Amosando publicacións coa etiqueta Os meus poemas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os meus poemas. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de novembro de 2014

Deus non me borrará

[Foto e poemas miñas]
 
Deus non me borrará
 
 
De non ser adorábel
non tería crido en deus
nin nos lazos
nin en ti, literatura!
con todos os crebadeiros de cabeza
que me dás.
 
Teríame enrolado na Ruta Quetzal
estudado medicina -ou enxeñería-
e crerme un rapaz
non dende a polpa
senón no cotiá.


*
 
 
Dios no me borrará
 
De no haber sido adorable
no hubiera creído en dios
ni en los lazos
ni en ti, literatura!
con todos los quebraderos de cabeza
que me das.
 
Me hubiera enrolado en la Ruta Quetzal
estudiado medicina -o ingeniería-
y creerme un chico
no desde dentro
sino en el día a día.

martes, 25 de novembro de 2014

Preparando o mes cero, Decembro #1

[Detalle na revista Glamor España]
 
 
Curiosea dentro da barriga da balea
a ver qué deixou o ano:
un novo soño.
Cómo conseguir sair daquí enteira
non ser grolo
esnaquizada:
mudar a pel para non semellar bocadiño.
Ser burbulla
bailarina transparente
cuspe de cetáceo
e volta ao océano.
 

venres, 4 de maio de 2012

Introducción ao xogo

Velaquí un poema que escribín dentro dun proxecto de correspondencia poética con Emma Pedreira.
 

A través de ti.
A través de vós.
Pregúntame se o meu sabe das miñas.
A pregunta sela os ollos con maquillaxe.
Quere ser xoguete. Entra no catálogo.

Ela dime algo que non ten significado,
o monte é como o pinta, máis: non representa
constrúe os xoguetes.
Sabe o que nos fai. Jesus was a woman.

Sábeme ben que ela viva como humana.
(A boca mecánica - A boca perfecta
queda aquí no territorio fantástico
meu meu tan meu como o home polo que me pregunta a maquillada.)

Non fuxo da pantalla, non fuxo dos acenos
só gostaría de me desprogramar. Practico a carreira
perdo folgos, aspirooooo... todo o que a outra me da,
a raíña branca a que me atravesa ou quere ser atravesada por min
como unha rúa disposta ás miñas agullas.

Ten o que queres
canto máis me digan do escuro, máis luvas
                                                   máis tecno
                                                   máis adolescer coma un pétalo murcho
nas follas dun libro pecho
na meniña inerte
no mono de traballo dun albanel, papá.




xoves, 23 de febreiro de 2012

Fruta loca, 2004 (videopoema)






Pouquiño a pouco irei actualizando e completando o blog. 
Tocoulle a vez a fruta loca, un proxecto de poesía visual feito con fotomontaxes. 
Power point en man. Si, si, power point. A necesidade activa a imaxinación e inventa a técnica.
A Desfrutalo, aquí. 


[Primeira imaxe: fotoroubo; Segunda: fotograma de fruta loca.]