Amosando publicacións coa etiqueta Primas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primas. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de decembro de 2015

Un sol ferido é a noite


Soñei que durmía na cociña. Soñei que nunha viaxe en metro, non en Madrid, falaba co chico de Who killed Bambi, a tenda de Santiago. Soñei coa Festa do Sisto, aí estabamos anos despois, bailando entre tíos louros, cecais porque unha amiga por chat antes de durmir díxome moitas veces 'agosto' 'agosto' 'agosto'. Soñei esperta xa, que volvía ao delta del Ebro, cando Marta me mandou un bico por wassap dende aló volvín a ese verán do Capitán Sangre, no que andaba eu d´aquí pralá con eses 'chores'* negros tan guapa. Ese foi o verán no que aprendín a ser un camiñante. Pero que ninguén se leve a engano, esta é a festa do recordo, o despiporre...tamén soñei con que J non me escribira mensaxe algunha, e con que a nova pretendienta de I. non tiña problemas coa súa identidade nacional! Ouvíronse berros de 'independenza' 'independenza' por todo o soño igual que flotaron onte pola zona vella de Santiago despois da mani. Seguía dentro de todo isto cando entrei na cociña e facía un sol de finais de verán e qué mágoa non ter durmido aquí dentro, de veras con este vestido rosado, mesmo enriba da mesa, coas follas das matas enriba da cara...

video



(Chores: "Shorts" en Castelán de Venezuela, pantalóns curtos)