Amosando publicacións coa etiqueta SERIAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SERIAL. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de novembro de 2014

xoves, 9 de outubro de 2014

Novas literarias





Moitas cousas pasaron este final de Agosto, principios de Setembro. Entre as literarias está a edición de Serial. Antología poética sobre series de televisión, editada por El Gaviero e coordinada por Ana Santos Payán e Luna Miguel. Eu tiven a sorte de parcipar grazas á chamada de Ana, unha grande editora que tivo o valor de vivir o seu soño. Visualizar e facer (grazas, Ana). E Esferografías, unha nova antoloxía do Grupo Bilbao. Poetas galegos en Madrid, compilada por Xavier Frías e editada por Lastura ediciones, que se presentou nas Xornadas Internacionais de literatura galega: identidade, alteridade e exilio que tiveron en Madrid entre o 18 e o 20 de Setembro.

       Por outro lado, recén saído do prelo está Papilas analógicas. Paisaxe sur text. Un libro colectivo editado por Progresele (colección editorial Diminutos salvamentos) que inclúe textos de tres autoras: Davidia Marín Saornil, Elia Maqueda e máis eu. Iste é un poemario moi especial porque os textos comunícanse entreles. Hai moito que contar deste libro, comezando por exemplo por que Davidia Martín Saornil un heterónimo (que reivindica o apelido materno "Martín" e homenxea á poeta ultraista Lucía Sánchez Saornil) do músico David Haller (que á vez é un pseudónimo). Cómo xurdiu, cómo se comunicaron os textos, son algunhas das cuestións que se poderán escoitar no recital que Elia e David(ia) darán na nova edición de Tinta roja, o ciclo de recitales que organizo na librería La Central de callao (Madrid).