Amosando publicacións coa etiqueta Papilas analógicas paisaxe sur text. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Papilas analógicas paisaxe sur text. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de febreiro de 2016

Reseña do artefacto colectivo "Papilas analógicas. Paisaxe sur text"

A modo de arquivo...
Nayagua #23 recolle unha reseña de Pilar Martín Gila sobre Papilas analógicas. Paisaxe sur text, (Diminutos salvamentos, 2014) o artefacto que fixemos xuntas Elia Maqueda, Davidia Martín Saornil e máis eu.

Aquí

martes, 14 de xullo de 2015

Unha reseñiña de María do Cebreiro sobre "Papilas analógicas..." (2014)


Versos meus neste libro. Foto de teclista



María do Cebreiro sobre Papilas analógicas. Paisaxe sur text, Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014.

O outro día coñecín en persoa a Ana Cibeira, responsable durante anos da sección de poesía da librería La Central de Callao, e á que lle debemos que nos últimos anos a poesía galega parecese en Madrid o que realmente é: unha das ponlas máis vizosas da poesía contemporánea. Grazas a ela tiven noticia do libro _papilas analógicas. paisaxe sur text_ (Alsari, 2014), no que escribe canda Elia Maqueda e Davidia Martín Saornil, e que sen dúbida encaixa na infalible categoría dos libros raros e curiosos. Editado na colección diminutos salvamentos (onde saíron do prelo títulos tan importantes como _cativa en su lughar / casa pechada_ de Luz Pichel), o volume é un libro que non é un libro. Todo o que alí acontece está apegado aos rastros dunha oralidade voraz, até o punto de que resulta difícil prever quen fala primeiro e quen despois. Estas páxinas foron escritas por tres magníficas que militan nos acentos locais e que non queren encaixar en gramática ningunha, que se recoñecen (coma todas) nalgúns espellos máxicos, de Luísa Castro a Washington Cucurto. Un libro feito con alegría e desesperación, moi semellante ás tres vidas abertas que por el corren, sen cálculo nin escuadra.

María do Cebreiro Rábade Villar




luns, 12 de xaneiro de 2015

Unha entrevistiña na radio libre da costa da morte: paisaxe con forma de texto



Para escomezar 2015, unha mini entrevista e o recitado dun poemiña de Papilas analógicas. Paisaxe sur text (Progresele / Diminutos salvamentos, 2014) no programa "O noso xeito" conducido por Óscar de Souto en Radio Neria / Radio Roncudo aquí: http://www.ivoox.com/o-noso-xeito-decimo-oitava-edicion-audios-mp3_rf_3935150_1.html.
Foi o deste venres, un programa no que se celebrou o solsticio de inverno, se lle recitou ao alzheimer e onde puiden escoitar o traballo da miña colega Claudia Castro.
Moitísimas grazas, Óscar!


mércores, 7 de xaneiro de 2015

En Conocer al autor (Videos)


O pasado Decembro, Conocer al Autor grabou a presentación de tres dos meus libros: Pintalabios (Toxosoutos, 2011), A morta (Barbantesa, 2012) e da antoloxía onde tamén inclúo textos: Esferografías (Lastura, 2014).  
Teño sorte de estar entre outras moitas escritoras e escritores, pero polo que de verdade sinto fachenda é por estar entre autores da literatura galega, tal é o caso de: Xavier Alcalá, Diego Ameixeiras,  Yolanda Castaño e Suso de Toro.
Deixo aquí os enlaces por se queredes botarlles un ollo:
Sobre Pintalabios, aquí
Poemas de Pintalabios, aquí
Sobre A morta, aquí
Poemas de A morta, aquí
Sobre Esferografías, aquí
Poemas de Esferografías, aquí
Por outra banda, recoméndovos a presentación que Davidia Martín Saornil fai do libro colectivo Papilas analógicas. Paisaxe sur text. Un libro que asinamos ela, Elia Maqueda e máis eu e que tamén foi editado neste 2014 pola editora Progresele na súa colección Diminutos salvamentos. Ver aquí, e os seus poemas aquí.
*
El año empieza cargadito de energía. Podeís escuchar la presentación en Conocer al autor de dos de mis libros Pintalabios (Toxosoutos, 2011) y A morta (Barbantesa, 2012) y de una antología en gallego en la que participo: Esferografías (Lastura, 2014) por aquí:
Sobre Pintalabios, aquí
Poemas de Pintalabios, aquí
Sobre A morta, aquí
Poemas de A morta, aquí
Sobre Esferografías, aquí
Poemas de Esferografías, aquí
Me llena de orgullo participar de este portal junto a mis compañeros de la literatura gallega: Xavier Alcalá, Diego Ameixeiras,  Yolanda Castaño e Suso de Toro.
También os recomiendo escuchar y disfrutar de la lectura de Davidia Martín Saornil, una de las voces, ademas de la de Elia Maqueda y la mía, que aparece en Papilas analógicas. Paisaxe sur text (Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014). Aquí y aquí

domingo, 16 de novembro de 2014

Everything is possible


De 11 a 22h pensamentos atropelados. Para iso buscaría un papel. Para anotalos embaixo. Soterralos. Deixar que a miña mente descanse. No traballo facemos unha selección de libros sobre o contaxio. Penso en Virus. Penso nese longo poema que saiu en Papilas. Logo pasan as horas. Súo a camisa, non saco o xersei. Teño medo do ar frío. Moitos clientes respiran a un tempo. Tes este título? E iste outro? Moreas e moreas de papiro esperan a ser o seguinte en ir descansar á casa, á estantería. A sala énchese de carbono, sego a suar, non anoto nada. Non saco o xersei. Penso moitas veces no que se dí: como vén un ao traballo dio todo. Este xersei de folerpas tecidas en lá grosa e fosforita di que quero quedar na casa. PERO QUE SE ENTEIREN TODOS, en amarelo chillón. Quentiña. Lendo. Quedar lonxe de todo. A lectura ha de ser do XIX. As bolas do xersei atropeladas. O negro tinta do fondo. Os clientes que espiran un ritmo nada natural. Quero crer que o incrible é posíbel: sair do traballo con folgos para poñerme a escribir despois de cear, ás once e media da noite.


sábado, 25 de outubro de 2014

Facebook recomenda poesía


A voltas de novo coa utilidade das redes sociales ou a dispersión á que nos leva, o escritor e crítico literario especializado nas relacións entre literatura, imaxe e tecnoloxía, Vicente Luis Mora pregúntalle a facebook qué libros de poesía lle recomenda. No que se refire á edición de poesía contemporánea no estado español, debido ao alto número de publicacións e á dispersión dos contidos na rede, non é fácil saber qué elexir e cómo chegar a lelos.
A diferencia de los primeros años de siglo, donde era relativamente fácil estar al tanto de los buenos poemarios que aparecían (otra cosa era conseguirlos), creo que el panorama español de poesía se ha fragmentado y disgregado de tal forma que tengo la sensación de estar perdiéndome buenos libros (...).
Así, ese animal social que é o feis, respóndelle nada máis e nada menos que con 88 títulos entre os que está o noso (de Davidia Martín Saornil, Elia Maqueda e máis meu) Papilas analógicas. Paisaxe sur text, editado por Progresele na colección Diminutos Salvamentos (e cun texto final de Eva Chinchilla, Patricia Esteban e Luz Pichel a modo de epílogo) fai menos dun mes.
Déixovos o enlace ao post completo, aquí
;)

xoves, 17 de abril de 2014

Narciso di


Jose Luis CASTILLEJO


I

bágoa pequerrecha quere ser mudanza
familia quere ser viaxe
día libre quere ser limpeza
e nada non é nada
unha conexión virtual
Crtl + Alt + Supr> reseteo

Vólvete nena
de memoria branca
(mira cara adiante)

non corras
 (mira cara adiante)

¡vas caer!
(mira cara adiante)
-camo un home
(mira cara adiante)
 seguridade de pedra
(mira cara adiante)
/sen pensar
(mira cara adiante)
/nin aprender
 (mira cara adiante)
non nada non traspasa-.


Ti, tira a roupa
-pero... llévala a Tacacalera¿no? o así-
¡VOUNA QUEIMAR o así

lagoa / sol de gafas / limonada
 (mira cara adiante)
-espeeera, que H vuelve-
mira cara adiante ou métete en Bloglovin,
síntente aló máis acompañad*:
Halaaaaaaa, cómo brilla todo, os sites do DoItYourself, a laca de unllas das sifrinas 
o que tecen as que tecen... HHHAAALLLAAA
a min non me gusta só a literatura. 
Encántame que unha poeta diga
gústame distraerme: a moda, ver unha película linda, o que brilla. 
Non o dí así o recordo.
Ten sentido seica que o novo bottón 
sexa un GIF da Eifel
Capitán Sangre, por qué te fuches?
por que te fuches?
o teu corazón afogado é tumba de Père-Lachaise
por qué te fuches?

II

Os escritores só temos a repetición 
así volo digo doutro xeito
pegar es Ctrl+V
de veggie de verano&helados de venga yaaaaaa ¡Vacacioooones!  
¿y borrar es cortar y no pegar hacer Ctrl+V?

III

Lagrimita de Naciso dice: 
"Desletrear" (...) liberar la letra para que funcione como símbolo y no nos marque como a ganado.*
Entón pro-probade a borralo coa lingua
lambendo cara adiaaante e que funcione
Ctrl+C era cortar
Si? Si! ¡Grazas!


(Inédito, 2014)




Texto para ler a catro voces
David Haller: texto en caixas gris & fucsia
Elia maqueda: negrita en castelán
Luz Pichel: texto en azul
Próximamente, 26 de Abril Siroco 2º Aniversario de SM, aquí