Amosando publicacións coa etiqueta Ollo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ollo. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2015

Organizar os recordos dunha cidade: Madrid I



MALASAÑA 

Cómo organizar os recordos en torno ás rúas.
Non sei cómo vou deixar esta cidade. É dificil en xeral, pero ir a Malasaña é matador. Hoxe andivemos por aló visitando unha óptica, probando lentes e dando un paseo. A verdade estiven feliz, pero agora penso, sinto cómo podo levar tres anos sen vivir aló... ;) Qué fermoso é o barrio a pesares de estar xentrificación. Madrid está rechea da miña historia. Madrid, Madrid, Madrid, Madrid.

1. Calle San Vicente Ferrer:
-O chino fronte á miña antiga corrala agora é unha tenda enorme de plantas. 
-A miña corrala está á venda: hai un carteliño no meu ex-balcón. Lembro o roubo, lembro a mudanza. Lembro o final do amor.
-O Veggie Room, unha nova tenda vegana, está nesta rúa. Pola tarde os adolescentes  que van a Taboo enchen a súa porta. A vida segue con auguiña de coco.
-"Moitas preas colleron a panda da removida musical no Red Bar!" penso ao pasar por diante.

2. Calle Espíritu Santo:
-A óptica hipster de sempre segue no seu sitio. Todos os lentes "para arriba" que A. non quere probar semellan os que fixeron famosa á M.teclista (aínda que ela os mercou en Nova Iorque ;)
-Fronte á tendiña dos cupcakes hai outra hipsterada ben rosa de donuts.
-O obradoiro que fai zapatos a man, incribles con moitas teas e que valen para vodas, aquí segue. 

3. Calle Corredera Alta de San Pablo
-A panadería non existe, hai un sitio de comida rápida que da moito baixón no lugar onde almorzamos por primeira vez xuntos J. e máis eu. Penso moito nesas barras de pan conxeladas que chegaban nun camión listas para ser forneadas, penso moito nelas cando vou á casa, a Compostela e mamá repite: "Señoriña, señoriña leve do meu, que anque lle calque e lle calque volve ao seu" para lembrarnos o boísimo que está o pan de Lalín que estamos comendo.
-O chino máis grande dese principio da rúa ten fóra máis prantas que antes, iso gústame. 
-Retro City segue no seu sitio, asomo a testa por ver se hai exposto algún bañador deses tan desfasados e lindos que eu tamén usaba canda nena.

4. Calle de Santa Bárbara:
(A rúa da  Gssh! Gssh! House)
-Loreak Mendian non pechou. Sempre que paso por aí penso no Deli Room, ao cabo dos anos traballei con S. que resultou ser a dona de ese espacio de fanzines e moda.
-A carón do portal de J puxeron Graphic Books. Vaise arruinar! 

5. Plaza de San Ildefonso:
-As terrazas non están cheas, qué raro.
-Non escoito as badaladas da igrexa que oía sempre dende o salón de J.
-A tendiña Nest segue aberta. Se entro mercarei papel de agasallos para os meus collages, coma sempre.
-Papelería La Riva segue en pé, ben! "Cando ela peche será unha nova era", comenta b.



6. Calle Corredera Baja de San Pablo:
-A primeira vez que pisei malasaña acompañaba a un americano ver un cuarto de aluguer por aló. A "habitación" máis pequena que vin na miña vida foi isa: un habitáculo nun alto do ancho do colchón. Douscentos e pico euros xa daquela, arredor do 2004. Lembro unha costa porenta. Unha malasaña quinqui, e areosa, non me preguntedes por qué este barrio daquela era sepia. 
-Anos despois vivín cunha xaponesa, R., no número 37. Aló escribín varios contos, unha reseña sobre Desalojos de Miriam Reyes e poemas: "Lirios"encantábame e creo que o perdín. Ai non, coido que está en Marés nos pousos do café. Foi a época máis linda, D.I.Y. fanzineira e musicalmente falando, do mundo. Tamén vivín cunha arquitecta, S., e cunha americana, K., que anos despois tivo un accidente caendo á vía do tren. Chamoume a nai para dicirmo...
-Un apontamento sobre a xentrificación: comezou con #Triball (Triángulo Luna, Barco, Ballesta): Qué raro que ao pasar por aquí non me lembre do cine porno, nin das redadas da secreta no meu portal aos que traficaban fóra. Non pensei nas cámaras da poli escondidas, nin nos nenos drogados que vin unha vez sentados nas escaleiras deste cine desaparecido, onde nace a Calle Ballesta.

7. Calle Ballesta:
-Cómo cambiou o barrio, cómo cambiou o barrio que agora hai pura tenda de deseño e bares onde antes se daban as pelexas de chineses. Atopar sangue na rúa á mañá, e ter medo das supostas mafias que por aló danzan (por exemplo na desaparecida taguara Badem, Badem)... ise era o ambiente. Eu mudeime ao barrio de Malasaña o verán que mataron á prostituta na Plaza de la Luna, e daquela comezou todo: o concello sacou aos maleantes da praza da Luna, moveunos cara arriba ata San Ildefonso, e logo, perderon o seu espazo e foi moito máis sinxelo desfacerse deles, limpalos.

8. Calle Barco
O bar coas portas abertas cos sillonciños case fóra, onde tomamos alquel té xeado de froitas vermellas, xa non está aberto. 
-Ata o "Café de la Luz" non atopamos ningún sitio onde atopar unha caña. A bodega da rúa Colón, a da ferretería, está a tope. Preferimos seguir baixando ata o Clarita, de novo na corredeira.
-Chegamos ao noso destino, o restaurant Alma Llanera. Imos xantar comida venezolana, isto vai de recordos, non? ;) 






martes, 19 de maio de 2015

A miña fascinación con "Obsession" de Brian de Palma


O outro día fomos ver "Fascinación" de Brian de Palma. Metémonos moito na peli e tamén nos rimos... Todo o que poda dicir é un spoiler, e todo o que seguramente poda analizar está dito... isto non é unha reseña. Así que só direi que se hai por aí algunha amante do "Vértigo" do Hitchcock que coma min aínda non vira esta película que corra ...

 Y lo mejor es que aquí, ese parecido es la base de la historia. El director y Paul Schrader fueron a ver Vértigo al cine juntos. Tras la película, decidieron hacer algo parecido pero dándole una vuelta de tuerca a la historia. O más bien, llevándola por otros derroteros, eliminándole ese elemento de cuento que tiene la película de Hitchcock y bajándola al mundo real, al de los estafadores, los empresarios sin escrúpulos y los rencores familiares.(Discotraxx.es

Así, máis que unha homenaxe en canto ao contido a Hitchcock, o filme é unha obsesión en sí mesma por un xeito de narrar, por contar dende o soño, dar vida a unha idea te posúe... E neste caso concreto, a outro nivel, esta obra pasa tamén por outro xogo de espellos dentro e fóra da pantalla, como di a cita anterior.
A banda sonora feita por Bernard Herrmann, o mesmo compositor que traballaba para Hitchcock, pon a guinda da provocación que nos fai de Palma e Schrader. 

 Por moitos motivos, esta peli será un recurrente no meu imaxinario: o cemiterio, a obsesión do amor, o relato existencial traspadado pola maxia... cousas que non veñen a conto aquí, pero que si quero sinalar, por isto de que este post é público. Desfrutádea. 




xoves, 3 de xaneiro de 2013

Á noite un ollo


A sombra éo todo á noite
Nada se ve fóra dela, e dentro só un ollo.  

venres, 25 de maio de 2012

Maxia = Arte Vs. Teoría da Singularidade


Maxia ou teoría da singularidade? 

Decídete, decide ver a información como substancia. Faille algo no escuro, que a faga brillar como un corpo untado en manteiga fosforescente. Que brille a información como luce a velocidade nocturna, dende o ar a cidade. 



[Imaxe de Blade Runner]

martes, 7 de febreiro de 2012

Day off

he is goint to think im in love with him, which i am.

He knows that I mean it.
M Donada to Atomizador



http://mdonada.wordpress.com/2012/02/07/669/

A reseñiña de Lolo do de onte de dos debuxos do CF.
Tarde morriñenta de concertos, de arte, de días libres.


[planexando sair de novo, ás andadas...]

sábado, 28 de xaneiro de 2012

Déixame qué che diga qué papila é á que lle puxen nome.
Seuramente mentres a primeira letra se instale no teu labre
estarás pensando noutra cousa. Unha ela estraña e lustrosa,
calquera que non sexa eu. E oude eu apoie o polar para atraparche a linua
o seu índice te chama máis xa adentrándoseche na pupila, no ollo.