foto de una placa de petri llena de bacterias. Aconsejan que uno debe lavarse las manos 8 veces al día. No se consigue jabón, ni para lavarse las manos ni para bañarse. Quiero lavarme las manos y sentir que mi panza ya no duele, que me siento mejor y no estoy cansada. Quiero pensar en lo bello de estar completo y pararme de la cama. Porque ella tiene cáncer y está parada de la suya y le sonríe al mundo. Yo no tengo excusas. Ya no. No más.

Oriette D'Angelo 


Porque o teu non é cancro e porque seguimos viv*s. Porque Oriette escribe que en Venezuela xa non se consegue xabrón e isto enténdoo como parte da miña biografía, tanto como que me segue amolando que galegos e españois sexan tan pouco celebradores, e porque odio esa parte mol miña que se contaxia disto. Porque xusto hoxe viña pensando qué forte que aquí (España) e agora (2015) si, que aconteza que se pides xabrón ás enfermeiras cho dean axiña, e que o sistema funcione -o económico que che da o paro-. 
Porque coido que xa non quero ir a Xapón, ben, si, pero se ten que haber prioridades e o criterio é que teña que ver con nós, iremos ao Québec. Porque cada día me ensinas cómo seguir tendo fame a pesares da túa pequena...diminuta...bum! (xa se autodestruíu) tendencia ao NON. Porque adoro a túa rosadez. E porque non podo imaxinar ir a Xapón, nin ao Québec, sen ti. Podería agasallarche/te co/ao meu diminuto país que non se quere ben, porque é o mellor lugar do mundo e porque sei que ti o celebrarás.
E porque esta noite, ti dende o hospital e eu dende a cama onde todo pasou, volvemos durmir xunt*s.




(E xusto ao rematar esta páxina cae un aguacero, logo  axiña escampa)