Amosando publicacións coa etiqueta Prensa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Prensa. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de outubro de 2015

Collage "underground" na revista Caravansari

Un collage meu: Autorretrato 


En los últimos años se percibe como la poesía sobrevive en un contexto adverso que afecta a todos los escenarios posibles. Esta es la realidad que enmarca nuestro objeto de interés: un panorama literario gallego en el que, al ralentí, van irrumpiendo y consolidándose voces que apuestan por el lenguaje poético como medio de expresión –con todo lo que esto supone– desde posiciones distantes. La atención a la diversidad de propuestas será el objeto de interés de estas líneas que buscan confeccionar un pequeño mapa de ruta dedicado a aquellas interesadas e interesados en asomarse a la producción poética en gallego más reciente. Además, el exceso de abstracción que pueda surgir a la hora de aproximarnos a los poetas y sus obras será compensado por la publicación, en este nuevo número de CARVANSARI, tanto de una selección de poemas de Xavier Seoane y Lorena Souto como de las reseñas de Natàlia Oriol, Isaac Lourido, Manuela Palacios y Gonzalo Vázquez sobre algunos de los títulos más significativos de estos dos últimos años.

Así, nuestro paseo por la creación poética gallega actual se estructurará en cinco paradas –podrían ser más, indudablemente– en las que accederemos a las propuestas de poetas de diferentes edades e intereses que ejemplifican diversas líneas creativas: 1) el diálogo con la tradición; 2) las poéticas de ruptura; 3) el tránsito por las hendiduras; 4) las relaciones interartísticas y 5) la apertura a otras geografías. La elección de estos hilos, y no otros, viene motivada por la intención de plasmar, en unas limitadas líneas panorámicas como estas, la convivencia en el panorama literario gallego de un gran número de propuestas heterogéneas que nutren un espacio poético relegado, en ocasiones, a la latencia y que, en los últimos años, lucha por encontrar vías –recitales, espectáculos multidisciplinares– que trasciendan el formato libro y ofrezcan al lector otro tipo de experiencias. El resultado será un retrato actual y general –uno de tantos– de la poesía gallega en tanto que campo de convivencia.

Antía Marante Arias


Pois aquí, no número 5 de Caravansari. Poesía contemporánea de lenguas peninsulares, e así, na recensión "Convergencias y divergencias en la poesía gallega última" é onde me encadrou Antía Marante Arias. Podedes ler o texto, desfrutar da antoloxía e degustar o resto da revista, aquí.

mércores, 7 de xaneiro de 2015

En Conocer al autor (Videos)


O pasado Decembro, Conocer al Autor grabou a presentación de tres dos meus libros: Pintalabios (Toxosoutos, 2011), A morta (Barbantesa, 2012) e da antoloxía onde tamén inclúo textos: Esferografías (Lastura, 2014).  
Teño sorte de estar entre outras moitas escritoras e escritores, pero polo que de verdade sinto fachenda é por estar entre autores da literatura galega, tal é o caso de: Xavier Alcalá, Diego Ameixeiras,  Yolanda Castaño e Suso de Toro.
Deixo aquí os enlaces por se queredes botarlles un ollo:
Sobre Pintalabios, aquí
Poemas de Pintalabios, aquí
Sobre A morta, aquí
Poemas de A morta, aquí
Sobre Esferografías, aquí
Poemas de Esferografías, aquí
Por outra banda, recoméndovos a presentación que Davidia Martín Saornil fai do libro colectivo Papilas analógicas. Paisaxe sur text. Un libro que asinamos ela, Elia Maqueda e máis eu e que tamén foi editado neste 2014 pola editora Progresele na súa colección Diminutos salvamentos. Ver aquí, e os seus poemas aquí.
*
El año empieza cargadito de energía. Podeís escuchar la presentación en Conocer al autor de dos de mis libros Pintalabios (Toxosoutos, 2011) y A morta (Barbantesa, 2012) y de una antología en gallego en la que participo: Esferografías (Lastura, 2014) por aquí:
Sobre Pintalabios, aquí
Poemas de Pintalabios, aquí
Sobre A morta, aquí
Poemas de A morta, aquí
Sobre Esferografías, aquí
Poemas de Esferografías, aquí
Me llena de orgullo participar de este portal junto a mis compañeros de la literatura gallega: Xavier Alcalá, Diego Ameixeiras,  Yolanda Castaño e Suso de Toro.
También os recomiendo escuchar y disfrutar de la lectura de Davidia Martín Saornil, una de las voces, ademas de la de Elia Maqueda y la mía, que aparece en Papilas analógicas. Paisaxe sur text (Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014). Aquí y aquí

domingo, 21 de decembro de 2014

Entrevista en Infolibre sobre Poesía e internet

[Foto miña do meu tumblr Punk secreto] 

Poesía e internet, últimamente todo el mundo habla de esto. Saila Marcos del diario Infolibre nos entrevistó a Elena Medel y a mí y el resultado es un bonito reportaje fruto de su mirada sobre la poesía que se está escribiendo en y sobre la red. Algunas de las cuestiones que estuvieron sobre la mesa fueron: Tinta roja, el ciclo de recitales que organizo dos veces al año en Madrid, el papel de las mujeres en la poesía actual, la calidad de la poesía gallega, los contenidos feministas del trabajo de algunas autoras, el cambio en el lenguaje a partir de que internet sea ya no un canal de comunicación, sino un archivo vivo de nuestra existencia... Que la disfrutéis.
Entrevista a Ana Cibeira & Elena Medel por Saila Marcos en Infolibre, aquí.*
[*Contenido de pago] 

sábado, 25 de outubro de 2014

"Esferografías" de VVAA, Editorial Lastura

Aquí vai a  reseña da antoloxía Esferografías (Lastura, 2014) que está composta por poemas do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. Esta recensión vén asinada por Vicente Araguas (él mesmo poeta participante no libro) e foi publicada o 19 de Outubro no suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol.
 Aquí vola deixo.
Que non bilbaínos, claro, que eu ando a falar desta tropa que se xunta cada mes no Café Comercial da madrileña Glorieta de Bilbao. Si, onde estaban aqueles “pocitos de nieve”, dos que xa falara Don Benito Pérez Galdós (quen soubera do atentado mortal contra Don Juan Prim y Prats entrando, ou saíndo, do devandito café, días de decembro de 1870, pois). Pociños da neve para manter fresquiños os beberetes no duro estío madrileño, antes de que se inventaran as argalladas refrixeradoras que hoxe coñecemos. Para estes veráns mesetarios, cando os tertuliáns do Comercial saímos a fume de carozo camiño de outras derivas.
Pois ben estas tertulias (hai quen lles prefire chamar faladoiros) foron ocorrencia do moi bulidor e argalleiro Xavier Frías Conde, que é (“just for a change”) quen coordina o libro que hoxe teño diante miña. Esferografías (Lastura, Ocaña, Castilla-La Mancha, 2014).
Trátase dun volume nada voluminoso, fermosamente maquetado (e maqueado, permitáseme o coloquialismo), que insire dez poetas dos habituais (uns máis que outros) no café que rexenta a familia Contreras, frecuentado por Don Antonio Machado, veciño del poisque a súa derradeira morada madrileña fora na Calle General Arrando, a unha carreiriña de can da Glorieta.
Eu quero dicir, facendo lóxica omisión de quen isto asina (tamén presente no libro, cun avance ou “tráiler” da súa “work in progress”), que aquí hai poesía, e en xeral, poesía boa. Atopamos no libro donas como Luz Pichel, unha das grandes do momento galego, Ana Cibeira e Verónica Martínez Delgado, transgresoras e revoltadas, ou Begoña Regueiro e Montserrat Villar González, música ben temperada en ambos casos, máis de interiores a primeira, cousa salgada e con maruxías, pois, a segunda. Entre eles, Xavier Frías, pai do invento (e aínda dos inventos), erotómano para o caso, cal esa cuncha que ven sendo en checo, lastura, precisamente.
E tamén Luis Luna, autor desta volta duns prosemas (que diría Ángel González) con fondo e forma, enxeño e sabedoría. Logo está Manuel Pereira, a afondar en si mesmo nun xogo de espellos orixinal e senelleiro (cal o oficio poético, por el tan transitado). E, por fin, Rafael Yáñez, glamuroso eexacto, poeta de longo percorrido que se insinúa detrás dunha poética que opera baixo mínimos; moi gratificante xa que logo.
Quixera dicir tamén que, a risco de semellar da Confraría do Santo Reproche, que vai sendo horas de que muden as cousas para os que escriben (escribimos) en galego fóra de Galicia. Que se vexa que esta tropa tamén existe. Que por moi pouco doado que sexa pronunciarse en galego entre Fuencarral, Luchana, Sagasta e Carranza (os límites de Bilbao, lástima fora), isto é o que hai. Un choio fermoso o de Lastura, baixo da man comunada do Frías e de Lidia López Miguel. Pois.


Vicente Araguas


luns, 21 de maio de 2012

Ilusión



-Díganos algúns nomes de novos autores que andan polo país e que non debemos perder de vista.
Dos que se incorporaron con forza no último ano: a) en poesía: Ana Cibeira (Pintalabios), Iria Fernández Crespo (Flores da galvana), Luís Valle (Fedor) e Diana Varela Puñal (Animal abismo); b) en narrativa: Anabel Alonso López (Café só), Antonio Piñeiro (As fiandeiras) e Juan Tallón (A pregunta perfecta); c) en teatro: Fernando Álvarez (O ático); d) en ensaio: Xurxo Martínez González (Luís Soto. A xeira pola unidade galega).

Qué luxo andar na biblioteca de Armando Requixo! Non si? 

[A ligazón a toda a entrevista, aquí]

sábado, 5 de novembro de 2011

Poemiña de Pintalabios, vémonos o mércores en Compostela!



MESTIZA
*
Agora que tita durme
a x millas da túa casa
¿peco de encaixe ou de drama?
*
Sobre min a tormenta de ser dúas:
¿galega ou latina?
¿da cámara ou da pluma?
*
Burbulliñas de rimel
co que afirmo a vida mestiza,
¿pecando de rouge ou de suicida?



Reseña de Vicente Araguas na Nordesía (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html

Reseña de Héitor Mera no Faro de Vigo (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/05/pintalabios-no-faro-da-cultura.html

luns, 19 de setembro de 2011

Da tinta á pegada dixital. Crear dende a ventá




Aló estivemos reunidxs todo o sábado. A carón de tódolos grupos feministas da Galiza, no edificio NORMAL da Universidade da Coruña, rodeadas dunha fermosa expo de feminismos que me descubriu cousiñas... pagou a pena estar aló, con toda a aelg, pagou a pena a viaxe relámpago, a escrita nouturna, os medos domados... Graaaaaaaaaaazas Antía, e todxs!
Os nosos textiños sairán nas actas ou publicación e xa preguntarei para subilo aquí ao blog!



[Este agosto na Coruña; xogando coa perspectiva e a ausencia dela... como Estíbaliz // video: o Leo e o seu fermoso acento]


luns, 4 de outubro de 2010

Poesía dourada, galega resistencia

 

Unha nova reseña sobre a presentación do libro Sétimo andar, poesía alén. Cheverísimo


POESÍA GALLEGA, DORADA RESISTENCIA

Porta Verde es, más que un colectivo, un espacio poético gallego y galleguista, que tiene sede en Vigo igual que otros grupos como Formas Difusas o Brétema. Son agitadores en la aventura emocional de la palabra.
06:30
José Lores: foto.
FERNANDO FRANCO De la poesía siempre se dijo que era un género minoritario, que no era rentable editorialmente, que no interesaba... pero siempre estuvo ahí, subsistió demostrando que tiene su razón de ser en el paisaje de la palabra."La poesía existe porque sabemos que vamos a morir", dijo Antonio Gamoneda. Fijémonos en este octeto de la foto. Posan para nosotros minutos antes de presentar hace unos días el libro "Sétimo andar, poesía alén" en Vigo y en A Cova dos Ratos, y pertenecen al colectivo A Porta Verde.

En el pasado más cercano recordamos en Vigo a Rompente y en Galicia a grupos poéticos como Ronseltz, Letras da Cal, Colectivo Sacou, el Batallón Literario da Costa da Morte... En el presente podríamos citar en nuestra comunidad a las Redes Escarlata o al Clube dos Poetas Vivos, este último radicado fundamentalmente en Ourense, y en la ciudad olívica a Formas Difusas o al longevo Grupo Brétema.

Para Alfonso Láuzara, portavoz de Porta Verde do Sétimo Andar, "Vigo foi sempre unha cidade moi dinámica que propiciou a xeración dunha chea de iniciativas culturais de todo tipo e unha intensa actividade creativa. No caso de Porta Verde, que máis que un colectivo pretende ser un espazo creativo galego e galeguista cunha marcada vocación cosmopolita, contamos cun nutrido grupo de colaboradores con procedencia de toda Galiza, algúns residentes fora. Neste sentido, a importancia de Internet é enorme, non só polas posibilidades inmensas de contacto con outros e mesmo entre nós senón pola facilidade que da para a difusión de calquera obra ou evento poético".

Quienes veis en la foto son agitadores en esa aventura emocional de la palabra que es la poesía, y ocho de los nueve autores de "Sétimo andar, poesía alén". Son Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, Manolo Pipas y Ramiro Vidal. Faltaba María N. Soutelo. "Na actualidade -nos dice Láuzara- hai unha especie de época dourada no eido da poesía galega, estánse a facer cousas moi interesantes e moi boas; sen embargo, este dado contrasta co estado de abandono e case de desprezo polo idioma galego dende as insticuións. A poesía galega é necesaria e dunha grande creatividade nunha situación de auténtica resistencia.

Los de Porta Verde nacieron hace cinco años y cuentan con un blog (http://aportaverde.blogspot.com) que pasa ya de 40.000 visitas. Es un espacio abierto a todo tipo de expresión artística pero unido por la defensa de la cultura gallega, por la idea de hacer una poesía en gallego para Galicia. "Sempre houbo grupos -dice Láuzara- que desenvolveron boa parte da súa actividade en Vigo pero o máis frecuente é que teñan un ámbito de acción canto menos en Galicia".


FRANCO, Fernanado, "Poesía gallega, dorada resistencia", Sección Olívicas Miradas, Faro de Vigo, Mércores 29 Setembro, 2010.

luns, 23 de agosto de 2010

Nova Galicia-hoxe do Recital en Couceiro (Agosto 2010)


VOCES DE AFINIDADE
 20.08.2010 Cinco poetas galegos vinculados dalgún xeito ao Grupo Bilbao únense na Librería Couceiro de Compostela para facer mañá un recital titulado "Os Camiños de Oz.


O recital titúlase Camiño de Oz pero non ten nada que ver co Camiño de Santiago, aínda que se celebre en Compostela: mañá ás sete e media da tarde na Librería Couceiro, en pleno corazón da cidade e do tránsito de peregrinos. Tamén ía ser un recital de presentación en Galicia do grupo Bilbao, que reú- ne unha serie de poetas galegos asentados en Madrid, pero a imposibilidade de conciliar horarios -e vacacións- converteuno nun "acto de afinidades poéticas" entre tres membros do grupo -Ana Cibeira, Begoña Regueiro e Xurxo Fernández Martíns- e algúns dos seus poetas paralelos: Emma Pedreira e Dores Tembrás.
Todos eles serán presentados por unha das críticas literarias máis recoñecidas do país: Teresa Seara.
O grupo, apunta por teléfono Ana Cibeira,organizadora do acto, reúnese unha vez cada mes no Café Bilbao, de aí a súa denominación. Nel conflúen poetas sen obra individual publicada e outros de traxectoria longa, como Vicente Araguas Fermín Bouza Álvarez ou Manuel Pereira Valcárcel. Nesas reunións, engade Cibeira, "falamos das nosas cousas e de poesía"
Unha das súas últimas actividades pública foi o 17 de maio na Uned de Madrid. Alí presentaron unha antoloxía do grupo, realizada por Xabier Frías e titulada Abranguendo marés nos pousos do café. Foi "un encontro decisivo porque o grupo se reforzou e eu calculo que no outono nos presentaremos en Galicia".
Con Emma Pedreira -unha das poetas que nos últimos anos se enfrontou á renovación da lírica feminina en Galicia-, Cibeira mantén unha estreita amizada e unha colaboración regular. Ademais de poeta, fai colaxes e ilustroulle Xoguetes póstumos, un libro que a Pedreira lle valeu o Premio de Literatura erótica Illas Sisargas 2009. Ese traballo, o primeiro que realizou como ilustradora, serviulle de acicate e desde entón, publicou colaxes en distintas revistas.
Ademais das antoloxías do grupo Bilbao, tamén pode rastrexarse a obra de Cibeira en volumes colectivos, como o volume Letras Novas da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) ou Poesía alén, do colectivo A porta verde do sétimo andar.

Publicado en Galicia-Hoxe o 20 Agosto 2010.