Amosando publicacións coa etiqueta Recital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recital. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de abril de 2014

Tinta roja II #Ciclo de recitales de poesía


Desde que pasó Tinta Roja I, estuve dándole vueltas al próximo ciclo de recitales en La Central de Callao (Madrid).  Este es el resultado de un largo proceso. Espero que os interese el cartel, está lleno de interesante poesía en croata, gallego y castellano. Vendrán, recitarán y nos contarán algunos de sus secretos creativos: Yolanda Castaño, Marko Pogačar, Marta Sanz, Alejandro Simón Partal,  Elsa López (como editora de Ediciones la Palma) y Nuria Ruíz de Viñaspre (como directora de la colección eMe), Julia Otxoa, María Antonia Ortega, María Negroni, Edardo Dobry y Chus Pato. 
En forma de texto lo he dicho así:
En la nueva edición de Tinta Roja tenemos voces propias y foráneas: Europa es una afinidad electiva; el oceáno, un nuevo imaginario. Vamos a leer en colectivo para recordar que subjetividad es posición. Y tatuarnos que la palabra precede a la acción. 
*
Estos días colgaré cartel y postalita con todos los datos. Esta última podréis conseguirla físicamente en las librerías de La Central en Madrid muy prontito. Keep in touch!

Evento en facebook, aquí
En la web de La Central, aquí

venres, 4 de abril de 2014

Recital Bájate al sótano_Pichel+Haller+Maqueda+Cibeira

Ayer recitamos en un sótano chiquito e íntimo. Lo organizaba David Morello. Él quiso invitar a Luz Pichel. Luz Pichel nos invitó a nosotras: Elia Maqueda, David Haller, y a mí. Luz y yo habíamos coincidido el 8 de Marzo -junto a Yolanda López- en el evento que Carme Lamela se curró na Casa de Galicia en Madrid. Luz y yo nos conocemos do Grupo Bilbao, poetas galegos en Madrid. Luz y yo nos conocemos de euraca. Haller y Elia y yo nos conocemos de euraca. Un seminario de poesía que está pasando. ((((Poesía es euraca y lo demás es retótica>>>>NONI BENEGAS)))). Yo conozco euraca de siempre. Pero nunca pude y creo que no quise ir. Hasta después de sexo hipster. Otro taller muy raruno y cambiavidas que sí, nos cambió. Abrí los ojos e invité a euraca a  La Central, al ciclo que diseñé y coordiné: Tinta roja. Lo demás ya es historia ;) Otro día os la cuento, a los que estáis por aquí de paso (¡Volved!). Luego quise ir a euraca y en eso estoy. 

Así que el recital con Luz llegó después y por un motivo claro: escribir en gallego. Carme Lamela quería invitarnos por escrever en galego. Ser mulleres, feministas e lindísimas. 
Así que decidín non levar poemas vellos. Decidín escrever algo prá ocasión. E saiu un longo texto de dez minutos e catro partes. Un texto sobre a lingua, enfermo de fronteira. 
Un texto fruto de mi nueva escritura de cuentos en castellano. Un texto posteuraca, postheroico. Esta palabra se la debo a Laura JARAMILLO y a David HALLER. 

Y así fue como cuando David invitó a Luz y Luz nos invitó a nosotras, leimos allí, una traductora, un músico, una galega y Luz Pichel
Raul Querido se interesó por nosotras. 
Diminutos Salvamentos se emocionó y nos fichó para su catálogo.
Nunca una noche fue tan fructífera.
Y nosotras tan felices, de falar do buxo, de querérmonos todas. De que parece que por fin el año, la lucecita, las novelas poéticas, la vida real y la puta justicia poética anda por aquí buscándonos. 
Repetiremos>>>

(...)

II

Quero ir lonxe, moi lonxe de vós
onde nada se contaxia nin existen fronteiras / de paises
onde medran as diferentes linguas.
Chegar onde non existen cortes lingüísticos
non sangran...
(e non porque todos falemos inghlés)
Quero irme lonxe a un deserto que non lera historia
que non saiba o que é Babel,
que non súe porque non cansa
nin medre porque non coma.

Quero ser unha folerpa que mantén a máis baixa temperatura
o seu fermosísimo esquelete de xeo -modelo-
Soy tan joven y fuerte que no tengo pasado.
Soy tan bello que ninguna cosa mala me toca.*
e que pode ter funcións varias: non deixar podrecer mortos,
e comida,
ou construir a beleza, paisaxe.
Unha folerpa soa non pode, con amigas sí.
A neve está feita de estrelas irmás
é firmamento traslúcido
e só dura pingas
ou
bágoas
ou
sal
ou
nada



Unha folerpa non se contaxia doutras folerpas,
non son o vermello, o escuro
non son sangue con virus
aínda que constrúan a beleza desta paisaxe ideal
sen linguas en-tre-cor-ta-das
Sen sangue en contacto de linguas sangrando
o virus contaxioso que é a linguaxe,
o silenzo sería parálise
quedar en branco
non estar exposta á enfermidade
-boeno, depende qué pinga che toque ser-
a forte ou a acalada.
Porque neste contexto ata hai a quen lle pon.

O sangue é fermoso tamén,
pero aquí eu, esta noite son folerpa.
E contrúo a paisaxe branca -o deserto- que existe entre estes dous mundos da diglosia
que bilingüismo chaman
que borro coa miña cura -que todo o arranxa- de non volverte a ver.
Estar en branco.
Porque se me cae enriba o virus, esta pinga,
(e aquí non entrarei en cómo pode suceder o ruido)
póñome a traballar para embelecer a paisaxe.
Sangue sobre neve.
Mancha no silencio do arco da boca.
Chaga no húmido.
Pero non vos emocionedes:
esta imaxe está pixelada,
e as linguas aquí son o diario dixital dun adolescente

porque non sei se vos decatastes que mesturo lingua e linguaxe como todo ser postheroico.

un adolescente sen futuro nin paisaxe – iso cree el mentres teclea: ((((p o r q u e a  l i n g u a x e   é  u n  v i r u s
e e u  c a r e z o  d e  p a i s a x e))))



                                                                                      Extraído do meu poema "Virus" (Inédito, 2014) 

mércores, 19 de marzo de 2014

O 21 de Marzo son Alda Merini


A primavera vén con forza. Se a semana pasada estiven na Casa de Galicia en Madrid, lendo poemas propios e terribélmente ben acompañada por Yolanda López e Luz Pichel, esta semana, o venres 21 de marzo, estarei apoiando a celebración do día da poesía, nun recital organizado por Vaso roto na Central de Callao (Madrid). Unha orixinal homenaxe á poesía italiana, de longa raigame, na que Juan Carlos RECHE, Jordi DOCE e máis eu recitaremos á incrible Alda Merini, ó interesantísimo Andrea Zanzotto, a Luigi Ballerini e Giovanni Raboni.


Máis información aquí.

sábado, 19 de maio de 2012

Letras e Letras Galegas en Madrid


O 24 de Abril celebramos o día do libro na Complutense cun recital do Grupo Bilbao (poetas galegos en Madrid) grazas á organización e xestión da Centro de Estudos Galegos (Carmen Mejía e Ricardo Pichel) e foi espectacular, como xa vos adiantei. 

Esta semana (16,17 e 18 de Maio) celebráronse as letras galegas con diversos actos oraganizados polo de CEG da Complutense, a UNED o Espazo de Linguas Ibéricas e a colaboración da tenta-libraría galega en Madrid ATURUXO. 



venres, 27 de abril de 2012

Conxuro contra cuspe

Belísimo recital que me fixo sentir millonaria. Millonaria de paz e de sorte. Sorte de que a miña perna rozara a Casa Pechada de Luz Pichel, de respirar o mesmo ar ca ela á que lle medraron os pulmóns  no Deza como á mamá e ó papá. Tentando que a transfusión da súa lingua chegase dura, directa e adictiva. Tentando todo iso que o material nos ensina que nanai e os humanos que comparten terra connosco sorrin e asinan a cotío NON Ë POSÍBEL, co seu farrapo de lingua. Asinan con cuspe no noso corpo frío. 
Pénsannos mortas pero estamos durmindo. 
O que vivín ese tempo foi tan real coma os meus dentes. E isto é só a verba intravenosa, cando descanse contareivos do encontro con todas esas belas persoas: Carmen e Ricardo, Xavier e Vicente, Bego e Manuel, Jose e Miguel, Carmen, Silvia, María Jesús, Alexandre. 

domingo, 22 de abril de 2012

Recital Semana das Letras UCM 2012



Recital Poético del Grupo Bilbao (Poetas galegos en Madrid): 
Martes 24, a las 18:30 en la Biblioteca María Zambrano de la UCM
Aló estaremos algúns dxs poetas do Grupo Bilbao... por se queredes vir! 
O evento no facebook... para compartir, aquí.
Graciñas

mércores, 15 de febreiro de 2012

Terror-writers

Presentación en Madrid de Vinalia Trippers, aló estaremos! 
11 de Marzo, 2012 ás 20.00 horas.


martes, 14 de febreiro de 2012

Arrebato



Presentación Pintalabios Madrid from anac on Vimeo.


máis fotiños da presentación, textos que lemos e impresións... coming soon.






[foto gaelx (graaazas!), video tita (muaaaa)]

luns, 16 de maio de 2011

Support us!


Mañá estaremos polo centro gallego da praza de Jacinto Benavente recitando polas letras ás sete da tarde... jejeje, support your local poet!
(e o martes andaremos polas Escuelas Pías -Lavapiés- UNED presentando microrrelatos e escoitando a Luis Luna falar sobre Lois Pereiro)




[cartel da felguera de terroristas culturais, xenial!]

luns, 4 de abril de 2011

Dourada Resistencia en Madrid



SÁBADO 9 ABRIL PRESENTACIÓN-RECITAL
SÉTIMO ANDAR, POESÍA ALÉN
do colectivo "A porta verde do sétimo andar"

Coa presenza de: ALBERTE MOMÁN, ALFONSO LÁUZARA, ANA CIBEIRA, MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ, RAMIRO VIDAL ALVARINHO. E de poetas do Grupo Bilbao (Madrid)

Librería La Marabunta (C/ Torrecilla del Leal, 32, Lavapiés, Madrid) ás 20.00 horas

Leremos poemas, falaremos do libro Sétimo andar, poesía alén que xa leva na rúa dende Septembro 2010 e do que xa quedan poucos exemplares e tamén de De Castro - a revisión de Alba e Alberte da palabra rosaliana-, convidaremos a recitar poemas propios, convocaremos ás voces de Alba, María N., Rosa, Manolo que quedaron na casa pero andan sempre connosco, brindaremos por este ano de proxectos compartidos e outros que se están xestado e celebraremos tamén a publicación do meu Pintalabios,
e coñeceremos á xente e o proxecto de La Marabunta...
todxs sodes benvidxs!



[Esta semana subo unha biobibliografía de cada un/ha de nós e traduzo o textiño...volvede por aquí!]



luns, 4 de outubro de 2010

Poesía dourada, galega resistencia

 

Unha nova reseña sobre a presentación do libro Sétimo andar, poesía alén. Cheverísimo


POESÍA GALLEGA, DORADA RESISTENCIA

Porta Verde es, más que un colectivo, un espacio poético gallego y galleguista, que tiene sede en Vigo igual que otros grupos como Formas Difusas o Brétema. Son agitadores en la aventura emocional de la palabra.
06:30
José Lores: foto.
FERNANDO FRANCO De la poesía siempre se dijo que era un género minoritario, que no era rentable editorialmente, que no interesaba... pero siempre estuvo ahí, subsistió demostrando que tiene su razón de ser en el paisaje de la palabra."La poesía existe porque sabemos que vamos a morir", dijo Antonio Gamoneda. Fijémonos en este octeto de la foto. Posan para nosotros minutos antes de presentar hace unos días el libro "Sétimo andar, poesía alén" en Vigo y en A Cova dos Ratos, y pertenecen al colectivo A Porta Verde.

En el pasado más cercano recordamos en Vigo a Rompente y en Galicia a grupos poéticos como Ronseltz, Letras da Cal, Colectivo Sacou, el Batallón Literario da Costa da Morte... En el presente podríamos citar en nuestra comunidad a las Redes Escarlata o al Clube dos Poetas Vivos, este último radicado fundamentalmente en Ourense, y en la ciudad olívica a Formas Difusas o al longevo Grupo Brétema.

Para Alfonso Láuzara, portavoz de Porta Verde do Sétimo Andar, "Vigo foi sempre unha cidade moi dinámica que propiciou a xeración dunha chea de iniciativas culturais de todo tipo e unha intensa actividade creativa. No caso de Porta Verde, que máis que un colectivo pretende ser un espazo creativo galego e galeguista cunha marcada vocación cosmopolita, contamos cun nutrido grupo de colaboradores con procedencia de toda Galiza, algúns residentes fora. Neste sentido, a importancia de Internet é enorme, non só polas posibilidades inmensas de contacto con outros e mesmo entre nós senón pola facilidade que da para a difusión de calquera obra ou evento poético".

Quienes veis en la foto son agitadores en esa aventura emocional de la palabra que es la poesía, y ocho de los nueve autores de "Sétimo andar, poesía alén". Son Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, Manolo Pipas y Ramiro Vidal. Faltaba María N. Soutelo. "Na actualidade -nos dice Láuzara- hai unha especie de época dourada no eido da poesía galega, estánse a facer cousas moi interesantes e moi boas; sen embargo, este dado contrasta co estado de abandono e case de desprezo polo idioma galego dende as insticuións. A poesía galega é necesaria e dunha grande creatividade nunha situación de auténtica resistencia.

Los de Porta Verde nacieron hace cinco años y cuentan con un blog (http://aportaverde.blogspot.com) que pasa ya de 40.000 visitas. Es un espacio abierto a todo tipo de expresión artística pero unido por la defensa de la cultura gallega, por la idea de hacer una poesía en gallego para Galicia. "Sempre houbo grupos -dice Láuzara- que desenvolveron boa parte da súa actividade en Vigo pero o máis frecuente é que teñan un ámbito de acción canto menos en Galicia".


FRANCO, Fernanado, "Poesía gallega, dorada resistencia", Sección Olívicas Miradas, Faro de Vigo, Mércores 29 Setembro, 2010.

luns, 23 de agosto de 2010

Nova Galicia-hoxe do Recital en Couceiro (Agosto 2010)


VOCES DE AFINIDADE
 20.08.2010 Cinco poetas galegos vinculados dalgún xeito ao Grupo Bilbao únense na Librería Couceiro de Compostela para facer mañá un recital titulado "Os Camiños de Oz.


O recital titúlase Camiño de Oz pero non ten nada que ver co Camiño de Santiago, aínda que se celebre en Compostela: mañá ás sete e media da tarde na Librería Couceiro, en pleno corazón da cidade e do tránsito de peregrinos. Tamén ía ser un recital de presentación en Galicia do grupo Bilbao, que reú- ne unha serie de poetas galegos asentados en Madrid, pero a imposibilidade de conciliar horarios -e vacacións- converteuno nun "acto de afinidades poéticas" entre tres membros do grupo -Ana Cibeira, Begoña Regueiro e Xurxo Fernández Martíns- e algúns dos seus poetas paralelos: Emma Pedreira e Dores Tembrás.
Todos eles serán presentados por unha das críticas literarias máis recoñecidas do país: Teresa Seara.
O grupo, apunta por teléfono Ana Cibeira,organizadora do acto, reúnese unha vez cada mes no Café Bilbao, de aí a súa denominación. Nel conflúen poetas sen obra individual publicada e outros de traxectoria longa, como Vicente Araguas Fermín Bouza Álvarez ou Manuel Pereira Valcárcel. Nesas reunións, engade Cibeira, "falamos das nosas cousas e de poesía"
Unha das súas últimas actividades pública foi o 17 de maio na Uned de Madrid. Alí presentaron unha antoloxía do grupo, realizada por Xabier Frías e titulada Abranguendo marés nos pousos do café. Foi "un encontro decisivo porque o grupo se reforzou e eu calculo que no outono nos presentaremos en Galicia".
Con Emma Pedreira -unha das poetas que nos últimos anos se enfrontou á renovación da lírica feminina en Galicia-, Cibeira mantén unha estreita amizada e unha colaboración regular. Ademais de poeta, fai colaxes e ilustroulle Xoguetes póstumos, un libro que a Pedreira lle valeu o Premio de Literatura erótica Illas Sisargas 2009. Ese traballo, o primeiro que realizou como ilustradora, serviulle de acicate e desde entón, publicou colaxes en distintas revistas.
Ademais das antoloxías do grupo Bilbao, tamén pode rastrexarse a obra de Cibeira en volumes colectivos, como o volume Letras Novas da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ou Poesía alén, do colectivo A porta verde do sétimo andar.

Publicado en Galicia-Hoxe o 20 Agosto 2010.

sábado, 22 de novembro de 2008

Illas de tinta



Estes días está TOMÁS SEGOVIA dando un taller de "artesanía poética" na Residencia de Estudiantes* en Madrid e esta noite tivemos a sorte íntima de desfrutar del en Arrebato, unha librería que chama a atención por ser de segunda man , pero ó meu parecer con criterio; ademais non sei se está especializada en poesía ¡ou simplente é que a coidan con entusiasmo! Boa mostra disto é o FESTIVAL POETAS POR KM2 que organizan cada ano, un maratón que celebra o xénero en vivo interdisciplinariamente (¡e eu tiven a sorte de participar nel no 2006 xunto con Elena Medel, ela texto e eu imaxe&son!). Por se isto fora pouco, teñen especial importancia na libreria as editoras pequenas e independentes, e aquí sí existen a autoedición e os fanzines. Todo un luxo de contexto para saborear os poemas de Tomás Segovia.

Esta inmovilidad de ojos atónitos / y postrado lenguaje / que me encadena a estar presente / en la ausencia de mí / a esta sombría suspensión de mi latir difunto / le pregunto / si he de morir sin haberme lavado / de tanta sucia soledad errática / y qué sol me podrá secar un día / de aquellas cavernosas aguas pútridas / donde he chapoteado tanto / mirando tiritar la vida / desfigurada por la llaga obscena / del amor omitido»
Tomás Segovia
*Segredo a voces: Elena Medel asistía coma min ;)