Amosando publicacións coa etiqueta Sereíña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sereíña. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de maio de 2015

O Je t'aime mariño





PENÉLOPE D´INSANIA
 
A miña nai non quixo nunca que destes ollos partira a atrocidade das cousas.
Contoume que ao meu pai gardáranlle a sombra durante anos
na artesa do pan, e falou tamén da súa infinita espera
contra a voz dos antergos
xogando coa tranquila indiferencia das estrañas horas que removen os soños.
Faloume do exilio no que esnaquizar a palabra aos pés de todas as árbores.
De cómo queimar dunha vez por todas os bosques inmensos da cordura
e facer pendurar na cinza a imposibilidade dun odio que me rexeita desde nena.
Porque eu nunca fun maior para abranguer grandes velenos,
non tiña as mans feitas para reunir a ágora da revolución.
Acuso as dores cos pequenos peitos da anarquía.
Nunca sinalo cos dedos nin trazo camiños cara a casa da derrota.
Fío, tezo, arrumo coa entraña
a acostumada desidia dos desarmados nas explícitas horas
dunha redención que non ten outro senso que a espera.


PENÉLOPE D´INSANIA

Mi madre no quiso nunca que de estos ojos partiese la atrocidad de las cosas.
Me contó que a mi padre le guardaron su sombra durante años
en el cajón del pan, y habló también de su infinita espera
contra la voz de los antiguos
jugando con la tranquila indiferencia de las extrañas horas que remueven los sueños.
Me habló del exilio donde destrozar la palabra a los pies de todos los árboles.
De cómo quemar de una vez por todas los bosques inmensos de la cordura
y hacer colgar en la ceniza la imposibilidad de un odio que me rechaza desde niña.
Porque yo nunca fui mayor para abarcar grandes venenos,
no tenía las manos hechas para reunir el ágora de la revolución.
Acuso los dolores con los pequeños pechos de la anarquía.
Nunca señalo con los dedos ni trazo caminos hacia la casa de la derrota.
Hilo, tejo, ordeno con la entraña
la acostumbrada desidia de los desarmados en las explícitas horas
de una redención que no tiene otro sentido que la espera.

 Emma Pedreira