Amosando publicacións coa etiqueta Okupación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Okupación. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de novembro de 2008

Lóstrego de testosterona




De Lightning Bolt me flipa en primeiro lugar que toquen entre a xente, non fronte á xente , nin para a xente.
A música é pura enerxía que enxordece e altera. O sábado, para o meu gusto, estiveron too much hevirulos, pero paga a pena ver unha proposta tan radical, intensa, absulotamentelibre e apaixoada fóra do circuito do punk ibérico... (qué envexa que haxa, neste caso que houbera, sitios como FORT THUNDER -okupa creativa da que formaban parte, xunto con moitas outras/os artistas en Providence- fóra das nosas fronteiras...)
Ademáis o hiperactivo BRIAN CHIPPENDALE é un debuxante alucinante e alucinado ó que de verdade perseguir...

Enriba da miña mesa, un documental emprestado que vai de xira con eles e parece que é incrible: THE POWER OF SALAD & MILKSHAKES, ¡xa vos contarei!





¡Recomendo que lle botedes unha ollada ás fotos da okupa, unha pasada!
Aquí, tres de mostra...

xoves, 20 de novembro de 2008

¡Noite pecha e suorosa! ¡ja!

SUDOR, eléctricidade pura, como sempre (substituíndo a NO FUCKER, que non puideron voar); SILLA ELÉCTRICA entregados; e CRIMEN DE ESTADO, apaixoadísimos... é o resultado de unha noite SÓLO PARA PUNKS, jeje, é broma, uso o bonito nome co que Jorge acaba de bautizar ó seu novo selo: ¡Benvido!




¡Aquí as veloces SILLA ELÉCTRICA!

sábado, 12 de xullo de 2008

Ruta punk



Nas miñas maus un disco de colegas punkeirísimos que intercambian instrumentos e funcións para dar renda solta á súa creatividade e converterse nunha mesma tarde-nunha mesma grabación en 6 grupos diferentes, o resultado do experimento: ACEITUNES FOR FUCKER (VOLUME 1). Noraboa! a edición con postercito con letras, guachafitesca explicación ficticia de cada grupo-proxecto e ata un poema de rabiosa ironía hardcoreta.

ESCORIANMAHU Ediciones
CDR (100 copias) - 2euros c/u
Pedidos a: APDO. 2576 - 28080 MADRID
caos_final@yahoo.es


A QUE OKUPA PREOKÚPASE

As reactivas rapazas da C.S. Atreu e da Casa das Atochas invíatenme a pasarme pola casa da Queerunha para coñecernos: están poñendo en marcha unha radio livre e teñen abertos numerosos proxectos. Así que anoto na miña axenda contactar con elas cando estea pola terra, pero animo a todas as que vivan en Galicia a que participen nun proxecto que polo que vexo vía lista de correo está activísimo, nun espazo (as Atochas) increiblemente acondicionado polo miúdo.
E por Madrid...
achégome á asamblea da PSO Malaya para ver que se coce alí e se podo facer radio: un proxecto soñado ó que poder dar forma en colectividade. Corren rumores de que para facer algo neste espacio hai que autoinculparse, e varios colectivos expoñen a dúbida. Ó final da reunión non nos queda claro se este é un requisito indispensable para acceder ó espazo e desenrolar proxectos sociais, pero si saimos dalí algo desencantadas, pensando que sería un sacrificio dabondo comprometido para que todo o mundo poda e queira realizalo. Están ben as premisas propias dun colectivo que asume o risco da okupación - non son quen de xulgalas- pero non todo o mundo pode entrar por esa porta e este sistema de selección si que me fai pensar.

Calquera cousiña a: nana_coromoto@hotmail.com
Invítovos a unirvos á lista de correo LAZOS PANTERA