Amosando publicacións coa etiqueta Raíña Branca Raíña Vermella. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Raíña Branca Raíña Vermella. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de xuño de 2012

sábado, 5 de maio de 2012

Non esperaba menos de ti, Marquesa, que me colleras da man até debaixo dunha árbore.
Que sinalaras aos animais e arodearas a paisaxe
abrindo con detalles os nomes da vexetación, como se de partes do corpo se tratase.
Pulmóns calcinados, lingua grosa, latexos nos sitios insospeitados
qué enfermidade padezo, señora, qué brancura. / loucura
Vimos o que podía pasar.
Unha alfombra de fermosas flores se extendía cara nós.
Unha alfombra natural onde se lía de tódalas cores:
happily ever after.
Vimos todo o odio á liberdade tatuado na paisaxe e dixemos
ata nunca. 

Raíña da fala

De carne e parafusos
articulada
por ti, raíña da tinta

venres, 4 de maio de 2012

A que leva o amuleto das serpes

As regras do xogo polas ti.
Abres a caixa, tes o anel,
Emperatriz infantil
de (l)íngoa bífida,
porque me ves                                a cruz
concluínte     difícil     definitiva
nada doce.

Introducción ao xogo

Velaquí un poema que escribín dentro dun proxecto de correspondencia poética con Emma Pedreira.
 

A través de ti.
A través de vós.
Pregúntame se o meu sabe das miñas.
A pregunta sela os ollos con maquillaxe.
Quere ser xoguete. Entra no catálogo.

Ela dime algo que non ten significado,
o monte é como o pinta, máis: non representa
constrúe os xoguetes.
Sabe o que nos fai. Jesus was a woman.

Sábeme ben que ela viva como humana.
(A boca mecánica - A boca perfecta
queda aquí no territorio fantástico
meu meu tan meu como o home polo que me pregunta a maquillada.)

Non fuxo da pantalla, non fuxo dos acenos
só gostaría de me desprogramar. Practico a carreira
perdo folgos, aspirooooo... todo o que a outra me da,
a raíña branca a que me atravesa ou quere ser atravesada por min
como unha rúa disposta ás miñas agullas.

Ten o que queres
canto máis me digan do escuro, máis luvas
                                                   máis tecno
                                                   máis adolescer coma un pétalo murcho
nas follas dun libro pecho
na meniña inerte
no mono de traballo dun albanel, papá.




sábado, 24 de marzo de 2012

Odiar, Loitar, Cambiar

"Si de todas formas vamos a morir, yo prefiero morir luchando, ven a mi Gmork, yo soy Atreyu"

Michael ENDE, La Historia Interminable


sábado, 25 de febreiro de 2012

Escoller ao amante ou ser o bocadiño



Escribir ese poema enriba da mesa. 

Escribir ese poema (escoger al amante o ser el bocado) acostada en la mesa.



[Cadro: Andrea Mary Marshall]

mércores, 28 de decembro de 2011

Veredicto: guillotina.

 

No existe el tiempo
si no lo cambias
lo cambio yo.

No me preguntes
no te contesto.
Las cosas salen
si yo las quiero decir.

No me defino
nada es completo.
Soy como un árbol
en invierno.

No finjo ideas
que ya no pienso.
No llevo ropas
para otro cuerpo.
 
 
[Da canción "Bajo tus luces", Kiki d'akí] 


Finalmente, despois de moitos meses, rematou o xuizo.
Veredicto: guillotina.
E non foi fácil. Por fin rematarán as idas e vidas, os soños belos -si, con vestidos cor champán e campos verdes tremendamente luminosos, si, a eses debo dicirlles adeus tamén-, os pesadelos, a tinta branca, branco enfermidade (o da fermosura da neve tamén, ten que haber onde agarrar para nos encadear), o berro inmóvil, o cemento engomado, o cal que engrosa as paredes, e cando queima tamén. Por fin, tanto traballo e desatino, tanto desexo -maiormente debuxado unindo con moito esforzo as liñas de puntos-, tanto ir e non vir esnafrouse contra a miña parede, que existe, vaia se existe. Que non hai distancia que me separe do mundo? Que aquí todo ferve até o ponto de facer desaparecer a pel, esa fronteira? Nanai,
non,
non,
non. Antes de rodar a cabeza da Raíña, recibiu un só golpe... contra o meu cristal... e
caeu, caeu a Raiña do Silencio. Rodou, rodou a súa cabesa.
...Guindeina fóra de xogo...
aiiiiiiii, qué ben!

A neve e o sangue cada vez están máis separadas. Si, a etiqueta confusion is sex xa non ten sentido no branco silencio. Volta ser miña, negra&vermella. Volta ser adolescente, volve ser un remuíño que confunde a paixón coa forza e é da cor do sangue. Ben, ben, ben!


[collage by me, fíxeno fai tempo para o Xoguetes póstumos de Emma Pedreira, como póstuma tamén é esta carta-entrada-relato de cuspe]