Amosando publicacións coa etiqueta Sisterhood. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sisterhood. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2015

Consello das Guerrilla Girls

video

Convertirte nalguén cínico só rebenta as túas posibilidades de contribuir á revolución

Caitlin Moran 

 

As irmás de Sisterhood fixéronlle unha soa pregunta ás Guerrilla Girls no seu paso por Madrid Cómo facer a revolución feminista? E elas responderon alto e claro reivindicando para o feminismo todo lo que ten de situación, identidade, empoderamento e xogo. Adoro.


xoves, 22 de xaneiro de 2015

Sisterhood, irmás madrileñas

Este venres recitarei na presentación do fanzines Sisterhood, un proxecto editorial do colectivo madrileño co mesmo nome, centrado sobre todo en feminismo e música.
O colectivo quere crear unha escena estable en Madrid, unha escena baseada nunha red, autoxestionada. É un grupo mixto pero trata de reflexionar e agrupar forzas para rematar cos prexuizos e condicionantes disuasorios cos que se atopan as músicas cando comezan a tocar fóra da casa. Queren traer grupos doutras comunidades para que toquen pola capital e argallar múltiples proxectos paralelos as fagan chegar a tódalas grrrls que hai soltas por toda a península ;)
Interésame moito o que contan nesta entrevista que a Filósofa frívola lles fixo en Madriz de que queren facer un Girl Camp en Madrid en verán, para que as rapazas toquen. Personalmente sempre botei en falta nos Ladyfests un obradoiro onde aprender a tocar. O de comezar a cacharrear dende nena paréceme un soño feito realidade.
Pola parte que me toca, eu contribúo no zine cun poema inédito sobre o xénero: "Deus non me borrará". Este venres recitarei iste e outros novos e xa publicados, arredor do tema da culpa. Estaremos a partir das 19.30 pola rúa Torrecilla del Leal, 15 no Bar El Gato Verde. Non o perdades. Haberá outros moitos actos tranquiliños nesta presentación a modo de merenda, e despois á noite concertos no Juglar. Máis info aquí

xoves, 9 de febreiro de 2012

Pintalabios en Arrebato (Madrid, 11 Febreiro, 20.15h)

Esta fin de semana que vén presento Pintalabios en Arrebato (librería, Madrid). Será a partir das 20.15 da tarde-noite o sábado 11 de Febreiro, e como organizo eu recitarei poemas e levarei algunha sorpresiña en forma de obxecto e/ou texto para xogar convosco. 
Ata daquela.
 Hasta el sábado. 



[1: foto roubo a Isabel Beldad e 2 e 3: Á volvéndose tola en Granada.]