Amosando publicacións coa etiqueta Riot Grrrls. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Riot Grrrls. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de xuño de 2014

Non

D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T coroíñas D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T papeletaspartidiñospesadísimos D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T amos D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T D O * N O T * D O * D O T Deus quen é

domingo, 28 de outubro de 2012

Riot Poetry ou Adolescentes Negras!

A Tavi, que anda arredor dos 15 anos non só é un referente no mundo da moda. Referente de qué non volo podo explicar pois nada sei diste mundo nin interés que teño, pero ademáis da súa capacidade para crear mundos no textil e a posta en escea desas coleccións, as máiscdas veces feitas coun roupa mercada atopada ou reutilizada, o que me interesa desta pequena é o que o seu traballo ten de performance. A medio camiño entre o diario riot e a performance de contos de fadas ao estilo da Kate Durbin (outra creadora á que sego con paixón), Tavi é o que queríamos ser todas ou o que necesitábamos na adolescencia. Por iso é tan boa noticia este libro, que recolle o proxecto de revista que dende fai un aniño edita.
Non lle chegaba co blog, cos textiles, e os flipantes fanzines collageros que fai no cotiá, así que tivo que iniciar un proxecto colectivo que dera voz e visibilidade a todxs esxs adolescentes confusos e rebledes, feministas e descastados, das distintas américas que conteñen os "States". 
AY, como lin nun twitter fai nada, quen dera con iste proxecto aos 15, 16, 17... 


martes, 9 de decembro de 2008

"Ahora me da más pena que haya muerto..."


http://nuestrashijasderegresoacasa.blogspot.com/

Non sei como comezou a cousa, pero de súpeto M estaba falándome de 2066 de Roberto Bolaño. Eu estoitaba á lectora entusiasmada e arrepiada a partes iguais e entón na miña cabeza uniuse unha historia anterior que me contara minutos antes (saindo coñeceu a unha muller que falaba sen parar de Ciudad Juárez) e dixen en alto CiudadJuárez. M. saltou da silla e pediume que por favor lle explicara que estaba a pasar aí porque dende que estaba metida na novela non paraba de oir ese nome e que todo “era” 2066. Humildemente conteille o pouquiño que eu sei (gracias á experiencia de montar un Benefit xunto con Belinda, María e Leslie e a impagable colaboración de Elena e dos grupos e persoas que se implicaron, xa que as dúas últimas, valentes voluntarias no 2006 en NHRC, quixeron levarlle a Marisela uns cartiños para a asociación). Pero M quedou de pedra, dicíndome que como na literatura e sobre a obra dun autor glorificado como Bolaño non se fala diso e todo se resume a poñer ó lado de Santa Teresa - a cidade do libro- “(trasunto de Ciudad Juárez)”... porque non hai crítica -que nós atopáramos- que fale do que supón que o autor se metera nesta bomba de reloxería ¡REAL!, punta do iceberg do noso odioso sistema, e todo o que conleva facer público un tema ignorado con ganas, silenciado dentro e fóra de México, normalizado… que falen da novela como se fose unha novela negra "deste novo Cortázar"...
Habería que repasar a crítica especializada, as reseñas das revistas, pero quén falará de feminicidio cando hai que dicir crime.

Pero por sorte onte coñecín a unha mexicana incrible, filósofa, inqueda e reactiva que está traballar para darlle Nome ó que alí pasa : “para cambiar algo primero hay que nombrarlo”, dime.
Voume á cama esperanzada, cun sorriso brillante. ¡Gracias, S.!

F E M I N I C I D I O

INFORMACIÓN DIRECTA, AXUDA E SINATURAS / FIRMAS: www.mujeresdejuárez.org

domingo, 7 de xaneiro de 2007

Feliz 2007 e Reseña de "O Libro da egoísta" de Yolanda Castaño


¡FELIZ 2007!

Este ano ten unha pintaza incrible. Yolanda Castaño presenta o seu Libro de la egoísta en Madrid, en edición bilingüe... e latexan tamén fresquiños os novos libros de Alejandra Vanessa e Elena Medel. Falando delas, La bella varsovia segue máis reactiva ca nunca e este ano sorprenderanos con bonitos e necesarios proxectos... o fempunk #5 zine xa está en marcha e o noso zapatiños motor a piques de deixa-lo forno... 


*


CASTAÑO, YOLANDA, O libro da Egoísta, Colección Dombate, Ed. Galaxia, Vigo, 2003
Para os dandis como para as mulleres,parecer é ser.
BARBEY D’AUREVILLY


ESPELLISMO DE TINTA


Cántos autores deberían ter realizado este exercicio de aprender a mirar cara a vaidade escritora. Despois da fulminante carreira ó éxito literario de Yolanda Castaño – dentro do que isto pode significar na cultura do noso país – gracias ós poemarios: Elevar as pálpebras (1995), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (1998) – tamén traducido ó español– e á antoloxía cantada Edénica (2000), chega O libro da egoísta, unha obra que renova a colección Dombate, da Editorial Galaxia, unha aposta pola poesía, tan necesaria despois da desaparición da colección Ablativo Absoluto de Xerais, e da apurada situación da imprescindible Editora Espiral Maior.


O libro da Egoísta, proxecto xestado mentres se sucedían os catro anteriores, é unha pausa na persoal poética da autora (vitalista e erótica -provocativamente afectada-), unha reflexión persoal sobre o desdobramento que require a creación, un xeito de preguntarse polos desexos modais e lingüísticos do xogar a reconstruírse a través da poesía. O texto presenta a vivencia do percorrido literario da autora, aberto como un pactado compromiso consigo mesma, adoecendo (Amarme con cinco caras que terei que sustentar repartindo doses minúsculas das miñas costelas ós cinco peteiros abertos como fauces) e establecendo un diálogo estético entre sofisticados versos (E así lanzada contra a tarde de dedos implacables que non perdoará arrincarme os lazos) e o discurso propio dunha nena nada tráxica, cercano á vida material ( Xuño podía ser un mes bonito), á poesía oral (Qué horror. Non podo deixar de morder a boca por dentro, até facer sangue), e á literatura dos diarios todos (hoxe fun á saída do instituto ver saír adolescentes).
Esta mestura de intencións, verbalizadas a través de fórmulas tan diversas, lévame a considerar dúas partes nas que se podería dividir o libro. A primeira - ata a páxina 37 –, formada por poemas breves, escritos de xeito prosaico, é unha poesía de personaxes, máis abstracta e tallante, de polifonía sincera entre a sacerdotisa, a analfabeta e a propia voz poética (homónimo trasluz da autora), debatendo os seus desexos. Así, a relixiosa, cativa da fraude literaria e devota da doutrina poética, reclama o coñecemento; a analfabeta prega para non se vender, manterse pura na ignorancia que preserva o sentido, o tacto, o privilexio, as ganas de tirarse; e a terceira presencia, a Yolanda que interpreta as loitas, é a que sabe – seguramente física e intelectualmente - e coñece o final. Así, neste percorrido autocrítico co propio ser (verbo), apaixonadamente “Yolanda” dará de comer o corazón ás bestas, contemplarase belísima, nomearase orfa e estéril (Abortar é unha obriga) sen deixar de mentir – ventrílocua – para aprender a inenarrable alegría de ter casa, isto é, de ser eu.

A segunda parte – dende a páxina 41 ata o final– constitúena varios documentos íntimos (diarios, cartas, anotacións sobre o cotiá, escritos sobre unha lectura favorita...) que intentan transmitir esa inquietude de ser outras.
O anhelo de ser futura, de chegar limpa á historia real, cotiá - renunciando ó tráxico amor á dor -, pero non por iso menos subxectiva e fantasiosa, é a ponte, formulada con estes dous versos,

que nos levará á segunda parte, traspasando a liña dos aforas e os adentros, é dicir, o espello, co asombro puro dunha Alicia ferida nas catro ficcións ou libros anteriores da autora, agora esnaquizados cristaliños reflexos.
Os textos que forman esta sección, son unha forma de comunicarse, ben coa mesma voz da que xorden, coma se doutro personaxe se tratase, como sucede na extensa misiva á Yolanda que acolle (farame un fogar paupérrimo entre os seus brazos de mundo); no relato ó amado, como chamada/recordo resignada/o; no falso diálogo coa autora (- Agarda. Isto é un labirinto de espellos e á orixinal xa non a recoñezo); ou nos berros escritos no reflexo roto e composto (SON A EGOÍSTA PORQUE ESTÁ SOA).
Ou ben, establecendo esa comunicación co exterior, como se lee na lista de preguntas existenciais (por exemplo: ¿De que ventrílocuo somos?); ou na escena teatral, reescritura da historia de O Amante de Marguerite Duras, en clave persoal (Eu contareiche dela, da miña relación con aquela rapaza (...) Porque en nada me recoñezo); no diario que permite anotarse poeticamente (Na parada do autobús coincidín cun rapaz fermosísimo. “Quero respirar na mentira que crea teu corpo...”); e na carta á amiga escritora, plagada de presencias de poetas vivas, outras que ben poderían ser ela, ou permitirlle a Yolanda Castaño, identificarse. Pero non lle é posible á muller que escribe sentirse parte, nin desta xeración literaria, nin doutra brigada feminista (eu xa non son daquelas que tiveron que traballar para “nosoutras” ). Nembargantes, o libro, ademais de erixirse como unha vinganza ó mundo da literatura acrítica cos presupostos artísticos, coas convencións creativas - reivindicando o posmoderno dereito a non ser orixinal - contribúe ó recoñecemento das egoístas, que poderiamos ser todas.

Este traballo exhaustivo, deixa á autora nun lugar interesante na poesía galega contemporánea. Entreliñas podemos descubrir que de ningunha maneira a escritora se permitirá percorrer camiños alleos, perseguir ás tentacións do éxito. Comprométese neste texto a ofrecernos de aquí en adiante, lágrimas de diamante, non solo gotas salgadas. Debemos celebralo.
Reseña escrita no 2003 cando saiu o libro.  
Publicada en Andar21 e Hiperferia#7 no 2004 e en  Andaina nº 36
e logo publicada pola autora na súa web: www.yolandacastano.com