Amosando publicacións coa etiqueta Mutación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mutación. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de agosto de 2012

Pracer e conocemento

Placer & conocimiento. Despois de moitas asignaturas teóricas e moita práctica literaria, por fin respiro. Aínda non hai nada claro este verán, pero durante unhas semaniñas que teña que volver á carga, vou facer o que me prazca todo o día.
Nada de sentarme na cama a pensar qué escrebo ou cómo.
Todo de Miranda July.

A verdade é que me da envexa a súa research real, a ver por qué pensades que nos facemos escritoras/es senon porque canda nenas/os somos detectives. E cando entramos nas vosas casas e nos vosos xestos, todo para nós é un diálogo continuo coa nosa voz. 

Mentres decido qué escribir escribo, 
porque xa non lembro nada antes do roubo. 
A noite do incendio.
Xa non lembro ese Rubí que estaba a escribir nin a neve con textura de nata-
Non lembro o que de narrativo había nos meus días, pero mellor.
E o conto do director de cine que ese sí que se foi baixo o brazo do ladrón. 

Mellor.
Antes todo estaba confuso e ruidoso, pero dun xeito feo. 
Nada de poesía concreta. 
Por certo, recoméndanme esta web: ubuweb.com, incredible my dear! 
Un día a día máis enrevesado de máis, moita enerxía densa, pastosa, como as secrecións dun alien malo 
malo malo... jeje. 

O outro día vin Alien por primeira vez, siiiii, a de 1969¿? 
que siiii, e flipoume o frescor e a performance en solitario da Ripley, flipoume que se respirase humanidade e pouca socialización, quero dicir, ese estar condigo mesmos, dende os berce-capullos onde durmen ata as luitas do final de cada un... si. Semella a primeira vez que a ves que é unha historia dun ,monstro, pero a segunda vez decátaste de que en realidade é a hsitoria dun humano, un conto de fadas e que a posta en escena ten moito de performance... e como vos dicía, o ambiente frescor, o azul do ar que se respira aló dentro, é impagábel. Grazas Giger, grzas Ripley, grazas Ridley Scott¿?

Nembragantes Prometheus, non me gustou apenas. Si que ten cousas gustosas, e tampouco hai sexismo nin socialización allea, pero non funciona para nada igual. Personalmente me chega moitísimo máis a estética máis rústica das máquinas oitenteiras, e a limpeza do silencio. O exceso de azul, o ar totalmente neboento, e o mostro metálico. Sóbranme os desastres naturais desta última que se estreou onte, coido, a autorreferenciale é chusca chusca, os monstros noxentos, pero de xoguete... e o que de conto de fadas, enfrontamento co propio medo (e ao descoñecido), é substituído por un grande interrogante do home: de onde vimos? con tintes algo relixiosos, quen é o creador? ou creadores de nós mesmos? uf!
Non é unha peli que non se poida ver, non é unha visión matadora, pero non lle chega nin ao dedo gordo do pé á outra. 
Gustoume moito que a tía se practicara a súa propia cesárea abortiva, e niso estou prácticamente convencida de que Ripley asegurounos que isto ocorrise e que non tivera que esperar unhas cantas escnas máis e parir a un fillo-alien como se doutro parto real se tratase... Iso sí que llo debemos á Ripley, ja! Nesta peli todo apontaba a que podería ocorrer así... ou ao mellor é o medo o que me fai falar... 
De todas todas estas pelin molan tamén porque aínda que só sexan polo título nos fan reler mitoloxía e textos relacionados, niso estou... 

Podería falarvos de todas as lecturas destes días, pero agora que xa atopei a fórmula para volver conectarme a diario, sen perder moito tempo roubado ao meu pracer e conocemento, fareino pouquiño a pouco. 
Pídovos desculpas por desaparacer, pero foron condicións alleas a min as que me puxeron nesta situación.
Graciñas por estar na outra beira e por facerme chegar a vosa interese nesta fiestriña, blog, caderno ao mundo...


Bicoxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx