Amosando publicacións coa etiqueta Psi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Psi. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de abril de 2016

XXI Xornadas Trasalba: Psiquiatría, Psicanálise e Literatura "Galicia Style" (2016)





Este ano celebramos de novo as XXI xornadas ás que todos estades invitados. O titulo xenérico é Galicia Style con toda a retranca que ten escribir títulos deste xeito.

Xurde dunha teima sen resolver sobre a que vimos falando de xeito informal dende xa hai tempo,  ata que, por fin, a idea coagulou en facer un encontro. (por certo, un mecanismo moiTrasalba style).

Trátase de poder falar do que os termos Galicia e Estilo suscitan nos diferentes invitados, e a partires do que nos conten, facer una conversa que sexa texto e pretexto. Abrir preguntas, desenferruxar os miolos e atreverse a pensar sobre o que acontece ou o que non; do que, se non o fai, debera; do porque si ou porque non. 

Se identidade e identificación non son o mesmo: ¿que rasgos nos configuran como pobo?, ¿é Galicia sitio distinto como dicía Reixa? ¿que relacións mantemos co poder? ¿de que maneira gozamos como pobo? ¿que relación temos co saber ? ¿e a relación coa pulsión de morte?

Estas son algunhas das cuestión polas que orientarse e abrir o debate.

Se o estilo supón unha posición subxectiva, e á consistencia do mesmo a través do tempo lle podemos chamar identidade, poderiamos aventurar un subtítulo ao redor da cuestión do estilo: ¿que posición ética como pobo temos fronte o desexo, o amor e o goce?

Sobre destas cuestións e outras moitas posibles, falaran os nosos convidados, aportando o seu saber e reflexións sobre o asunto, e o que lles suxire.




Sábado, 28 de maio 2016
Programa:

“A discreción”.
Antón Casais (Psiquiatra, psicanalista)

“Galegos en Venezuela: 1950-1980. Adaptación e choque de percepcións”. 
Moncho Campos (Profesor de historia da Universidade de Vigo)

“A nena e o infinito canto do tubérculo”.
Olga Novo (Poeta, profesora IES)

“A fraseoloxía como expresión de estilo”“.
Francisco Fernández Naval (Chisco) (Novelista e poeta)

“A identidade galega como creba: una proposta estilística”. 
Xosé Manuel García (Economista)

“Fronteira interior: ¿onde remata Galiza por dentro de nós? Unha aproximación dende a práctica da poesía”. 
Ana Cibeira (Poeta)

“A pasión de Concepción Arenal. ¿Un torrente ou abismo?”.
María Antonia de Miguel. (Psicanalista)

“A indiferencia coma feito diferencial galego”.
 Xaime Subiela (Politólogo)

Santiago Lamas presenta ao Profesor Manuel Sánchez Salorio (Médico oftalmólogo, humanista): “Cambio de papeis na función social do médico. Reflexións sobre unha peripecia”.


Eis as Xornadas Trasalba, que ano tras ano mesturan reflexión sobre psiquiatría e artes. 
Tentarei desta volta que fun convidada, escreber algo sobre o acontecer poético galego dende fóra de Galicia. 

Tentarei contar cómo no Madrid dos 2000s o castrapo de Luz Pichel topouse con lectores de acolá no seminario Euraca. Cómo -dende a experiencia propia- escreber en dúas linguas (tras dez anos de estancia na capital do Estado) condiciona o tecido lingüistico do pensamento, ou máis ben predispon - no meu caso- á intertextualidade... que non á apropiación. Quero falar tamén de cómo a opacidade da lingua fai patente a súa arbitrariedade dende o xogo bilingüe. Sobre respeito e autoodio; ideoloxía e verba. Quero mesturar todos istes conceptos dende a práctica dos textos, nesta nova rota que últimamente estou explorando: as políticas da palabra.

Obrigada, Asociación Galega de Saúde Mental - AEN Será un pracer pensar sobre todo isto e compartilo.






luns, 1 de xuño de 2015

Fóra do lote de actividades

Rachel Papo


Eu realmente ingresei, hai que dicilo, dúas veces na Robleda. A primeira, cando quedei sen coñecemento, un día que me desmaiei... Creo que estiven nove días nos que recuperei forzas. Non podía andar, estiven cinco días nunha cadeira de rodas. Logo veu a miña filla e a familia de vacacións. Eu pedín... Non, supliquei ir á casa. Ademais, pensaba que coa alegría de ver a familia todo iría ben… Pero despois de catro días, fixen ao revés: supliquei para que me levasen de volta. Entón, eu estaba mal, pero non tan mal para non poder pensar...  E dixen para min: “Aquí teño que facer algo para superar isto”. E comecei a escribir, como fixen toda a vida. Porque sempre levei comigo cadernos... Fose a onde fose. No psiquiátrico non podía ser menos... E comecei a escribir todos os días... Mira, agora a psiquiatría é moi moderna e ponche un lote de actividades. Na Robleda podía pintar, facer ximnasia e todas esas cousas... Pero, iso, a min non me gustaba... Eu prefería escribir. Un escritor observa todo o que hai ao arredor e alí, á miña beira, había moito que observar.


Úrsula Heinze