Amosando publicacións coa etiqueta Vaso roto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vaso roto. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de xuño de 2015

Un universo, este, o meu

 Lauren Iguana Mouth


Puesto que no puede haber dos universos: 
y mi reflejo soy yo mismo; y mi contrario soy yo mismo;
y mi contradicción soy yo mismo;
y la rebelión soy yo mismo; 
y la nostalgia que conforma fuera de mí los mundos que se curan 
de mí:
soy yo mismo (o al menos exijo que sea yo mismo). 

Jean Giono 


Quero ser egoísta. Quero literatura feliz. Quero ser optimista. Quero ler historias que acaben ben.   Onde está a narrativa alegre: Harry Houdini? 
Onde está o cine con fe no ser humano: Hayao Miyazaki? 
Onde está a poesía doce: Stacey Teage?


mércores, 19 de marzo de 2014

O 21 de Marzo son Alda Merini


A primavera vén con forza. Se a semana pasada estiven na Casa de Galicia en Madrid, lendo poemas propios e terribélmente ben acompañada por Yolanda López e Luz Pichel, esta semana, o venres 21 de marzo, estarei apoiando a celebración do día da poesía, nun recital organizado por Vaso roto na Central de Callao (Madrid). Unha orixinal homenaxe á poesía italiana, de longa raigame, na que Juan Carlos RECHE, Jordi DOCE e máis eu recitaremos á incrible Alda Merini, ó interesantísimo Andrea Zanzotto, a Luigi Ballerini e Giovanni Raboni.


Máis información aquí.