Amosando publicacións coa etiqueta Poemas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poemas. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de novembro de 2015

"He aquí el mar quemándose" Raúl Zurita



Se dice que el agua tiene memoria
yo creo que también tiene voz

Patricio Guzmán

(...)
tus ojos
de flores entreabiertas
Y yo trataba de besarte sobre el cristal y era como
si tú también trataras
y un rouge imaginario se me pegaba al vidrio
y mis lágrimas y mi saliva se iban quedando
encima, pegajosos,
igual que aguadas de nubes sobre la mirilla.
.

CIELO ABAJO
La enorme costra de sal le otorgaba al desierto
esa blancura delirante que sólo pueden entender 
los fanáticos, los locos o los puros. El tajo del
horizonte se cortaba al borde, como un abismo, 
y el cielo comenzaba a remontar desde él
suavemente, sin prisa, curvándose hasta alcanzar
esa imperturbable lozanía que posee todo aquello
que nunca ha dependido del error de la mirada 

(...)

.

(...)
                                 como
el amor que es triste y real.
Mi país roto en quince millones de seres
que van juntos y flotan como una bandera 
muerta sobre las flores 
como lejanas flores, como lejanas
banderas cayendo sobre las flores muertas.
.

El desamor congeló entonces el Pacífico
uno frente al otro sus paredones eran
dos enloquecidos témpanos estrechándonos


Raúl Zurita





VERÁS QUE SE VA*


                        A Paulina Wendt
                        con quien moriré*
                         
Soñei esperta agora
tirar Zurita, o libro, ao chan pum pum
como en París enriba da cama, 
e dicirche de novo
dous anos e dous meses despois
-océano separando témpanos-
dicir, echar broma"tú sabes;
todos los poetas somos amantes e inéditos"*
e rir, rirme      para non pensar máis
na adicatoria.



*Versos e adicatoria que abre o libro Zurita de Raúl Zurita, Editorial Delirio, 2012


venres, 31 de xullo de 2015

Manifesto Wuthering

Arvida Byström


afraid of falling
to sleep
without
belonging
to someone
Sasha Leshner


did he like your
really quiet
idea of living
like going to the movies alone
 Sasha Leshner 


Manifesto. Wuthering love. Manifesto. Wuthering noite da miña vida. Manifesto. Wuthering verán e cando non. Manifesto. Wuthering nunca máis amar. Manifesto Wuthering ferida. Manifesto. Retorno a Wuthering Heights. Manifesto. Wuthering Galicia. 

 

sábado, 29 de novembro de 2014

xoves, 5 de xuño de 2014

Caer do ceo

Ogallá a beleza salvara, e o papel fora casa e o sangue fora tinta e nevara cada día.
Abrir a boca e beberse
Que a puta pureza existira - a identidade nacional, o xénero, a raza.
Que a puta pureza existira - a clase si que existe.
Que a puta pureza existira
e non se deixara de ser nena.

mércores, 9 de abril de 2014

Non sodes un bo espello


A túa constante face-parede
Cómo me vedes devólveme outra.

SI MU LA CRO a deshora


 Para Á.

Volvín durmir atravesada. Colgando a testa, atravesada. Azul bágoa atravesada. Non te amoles, isto non é o que importa. Menos mal que fas ruidos comigo, que me lembras que non todo é estar no mundo, que podemos dicir da-dá ainda que os tempos nos escorreguen entre as pernas. Vou á túa casa que me parece un remorso, non, un deserto de pracer. Estou na túa casa e leo deserto onde cantas Desierto de Sonora. Todo o que dis grave non sei se é monocorde, pero me leva e me volve traer aquí: vento abaneado pelo Desierto de Sonora. Son en galego: sonido e soy muertos en el Desierto de Sonora.  Autorretrato atravesado a altas horas. En ves de comer xelado e limpar a casa leo alén dos mares, penso en ruidos coa nosa boca de fresa dadaísta e choro atravesada no medio e medio da cama. Como cando se foi, e se levantou o vento todo. Zoar de avión. Despegar dunha alarma penetrante:::::::amenazadebombaamenzadebombaamenazadebomba..si-mu-la-croSI-MU-LA-CROsimulacrosimulacrosimulacro, ou vida?
Quererme quen? se son RUIDO
deserto
cactus
becho


venres, 25 de maio de 2012

Que o sangue sega revolto

Foto atopada das tatuaxes de Lesley Arfin

Lo peor es que como muchos acaben por pensar que son estos los libros que hablan de nuestro tiempo, acabarán por convertirlo en algo así: soso, plano, inculto, sin rastro de pasión. Una mierda, vamos. Y, por lo menos yo, me niego.
Martín López-Vega

Contra isto mesmo creei este conxuro en forma de poema.

 

CONXURO CONTRA LECTURAS EXANGUES

Paxaro de cortiza
século XXI picado
cuspe negro de andoriña                       
nun brazo adolescente
colgando       dunha bañeira.
Tatuaxe

Serraduras na cabeza das aves
venas tristes na pel pálida
1 falsa suicida ensina as puntadas
da súa carne suxeita por arte de maxia;
difícil o baile e aínda a fala
de membros podres e diario corrido.
Eu mirando a estampa véxome
impedida a respirar con regularidade.

Plumas azuis, regos suxos
tinta baixo os ollos,
o contorno das sombras
ten forma de xílgaro mudo.
Lendo o primeiro parágrafo véxome
impelida a respirar con irregularidade.

Derme gravada, restos acibeche;
claro que me seduce a celeste pauta
pero vou    essspirrarrr  e  soprar                  soprar              soprar
botando a casa abaixo
(detrás, o lomo-ceo deste retrato)
____rodarán mazás e  c-o-r-t-a-r-e-i-r-e-m-o-l-a-c-h-a
sobre as tellas manteiga untada
fervendo un caldeiro d’auga
que na lareira será a túa trampa
cando me baixes buscar este Nadal
en forma de autoregalo,
rendida eu xa
ás revistas modernas e raras.

 
 *

CONJURO CONTRA LECTURAS EXANGÜES

Pájaro de corcho
siglo XXI picado
saliva negra de golondrina
en un brazo adolescente
colgando         de una bañera
tatuado.

Serrín en la cabeza de las aves
venas tristes en piel pálida
1 falsa suicida enseña las puntadas
de su carne sujeta por arte de magia;
difícil el baile y el habla
de miembros podridos y diario corrido.
Yo mirando la estampa me veo
impedida a respirar con regularidad.

Plumas azules, sucios surcos
tinta bajo los ojos,
el contorno de las sombras
tiene forma de jilguero mudo.
Leyendo el primer párrafo me veo
impulsada a respirar con irregularidad.

Piel grabada, restos azabache
claro que me seduce la celeste pauta!
pero voy a      estornudar y soplar              soplar             soplar
echar la casa abajo
manchando el lomo-cielo de este retrato
______rodarán manzanas y c-o-r-t-a-r-é-r-e-m-o-l-a-c-h-a
sobre las tejas mantequilla untada
hirviendo,  un caldero de agua
que en la chimenea será tu trampa
cuando bajes a buscarme esta Navidad
en forma de autoregalo,
rendida yo ya
a las revistas modernas y raras.

Este poema está recollido na antoloxía VVAA, Bilbao. Poesía gallega en Madrid, Amargord, Madrid, 2012


xoves, 9 de febreiro de 2012

Vivir fóra - Foreign Land



Entre todos os soños que teño, moitos deles son facer collages para as miñas / os meus escritorxs favoritos e poemas para as miñas artistas favoritas. Aquí dúas das últimas fotos da Sofía Siesta, unha delas! 


Luvas negras
branca lama cuberta
frías cireixas caen do ceo
Alemaña.

Onde a boca se transforma en burato
el fura o caos
ordena o arco da vella
e recolle xestos dela.
O floco do pelo recoñézoo
e volvemos ser louras
temos esas pernas rusas da Beecroft
percorremos calquera rúa que fale
raro
que besbeselle e nos poña sen máis.
Esa fría gorxa xermana
doe, en canto nos torce o bico. 



Guantes negros
cubiertos / barro blanco
cerezas frías cayendo del cielo
Alemania.

Donde la boca se transforma en agujero
él abre el caos
y ordena el arco iris
con  gestos de ella -otro recuerdo que se cuela-,
reconozco el flequillo
y volvemos a ser rubias
con nuestras piernas rusas a lo Beecroft
recorremos calles que hablan
raro
que susurran y nos ponen sin más.
Ese frío cuchillo alemán
duele, en cuanto nos tuerce la cara.

 



sábado, 5 de novembro de 2011

Poemiña de Pintalabios, vémonos o mércores en Compostela!



MESTIZA
*
Agora que tita durme
a x millas da túa casa
¿peco de encaixe ou de drama?
*
Sobre min a tormenta de ser dúas:
¿galega ou latina?
¿da cámara ou da pluma?
*
Burbulliñas de rimel
co que afirmo a vida mestiza,
¿pecando de rouge ou de suicida?



Reseña de Vicente Araguas na Nordesía (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html

Reseña de Héitor Mera no Faro de Vigo (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/05/pintalabios-no-faro-da-cultura.html