Amosando publicacións coa etiqueta Random. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Random. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2015

Divide e vencerás. A traducción como utopía comunitaria

Últimamente penso moito no que se dí sempre da traducción.
Un texto traducido non é o mesmo texto.
Aquí ábrese un río de posibilidades nos que soemos explicar que traducir é intervir, traspasar, trasladar... dicir case case o mesmo...e se nos queremos poñer serias, pois entón hai que falar de traizoar.
Pois ben, hoxe aquí veño a dicir algo moi sinxelo.


Cando unha lectora se dispón a rechear esas lagoas de clásicos que lle quedan por ler, é unha importante laboura apostar por unha e outra traducción. No caso de Orgullo e prexuizo a miña elección non foi moi teimuda. Quixen elexir a versión na que o texto avanzara mellor, debo xustificar que quixera que fose fluido para que non me levase a ter que parar a vida. Normalmente se leo algo escrito no XIX síntome do XIX. Se leo algo de Alt-Lit volvo sentir que teño 20 anos e son americana, realista e suxa...
Se pescudas un pouco na rede de qué tradución ler desta obra de Jane Austen, rulan críticas sobre se o mítico comezo: It is a truth universally acknowledged, that a single man in possession of a good fortune must be in want of a wife...pode ser  traducido por...Es una verdad reconocida por todo el mundo que un soltero dueño de una gran fortuna siente un día u otro la necesidad de una mujer? 
 Ese un "día u otro" indigna a moitxs lectorxs...
Pero para min, a traducción de Ana María Rodríguez en De Bolsillo Mondadori, axudoume a ler un texto claro e intenso.
Porque... a quén queremos enganar? Seica unha traducción pode cubrir século e cuarto de tempo e un salto ao baleiro dunha lingua xermánica a unha románica? Non o creo. Cando eu me pirro por un libro, logo vou ao orixinal. E iso que non leo en moitas linguas. Pero non nos podemos trabucar: traducir é recrear, é dicir (non CASE o mesmo senón) ALGO parecido, é trasladar e polo tanto viaxar dun sistema lingüísitico -e polo tanto mental- a outra cultura... Iso sen contar que do imaxinario e ideoloxía dun/ha escritor/a á mente do traductor vai outro treito...

Aquí vos deixo unha fermosa e acertada reflexión de Adam Thirlwell incluída no ensaio La novela múltiple, recentemente publicado por Anagrama. Fala sobre a tarefa de volcar un texto a outra lingua, isto é, a outra cultura, pero tamén sobre cómo a traducción intervén na realidade configurando unha comunidade lectora (utópica) da que parte. 

«Durante mucho tiempo, estuve dedicado al desarrollo de un proyecto para demostrar que las novelas se podían trasladar a cualquier idioma. En plena época de la aviación, elaboré este proyecto de las novelas como múltiplos. De modo que sí, al pasar del esquimal al inglés, o del inglés al japonés, habría cambios, pero éstos serían irrelevantes en cuanto a la cuestión básica de la calidad: no disminuirían el valor de esa novela en la historia de su arte. Sin embargo, esta primera versión básicamente confinaba el proyecto a oraciones mientras que una novela, obviamente, es algo mucho más grande que una oración. Y si bien este hecho no es ninguna novedad, provocó que me comenzara a preguntar si la novela no sería algo mucho más extraño de lo que había pensado en primer lugar. Así pues, comencé a pensar que este proyecto necesitaba una filosofía menos convencional y más exhaustiva. Necesitaba centrarme en la destartalada extensión de las composiciones más puras. Y es que hasta una composición única, estaba descubriendo, era un múltiplo. Este proyecto era, sin embargo, utópico: pretendía ser una plataforma para colectivos. Lo cual quería decir que necesitaba considerar las implicaciones de un último elemento: el lector ausente y múltiple.»


[As imaxes son miñas, agás esta da capa da editorial Anagrama]